Mostrando postagens com marcador cultura. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador cultura. Mostrar todas as postagens

27/05/2012

Finou o investigador e escritor Juan José Moralejo

Sermos Galiza
26/05/2012

En setembro do pasado ano, a Universidade de Santiago rendíalle tributo polo seu setenta aniversario. Pouco máis duraría o que fora catedrático de Filoloxía Grega nas súas aulas e membro dunha saga que deu á institución educativa compostelá nomes como o de seu pai Abelardo ou seu irmán Serafín, experto no Pórtico da Gloria finado tamén en 2011.

Con setenta anos, finou en Compostela o profesor Juan José Moralejo, escritor e investigador
 que deixa tras de si unha ampla obra como filólogo e tradutor e a memoria da súa singular retranca.

Moralejo é autor dunha ampla obra na que visitou a investigación en linguas clásicas, obras sobre lingua galega e outras nas que deita ironía sobre a súa outra paixón, a pesca. Entre os títulos da súa biografía, alén de traballos especializados, sobrancea a tradución para o galego da Política de Aristóteles e títulos como A lingua galega hoxe ou A lingua e os seus problemas.

Da súa afeizón á pesca naceu  As troitas, miñas señoras, publicado por Galaxia con limiar de Carlos Casares e epílogo de Álvaro Cunqueiro. Coñecedor de ríos e dos segredos das troitas, o libro responde, segundo Casares, ao "saber antigo, vello de moitos séculos, que se resiste a desaparecer e reclama, con dereito e con razón, un lugar no mundo".

Barroco ás finas herbas
Quen coñeceu e tratou a Juan José Moralejo destaca a retranca da que facía gala tamén nos seus escritos xornalísticos. Proba diso queda tamén no perfil co que se retrataba el mesmo nas redes sociais. En español, Moralejo facía percorrido pola súa traxectoria vital deste xeito: “Parto normal. Primeira comuñón. Bacharelato. Filoloxía Clásica. Profesor. Déixanme cantar, é un dicir! nun coro. Tetrapai, do grego tetra “catro” e pai, que xa o di a palabra”. Canto á ideoloxía, confesábase “demócrata barroco ás finas herbas”. Como citas preferidas elixía as dos seus amigos: “Fulano, ás sete, no Tambre”.

Obra(1)
De entre un gran número de traballos sobre cuestións de Filoloxía e Lingüística Indoeuropea, Clásica e Galega en revistas e congresos nacionais e internacionais interesa destacar: 'El bilingüismo y sus problemas' (UNED, Pontevedra 1980); 'A lingua galega hoxe' e 'A lingua galega e os seus problemas' (Vigo, editorial Galaxia, 1976 e 1982; 'As paráfrasis do Grego en Cabanillas' (Homenaxe a Cabanillas no centenario do seu nacemento, Universidade de Santiago, 1977); 'Ambiente e principios ideolóxicos no teatro de Aristófanes' (Cadernos da Escola Dramática Galega 36, 1983); 'Alofonía na creación poética en lingua grega antiga' (Poetas alófonos en Lingua Galega, Galaxia, Vigo 1994); 'Variantes textuais nun poema de Cómaros verdes, de Aquilino Iglesia Alvariño' (Boletín Galego de Literatura 7, 1992); 'Escultura y lengua griega. Repaso a los términos ANDRIÁS, ÁGALMA, BRÉTAS, XÓANON, KOLOSSÓS, EIKÓN, ÉIDOLON' (Abrente 27, 1995-96); 'Mundo clásico' en O fin dun canto de X.L. Méndez Ferrín e 'Una cántiga inédita de Camilo Flores' (Homenaxe ó Profesor Camilo Flores, Universidade de Santiago de Compostela, 1999); 'Mundo clásico en Curros' (Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó Profesor Xesús Alonso Montero, Universidade de Santiago de Compostela, 1999); 'Lenguas paleohispánicas' (Os Celtas da Europa Atlántica. Actas do Iº Congreso Galego sobre a Cultura Celta, Ferrol 1999);'De Griegos en Galicia' (EPIEIKEIA. Studia Graeca im memoriam Jesús Lens Tuero, Athos - Pérgamos, Granada 2000); 'Prosapia y trapisonda de Iria Flavia' (El Extramundi y los Papeles de Iria Flavia XXI, 2000); 'Hidronimia galaica prerromana' (Religión, Lengua y Cultura Prerromanas de Hispania, Universidade de Salamanca, 2001); 'El epíteto teonímico ANABARAECO' (Boletín Auriense 32, 2002); 'Mandeo, Mendo, Miodelo' (Anuario Brigantino 25, 2002); 'Gallaecia y sus etimologías' (Sub luce florentis calami. Homenaxe a Manuel C. Díaz e Díaz, Universidade de Santiago, 2002); 'BORMANICO, CIL II 2402 e 2403' (Actas do XX Congreso Internacional de Ciencias Onomásticas, Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña 2002); 'Cambre, Pambre e outros topónimos en –bre' (Revista Galega de Filoloxía 4, 2003); 'Conimbriga y otros topónimos en –briga' (Lógos Hellenikós. Homenaxe ó Profesor Gaspar Morocho Gayo, Universidade de León 2003); 'Topónimos y leyes en Galicia' (El Extramundi y los papeles de Iria Flavia XXXIV, 2003); Discurso na investidura como Doutor ‘Honoris Causa’ do Profesor Dr. Jürgen Untermann (Universidade de Santiago 2003); 'Labiovelares en material galaico y lusitano' (Verba 30, 2003); 'Empadronando a Padrón' (El Extramundi y los papeles de Iria Flavia XXXVII, 2004); 'El río Miño y sus etimologías' (Patrimonio Artístico de Galicia y otros estudios. Homenaxe ó Prof. Dr. Serafín Moralejo Álvarez, Xunta de Galicia, Santiago 2004); 'Tradición clásica en Galicia' (Actas del XI Congreso de Estudios Clásicos, Madrid 2004); 'Documentación prelatina en Gallaecia' (Simposio Lingua e Territorio, Santiago 2005). Ten reeditado, con revisión do texto e corrección e aumento das notas, o Liber Sancti Iacobi, ‘Codex Calixtinus’, tradución española de A. Moralejo e colaboradores, (Xunta de Galicia, Santiago, 2004). Ten traducido da lingua grega á galega: 'Arquíloco, escolma de fragmentos' (Grial 49, 1975), 'Píndaro. Pítica VIII' (Serta Gratulatoria in honorem J. Régulo, Universidade de La Laguna, 1985) e Aristóteles. Política. (Universidade de Santiago - Fundación BBVA, Santiago, 2003).

(1) Información tirada de galegos.info



Arqueoloxía do wolfram en Galiza

La Opinión de A Coruña
25/03/2012
Felipe Senén López Gómez

En tempos de crise búscanse saídas. Mírase para todas partes, para adiante e tamén para atrás, faise memoria. E nesa historia atopamos os anos do wolfram. Foron grises, aceirados, duros, pesados, tóxicos, como o mesmo mineral. Considerado estratéxico, propicio para armamento de guerra. Con alemáns , estraperleo por medio e moito máis de mil e unha por contar aínda. Pedra con nome xermánico que significa "de pouco valor". Por algo noutrora coñecido entre nós como "ouro negro" e arrodeado de lendas en relación co Demo. Incandescente escoura dos túneles infernais que acae en terras boscosas e mineiras, como as de Fontao, en Vilar de Cruces. Presididas polo Santuario do Corpiño, altar onde se Venera a Raíña dos Anxos bos e ás imaxes do San Silvestre e do San Gregorio para exorcizar ós males do Anxo rebelde.


Na suma das coordenadas I+D+I (Investigación + desenrolo + innovación) tan na retórica do discurso actual, encamiñadas ás novas tecnoloxías, búscase futuro prometedor, analízanse moreas de vellas escuras, novos minerais, como o grafeno, o litio e esa cuarcita da que xeoloxicamente está feito o Pico Sagro (saxúm). "Ouro branco" explotado case en segredo e con aleivosía en Serrabal, esfaragullado, roendo a padeadora montes sacros. Minas a ceo aberto sobre o mítico paso do Ulla en San Xoán da Cova, hoxe atravesado por atrevidos viadutos de dúas xeracións de trens. Cotizados materiais para a fabricación das novas tecnoloxías e que se desvalorizan polos seus explotadores naquel entorno como grava pra ciscar polas estradas. E nesa revisión dos recursos e da produtividade vólvese a falar agora das antigas minas de ouro, de estaño, de volframio. Este imprescindible para resistencias e contactos eléctricos, para pantallas fluorescentes, entre moitas outras utilidades en relación coa incandescencia e mesmo para a xoiería... Irremediablemente, en Galiza, ó pronunciar o nome de wolfram en moitos desembocan lembranzas dos inicios da Longa noite de pedra, anos de medos, estraperleo e supervivencia. Pasado que espera a súa posta en valor integral, mesmo tamén como ecomuseo para unha lección informativa e formativa permanente. Pois velaí os complexos mineiros, as historias arredor de San Finx en Lousame, de Fontao en Vilar de Cruces, de Varilongo en Santa Comba, do Monte Neme en Carballo, Valdeorras, Monforte...

No que noutrora eran as terras de Carbia, hoxe concello de Vilar de Cruces, nas ribeiras do río Deza e nas proximidades do antigo mosteiro cisterciense de Carboeiro, atopamos os vestixios do que foron as explotacións mineiras de Fontao. Primeiro aproveitadas como minas de estaño da protohistoria castrexa, sucedéndose as secuencias. Ben documentadas dende o 1871. Actividade mineira esta que se complementaba cunha fundición nas inmediacións do santuario do Corpiño. Principios polos que se crea en Londres, no 1887, a empresa The San Finx Tin Mines Ltd que correra coa explotación mineira de Lousame e Carbia. O estaño era levado en carros de bois para concentralo e ser tratado en Carril de Arousa , nunha industria promovida polo experimentado Luís de la Riva, quen xa estivera vinculado á fundición de Sargadelos na súa decadencia. Mineral ó que logo dábaselle saída cara Inglaterra dende o entón florecente porto de Vilagarcía. As secuencias de arqueoloxía industrial sucédense, velaí en Fontao a decimonónica ruína das vivendas de Gurugú. No 1909 aquela empresa abandona algúns pozos para pasar a outra tamén inglesa, a The Phoenicia Mines Ltd.

Durante a I Guerra Mundial, de 1914 a 1919, as empresas que explotan estas minas sofren problemas e no 1921 acontece o abandono. Momentos no que aparecen e proliferan os espontáneos aventureiros e as pillarías do estraperleo. No 1927 pasa a explotación á empresa francesa Societé des Étains de Silleda", modernizando as instalacións e quintuplicando a produción. A partir do 1932 acontece unha nova crise mineira, seguida dunha nova posta en valor no ano 34 e durante a Guerra Civil, con florecemento en mans do enxeñeiro alacantino Fernando Cort Boti, que se fai coa propiedade a través dunha nova empresa Fomento Hispania, SA. Nestes momentos e no contubernio político abaratan os gastos da explotación os traballos dos presos do franquismo. Esencialmente eran experimentados mineiros asturianos que eximen penas. Nos anos cincuenta, en momentos no que se modernizan as técnicas de explotación, ábrese á importación destes minerais dende Asia e as minas galegas decaen. Pese á melloras incorporadas naqueles anos febrís, que facilitarían e abaratarían a explotación, como a inauguración da liña do ferrocarril Zamora-Coruña pasando por esta zona, a nova maquinaria ... O 9 de maio de 1963 péchanse as instalacións, continuando até 1974 nunha pequena área, namentres o abandono vaino cubrindo todo.

Fontao chegou a ter nos anos cincuenta 30.000 habitantes, aloxados inicialmente en barracóns. Nos tempos finais construíuse unha urbanización, considerada modélica entre as barriadas obreiras (1955-1958). Trazada polos arquitectos Cesar Cort Gómez-Tortosa e Joaquín Basilio Bas. Bloques organizados de xeito xerárquico, dende os administradores até os enxeñeiros e obreiros, con escola, mercado, igrexa, cine, campos de deportes e até barras americanas... Dende o ano 2000 e polo interese do lalinense Cuiña Crespo, a Xunta de Galicia levou a cabo un plan rehabilitador deste antolóxico poboado. Namentres que as instalacións mineiras, edificacións, torres de control, naves de secado do mineral, a boca da mina e os pozos, aparecen agora entre toxos, eucaliptos e os despoxos dos buscadores de chatarra. Ruínas arrodeadas de letreiros que reclaman atención "Labores mineras abandonadas". Entre Vilar de Cruces, Silleda e Lalín, as agrestes ribeiras do Deza, ofrecen outros variados recursos culturais, como o Mosteiro de Carboeiro, as igrexas de Breixa, Ansemil, o Santuario do Corpiño, os baños da Brea co hotel balneario que aproveita a riqueza das augas termais e sulfurosas... fragas, fervenzas, vereas por bosques de sobreiras con lendas de trasnos, do paso de Pepa Loba, de estraperlistas... e mesóns de inmellorable gastronomía. Escenarios nos que se escoitan historias vividas, dos que pola noite collían o pico e, ás agachadas, ían ás minas. Chegando a recibir por quilo 200 pesetas. Cartos que significaban moito na posguerra, de fame, de emigración... Anos de espionaxe, submarinos e avións nazis por medio, un comando hitleriano establecido no Castelo de Soutomaior, aeródromo nas Rozas e antenas na chaira lucense para o control xeoestratéxico. Mulleres disfrazadas de monxas para ocultar baixo o hábito quilos de wolfram, ataúdes cheos de pedra deste mineral amoreados nos coches de liña das feiras, entre os xamóns e os fardos do polbo... batallas con cantazos de wolfram entre os nenos para pasalos dunha a outra parroquia... alixo deste cotizado material sepultado baixo vacas tuberculosas mortas dunha granxa... tricornios, boinas, vixiantes subornados, penado, fuxidos, maquis...

Van faltando os que puideran contalo. Historias que se perden entre a artrose e o tusir da silicose, das bronquites prendidas de por vida entre o po, a humidade e o carrexar de quilos. A sensibilidade do escritor Xosé Fariña Jamardo párase nalgunhas destas historias , "La Brea, balada del wolfram". Contan tamén os estudos dos profesores da Universidade de Santiago, Carmona Badía, María Xosé Rodríguez Galdo. Pescudas ás que tampouco é allea á meritoria labor sensibilizadora de "Buxa", a Asociación Galega do Patrimonio Industrial. En San Finx de Lousame xa existe o inicio dun museo, como en Fontao, onde se comeza a recuperar memoria. Atractivo recurso para recoñecer e poñer en valor o pasado e o porvir cos que se constrúe a Historia.


22/05/2012

A cultura espectáculo e a poscultura



La Opinión de A Coruña
20/05/2012
Felipe Senén López Gómez


Tempos posmodernos, nos que predomina a busca da satisfacción persoal, de retórica banal, nos que se dilapidan os herdos clásicos da cultura, da tradición da identidade ou distinción dos pobos fronte á mundialización. Campa o fácil, o pelotazo e o que máis dea, o que non produza demasiado traballo nin requira concentración mental entre tanto disparatado divertimento. Acontece entón un xeito de macdonalización global. Todo se entende como unha transación comercial, tamén a cultura. Prodúcese e véndese o fácil pra beneficio duns poucos business. Impera o conformismo e a autosatisfación no galiñeiro. Nova relixión do consumo, novo opio do pobo. Desaparece a intimidade, pra facer de nós adictos, pasivos e consumistas voyeurs das desgrazas, das traizóns e mesmo do eros alleo. 


E o intelectual chega a seguir o xogo da moda, disfrázase deica converterse nun xeito de bufón de cerimonias, as que tenta colorear dun progresismo que non encaixa. Non se prestan e xa non se conta con eses outros intelectuais, cos que viven na cerna do acontecer, ténselle medo. Como dixo o sabio poeta Antonio Machado, todo necio segue a confundir o valor co prezo. Mundo de festa e feira, de teatreiros embusteiros que viven encadeados a unha novidade alleante. Pérdese memoria, conciencia e consecuentemente chegan os remorsos e os efectos, a crise global de valores. 

A cultura é a que maior apanda e sofre a crise, fronte a abundancia de creadores que procuran ser e estar en todo evento, desaparecen librerías, editores, correctores, imprentas, distribuidores... augúrase a desaparición do libro de papel, fronte ó libro pantalla que tanto din que promete pra a democratización. Pese ó que importa non é a carcasa se non o contido e haber hainos. Os intelectuais, que se adscriben ao que agora chaman na linguaxe empresarial "axentes culturais", buscan con teimosía o éxito comercial e polo tanto a produción industrial e si non teñen amigos no poder vense frustrados. Caemos na banalización mesturada de robotización, deshumanización, a perda da ética, as causas da crise. Aínda que tamén existe a resistencia, os movementos da poscultura, os que son máis de ideas e constancia que rutineira pirotecnia de pancarta e panfleto, fronte a iso que se atreven a chamar progreso e que reporta tan alto e irreparable prezo de destrución da natureza, da ecoloxía, da convivencia entre a paisanaxe e a paisaxe, incluso escravizando, relegando ás canteiras, marcando máis as desigualdades entre a xente e os países. 

Novos inventos, conseguintemente cambios: imponse a electrónica, o impulso dixital e contaxia á mesma sintaxe dos contidos, nos que campa a liberdade e se aldraxa a gramática e toda norma. Mudan os códigos e a educación. Non temos máis que ler os SMS, as mensaxes das redes sociais internáuticas. Polos programas televisivos ben podemos comprobar até onde chega esa espiral de dar o que se pide, estrema banalización campante. "Progreso" que puidera retomar camiños, cumprir o importante papel da sensibilización, de afinar os sentidos, de educar para convivir e compartir, de combater a ignorancia. Para pola contra dedicar este esforzo tecnolóxico en ludopatía, en diversión das masas, ou en chanzas esotéricas de corporacións dalgúns que outros intelectuais. Para finalmente caer todos nas redes da alienación. Desaparece un tipo de goce e aparece outro coa conseguinte tecno-harmonía de fondo e forma. "O medio xera mensaxe", dicía McLuhan e non o esquecemos. Tempos light que xeran fugacidade light, a volatilidade dunha inmensa tipoloxía light. Desaparece a literatura con fondura, que estimula os sentidos e enriquece a cultura. Queda quizais a nota pintoresca e nostálxica dalgún bardo céltico ou romántico desnortado da febre do acontecer tanxendo a arpa na súa turris eburnea, leal á disciplina militante, propagandística de construír pobo, espreguizando a memoria do que se foi, para seguir sendo. 

As novas tecnoloxías da comunicación, da evolución informática forman parte de nós. A intelixencia artificial de internet vaise incorporando, como unha mesma prolongación do noso corpo, do cerebro, para enciclopedicamente respostar a preguntas, meternos nuns mundos, adicionarnos a outros. Ábrense novas estradas da comunicación, novas trampas, novos virus e antivirus. Atoutiñando entre tanta lucería e láser cegador, batemos na encrucillada e na feira da vida con pícaros, piratas, truáns, enganos... 

Periodistas e paparazzis a pé do acontecer para subministrar consumo. Insaciables buscamos e atopamos diversións fortes, que inmediatamente entran na intimidade da casa a través dos plasmas e despreocupan e ocupan tempo. Espállanse as traxedias artificiais que acontecen, as naturais xa veñen por elas soias nunha ou noutra parte do mundo, faise espectáculo de todo, da propia catástrofe económica. Abundan as consignas de pancarta e os manifestos impresos, búscase e créase adición. A cultura, as humanidades, co que implican de ética e estética travístense en cerimoniosa pompa de días e horas de gardar. Actividade animada polo lucro, que actúa como baremo, a medida do fracaso ou do éxito, encamiñado esencialmente á satisfacción material. 

Tempos de crise global, fondamente cultural, sen ética detrás e conseguintemente sen estética. Tempos propensos á muda, apropiados pra reconducir as ansias de espectáculo, pra reorientarse, pra fender coa rutina seguidista do aplaudidor, ser actores e menos espectadores, quitar o casco e o pínganolo, recuperar o esforzo de ler, falar, cavilar, enxergar, filosofar, aínda que xa temos moi danada a mecánica e o hábito. 

E velaí, pese ós prexuízos que poidamos ofrecer sobre o seu autor, considerado pouco progre, pero recoñecido como ousado e gran escritor, cae nas nosas mans o ensaio La civilización del Espectáculo, obra recente do controvertido conservador libertario Mario Vargas Llosa. Volta ou non volta retoma vellas cuestións do papel da cultura, para situarse nun cómodo observatorio sobre o ben e o mal, pra debuxar unha radiografía sobre esta nosa contemporaneidade en striptease. Analiza a destra e sinistra, por arriba e por abaixo a metamorfose da cultura, que pasa de ser un ben de uso a mercantilizarse no consumo, alimentada por unha crecente e perversa curiosidade. Novo ensaio sobre cousas xa ditas, pequena enciclopedia sobre o provocador acontecer: a cultura, o consumo as novas tecnoloxías, a Igrexa, o islamismo, o "opio do pobo".... Novos mitos, novos ritos do consumo, escribía hai décadas Guillo Dorfles, arredor da relación ética-estética. Páxinas que ansían buscar o misterio, a espiritualidade, na que acougan valores tan inspiradores, como o amor, o erotismo, a arte, a amizade, o sacro, a moral.... as caras das relixións e os seus mandamentos incumpridos. Páxinas sobre o uso e o abuso da democracia, da liberdade e do libertinaxe, do papel do intelectual e dos creadores. Ao menos reflexións necesarias para un tempo de controversia e con tendencias amarelistas, de distracción e alleizazón dos verdadeiros problemas, no que todo se enmarca, ponse en escena e faise exhibición, un happening. 

A sociedade deconstructivista do consumo, do compra, tira e volta a mercar, deforma a un público superficial que chega a facerse depravado pola necidade. Vívese prendido da novidade, do bufoneo dos famosos, ó que chegan a converterse os intelectuais, os artistas, os políticos, malos actores da farsa dunha vida pública que se contaxia á privada. Priman as imaxes, o xesto e a forma, a superficialidade, a carcasa sobre as ideas, o sepulcro branqueado. Todo acaba sendo publicidade para subministrar á instintiva e primitiva horda animal racional. 

A cultura, a ciencia coa conciencia será a que libera ó ser humano da superstición, especialmente de relixións de pasado e de consumo. Pero remata por desviarse deica converterse en diversión do banal e do murmurio, espionaxe da intimidade, do escándalo, do sensacionalismo e voltamos ó pan e circo da caída do imperio romano. Aculturación e degradación, crise de identidade, anomia, despersonalización. 

Coa ansia única de ser, todo acaba sendo atractiva ou provocadora performance, liturxia para mediaticamente ocupar páxinas, pantalla e tempo, share, trending topic... que tanto preocupan ós actores. Aparvados, a maioría funcionamos como adictos alienados, buscando o fácil, contribuíndo á cousificación , á banalización. Convertemos en transación mercantil un mundo que se reduce a pantalla ou gran escenario do acontecer. O asunto é divertir e divertirse, lonxe de martirizarse con máis problemas e con cousas serias. Abondan as satrapías de egos cultivados por natureza, insatisfeitos, listos endomingados, sometidos á mecánica de producir para consumir, para saciar o morbo, a curiosidade frívola e perversa dos consumidores do espectáculo. Ansiosos de ser best seller, o number one, en función da cantidade e non da calidade. 

A cultura e a ciencia son para ocupar baleiros que noutrora ocupaba a relixión e nunca para converterse en liturxia e noutra relixión. É entón a cultura a que debe influír sobre a política e retomar a espiral da educación, da convivencia en tolerancia e democracia, preservando a liberdade, sempre coutada por normas de convivencia. Control da tendencia ludópata á que conducen o poder e os cartos. 

Mundo que seguimos a construír como si se tratase dun cómic infantil, batendo récords de altura, de peso, de grandeza, bipolarizado entre bos e malos, entre fieis e infieis, Cruzadas e Hiyab: o Occidente corrupto, identificado con todas as gamas do cristianismo, máis integristas, agnósticas e laicas, fronte o Oriente, tamén coas súas outras gamas da islamización, máis fanáticas, na algarabía dunha nova toma do Bizancio da contemporaneidade, comprando ós mellores arquitectos, deseñadores, obras de arte... para construír paraísos nos desertos de Dubái, Abu Dabi... os pecados capitais campando urbi et orbi


10/05/2012

Mañá remata o prazo para inscribirse no Roteiro Cultural Camiño dos Arrieiros



ahoradosmouros 
10/05/2012
Redacción

O vindeiro sábado día 12 celebrarase a segunda etapa do Roteiro Cultural Camiño dos Arrieiros, que vai xa pola súa terceira edición. A actividade, organizada pola Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes e a Liga Céltiga Galaica, pretende dar a coñecer esta vía empregada desde a Prehistoria, que transcorre entre as localidades de As Pontes e Bares (Mañón) seguindo os altos das serras Faladoira e Coriscada. 

O camiño recibe o nome dos denominados "arrieiros" que carrexaban todo tipo de mercadorías por el, ao lombo de mulas e cabalos. Este camiño histórico foi estudado polo arqueólogo ortigueirés Federico Maciñeira, quen a finais do século XIX púxoo en relación coas máis de 80 mámoas, preto dunha ducia de cruces de pedra e varias pedrafitas, que o flanquean e delimitan. 

O inicio desta segunda etapa realizarase desde o Cristo de Mouraz ata o Porto de Bares. Haberá servizo de bus desde As Pontes, que sairá do Museo Etnográfico Monte Caxado ás 9:30 h. ata Mouraz. O regreso está previsto en torno ás oito do serán.  

As persoas que desexen participar no roteiro, teñen de prazo ata o venres para formular a súa inscrición na propia páxina da Asociación Informatica Amigus, entidade que xunto ao Concello das Pontes colabora na organización do roteiro cultural.



24/03/2012

Un anaco de historia que se queda


Vai uns días soubemos da noticia de que definitivamente a estela da Pedra Alta quedaba no seu lugar de orixe onde desde vai case un ano os veciños, e asociacións culturais da zona levaban presionando para que quedase na bisbarra, nun futuro museo local.

En toda esta longa reclamación da xente por ser receptora do que sempre foi seu, do seu Patrimonio, da súa memoria, en resume da súa propia identidade e sentido de ser o que son, de comunidade, houbo situacións que mesmo foron duras e difíciles como a decisión do propio descubridor Xosé L. Lozano de non entregar o monolito, aínda baixo ameaza inminente de sanción, a non ser que quedase no lugar.

Hoxe en día esta idea, a de que a xente é, debe ser protagonista do seu Patrimonio e que unha pedra non é só unha pedra senón o que significa, significou e pode significar no seu entorno e entre as súas xentes, triunfou. Daquela nos días das ameazas administrativas o amigo blogueiro "Pequeno Historiador", posteara na nosa entrada da Hora dos Mouros a ligazón á carta que o "descubridor" indocil mandara a Valedor do Pobo e a outras entidades pedíndolles o seu amparo e apoio.

Cremos, que nada define mellor esa relación entre as persoas, a súa historia e o seu futuro, que o dito naquel texto, que porén é o mellor homenaxe que desde aquí lles podemos facer aos Veciños de Castrelo do Val, -calamos agora nós- estas son as súas palabras:


Fai case tres anos que un menhir da Idade de Bronce saíu da terra nunha pequena finca da Galicia rural. Un veciño da localidade, irmán do dono e amante da historia deuse conta do seu valor histórico e asociou o descubrimento cos seus recordos.

Ese veciño son eu, vivo na comarca de Monterrei, na provincia de Ourense. Esta comarca está bendita polo Río Támega, que deu nome as tribos que se encontraron os romanos e as que deron o nome xenérico de “Tamagani”. Mil anos antes dos romanos, un home puliu unha pedra de granito, traída dende varios quilómetros, para facer a forma dun guerreiro, erguido e cas súas armas. Estivo en pé tres mil anos, os últimos corenta baixo terra, antes deso formou parte dun muro, ao pé dunha calzada romana que vai paralela ao río que da vida a esta comarca.

Ese menhir representa unha oportunidade única de axudar a esta comarca, facendo que represente un inicio, o que evitaría que emigrara tanta xente. Eu persoalmente non coñezo a maior parte da miña familia por estar ela en Arxentina de fai setenta anos. A xeración de 1970 a cal pertenzo encóntrase hoxe en Cataluña, Pais Vasco ou o máis ousado en Australia.

Esta razón non sería suficiente para pedir que se quede na comarca, pero se engadimos que en Verín hai tres balnearios de principio do século XX que funcionan como poden,outros dous en ruínas, existe tamén un castelo medieval do século X e que pertence a Casa de Alba. Hai varios castros nun aceptable estado de conservación e que se poden visitar ao estar cerca das vías de comunicación. O Val é tamén unha vía cara Portugal e a porta de entrada a un parque natural de media montaña como é o “Invernadeiro”. Case toda España coñece o entroido de Verín.

Na miña aldea, Castrelo do Val, hai un castro sen escavar e unha necrópole romana onde se atopou unha ara romana cunha inscrición dedicada a un soldado, o primeiro home do que se ten constancia escrita na comarca. Esta estela e mil anos anterior, e tamén deixa constancia en forma de petroglifo doutro habitante da comarca, un guerreiro e posible xefe de clan que foi admirado e recordado polos seus coetáneos.

Son todas boas razóns para que o menhir, chamado “Estela do Guerreiro de Pedralta”se quede. Lamentablemente a lei di que ten que estar nun museo, o Museo Arqueolóxico de Ourense, que leva doce anos pechado, para estar ao lado doutras estelas, partes da historia doutras comarcas, partes que quedan ocultas e descoñecidas para moita xente. Se finalmente e trasladada a capital, toda esta historia perderase, quedará fóra de contexto ó estar acompañada doutros obxectos alleos e ó non poder ver a paisaxe e sentir o clima que rodea cada pedazo de historia.


O Guerreiro segue na súa chaira, PARABÉNS


11/02/2012

Cultura en tempo de crise

Opinión de A Coruña
15/01/2012
Felipe Senén López Gómez

As ringleiras que seguen van sobre a contraditoria conduta humana na loita pola existencia. O sálvese quen poida, a loita pola vida en contra da mesma vida. Referímonos as relacións dos individuos entre si e co medio, á sociedade da que formamos parte e á cultura que construímos para resolver esas relacións e para identificarnos e distinguirnos entre a uniformidade imperante. A cultura válese de herdos tradicionais, de creacións, invencións e tamén do aprendido polas relacións con outras culturas.

O asunto é saber administrar os dereitos e os deberes culturalmente adscritos ó individuo para a convivencia. A cultura ou a incultura levámola posta, chegando incluso a ser simples pasmóns, portadores dunha cultura que non se entende por non pararse a comprendela, que por algo tampouco se ensina. Para estar dispostos a ser aplaudidores, a aceptar o que veña ou se impoña, como si fora unha turbulencia momentánea, pura meteoroloxía. Sendo así chegamos a entender o acontecer como un "Accidente histórico", o que non disfraza máis que ignorancia e pasotismo.

Metémonos entón en cuestións de Psicoloxía, de Socioloxía e mesmo de Antropoloxía. Filosofías que poden soar de xeito ridículo ou churrusqueiro neste tempo no que contan máis as pragmáticas matemáticas, as frutíferas sumas, os dividendos e os rápidos pelotazos que o talento e as ideas a favor da colectividade. Preocupa hoxe atopar receitas para producir moito e vender co menor esforzo, atopar o xeito de vivir sen traballar. Autobombo, culto á propaganda, falla de metodoloxía na planificación para atallar os tan competitivos retos, improvisación, desbaraxuste....

Cómpre afondar sobre o comportamento do ser humano, que perde saber, raiceiras, humus, o que ten desa Terra que lle dá alimento, vida e á que volve ó fin e ó cabo. Esa falla de humanismo, de moral, é causante de crises que poñen en perigo a convivencia e a Terra que nos soporta. Manda o engano masivo, a propaganda comercial, para vender e crear adictos, impulsivos consumidores como nunha macro granxa avícola, a picar e picar no que lle botan.

A cultura teledirixida goberna un presente co que se constrúe o futuro, debilita as raiceiras que permiten florecer as ideas, a cultura. Parte dun proceso maleducativo regado polos mesmos medios, cada día máis de masas. Redes progresivas que o instante forman e conforman, as que dende nenos póñense nas mans como xoguetes e cada vez máis e máis. Educación, ética e estética, responsabilidade nas escolas, na casa, nas rúas, na empresa... E no devalar dese constante aprendizaxe a intelixencia e a ciencia non deben perder a súa base crítica, a de preguntar e querer saber.

Entre tanta imperante superficialidade cómpre facer intelixible, divulgar deica asumir esta nosa realidade que aplica dobre moral a favor do lucro dalgúns e detrimento dos demais. Indagar as causas e os conseguintes efectos que levan á crise global de deshumanización, a que provocan os incompetentes que a xestionan, sen aplicar o cantado principio do recorte ós seus caprichos, ás prebendas que pagaran todos os demais, para que sigan a muiñar nas súas.

Non hai máis que premer e acender os medios de masas que caracterizan o noso tempo das tecnoloxías dixitais para internarnos no estado da cuestión cultural: o que pide a xente é o que se lle dá. O mercadeo deseña o porvir e tras del pérdense as ideoloxías e éivanse as culturas. Manda o zafo e o escatolóxico como nun inmaduro e permanente estado infantil, confúndese o correcto co falso. E pese a tantos resortes "democráticos", comités, "mesas", "órganos consultivos", consellos, academias, universidades, sanedríns de intelectuais ó servizo dunha administración coa que convenian protocolariamente, rematan sucumbindo, para poñerse fóra da terra e do seu tempo. A medicina chega a ser un veleno. Mesmo a crítica esvaece e o progresismo confúndese cun título no currículum. A divulgación, o informar para formar, menosprézase como paternalismo e non entra hoxe nos códigos éticos e estéticos dunha sociedade cobizosa, arrogante que parece vir de volta de todo. A Cultura de hoxe súmese nun valor comercial, cuantifícase en cifras, metros, quilos e cartos para engordar a ilusión, a meta é a do Guinness Wolds Records. Todas as parroquias, todos os concellos queren figurar no top ten, no trending topic ou entre os Treasures of Galicia.... Todo depende do que se pague e sempre haberá un rabo polo que coller a mosca. Celtiberia nestas cousas é a campioa. Imperativa cantidade fronte a calidade. O nivel de espírito, a cultura como valor de uso cotián, o que o ser humano cultiva como resposta ó medio ambiente, ás relacións sociais e que o identificara, o distinguirá fronte á rutina da globalización, pasa a ser arqueoloxía ou antropoloxía.

A Cultura hoxe confecciónase a pulos, encadéase en "actos culturais", na esperpéntica performance de mesas repletas de poñentes e menos público, en custosas solemnidades e liturxias de "días", en mastodónticas carcasas de "Casas" e ate en "Cidades", como nunha chanza burlesca adxectivadas "da Cultura"... Cando as verdadeiras casas, os talleres dos creadores e dos artesáns, dos que construíron o idioma, a linguaxe dos símbolos, as formas, dos que complementaron a paisaxe co seu traballo, subsisten malamente. E velaí as pegadas da Historia, os megalitos, os castros, os espazos románicos e barrocos, novísimos creadores sen saída, recursos de identidade e tamén turísticos por revitalizar. Decadencia progresiva para quen a queira enxergar, deica chegar a desaparecer códices dos arquivos, cadros das dependencias públicas ou cruceiros das encrucilladas, empresas da memoria desvirtuadas.... e en ningures se nos explica quen era Exeria, Prisciliano, Mateo, Xelmírez, Castelao, Seoane ou Díaz Pardo, por certo que morreu -na véspera dun día de Magos en terra de meigos, como Valle-Inclán e a que ten agora en veciñanza de sepultura- exiliado do seu Laboratorio de Formas de Galicia, onde se reflexionaba, cultivábanse ideas, temperábanse gaitas, limpábase merda e creábase arte e industria con ética e estética que non lle deben sobrar a un país que busca futuro. Que se pode esperar?, que esperanza queda onde non se cultiva ó apego e o estímulo? A Cultura non é un adorno, é un recurso valioso para o tempo de crise. A peregrinación, a feira e a romería, o viño, a castaña, o polbo, a empanada...que sempre venden, teñen tras si a súa Historia, unha Cultura que tampouco remata nestes tópicos. Non son estas cuestións para resolver nun laboratorio ou nesas mesas de xuntas, pese a que haxa quen se empeñe en controlar ambientes. Tampouco é fácil valorar culturas dende o prisma doutras culturas, dende a incultura do negocio e menos dende a ignorancia. O certo é que a sociedade está enfrontada, confusa e todo repercute sobre o escenario común. Naqueles seminarios do Laboratorio de Formas de Sargadelos, cando os da mesa discutían sobre as súas teimas de ética-estética, o inesquecible Díaz Pardo, que deu exemplo de vida, de teoría e obra, á pregunta de si o que facía era industria ou artesanía, el atallaba e dicía con sorna que o que irremediablemente facía era "capitalisanía". Asumía a cuestión e sabía administrar.

Neste significativo tempo crise, no que tanto se fala de refundacións, compre tamén redefinir a cultura, volver a súa orixe, ó que o ser humano cultiva para resolver a vida e as relacións. A cultura é un recurso, a cultura é marca, distinción da personalidade dun pobo e dos seus individuos, pero tamén enferma por presión imperativa: degrádase entre diglosia, dialectalización idiomática, anomia, acultúrase en feismos físicos e psíquicos, afectada por interesados virus infecciosos, para dividir a convivencia, ó medioambente, escravizar e marcar dependencias doutros agudos oportunistas salteadores de camiños posmodernos. E velaí que chegamos a gozar coa rexouba e a murmuración, con comportamentos e obras asociais.

Aínda que o humanismo, iso de ter os pés no humus, na terra que dá acollida e vida, trabúcase, esmorece, non faltan os estrelampos creativos que alumean camiños. Sempre hai verdadeiros artistas, voces e traballo que non se deixan dominar, nin se prestaron ó suborno ou ó penoso espectáculo do rabaño pastando a carón da Consellería de Cultura, bailando ó son das doses da subvención. Ceibes das cadeas administrativas, facer, creatividade, arte cavilado para servir e non para servirse, que iso xa vai implícito cando cumpre o seu fin. É curioso ver como en momentos difíciles da Historia, incluso en ditaduras, nas cárceres, no exilio, houbo a anécdota da creación. A iso Galiza está afeita, e como mostra a obra de Castelao e dos seus seguidores, proba das fondas e resistentes raiceiras na Terra. Fronte ó campante esperpento, o zafo, o escatolóxico, a frivolidade e o disparate dos que tentan reducir o idioma, a tradición, a cultura dun pobo a unha vía morta... sen faltar a sensibilidade de creadores de formas, de quen ofrece remedios, o seu particular I+D.


07/12/2011

Aparecen petróglifos superpostos en Mondariz que estaban sen catalogar

La Voz de Galicia
30/11/2011
Mondariz


Terra de mananciais e verdes. Parece que Mondariz gustaba xa fai miles de anos. Só así se explica que o municipio pode presumir da continua aparición de restos arqueolóxicos. Nesta ocasión trátase dun conxunto de petróglifos descuberto na parroquia de Queimadelos por Manuel Ledo, en concreto no monte Penalta. Os gravados teñen unha antigüidade de 4.000 anos e unha das súas particularidades é que as combinacións circulares concéntricas atópanse entrelazadas. Ademais, aproveitaron os relevos das formacións graníticas para plasmar os debuxos e dotalos de maior realismo.

Os restos non se atopan documentados, polo que o arqueólogo Alberte Reboreda realizou unha ficha técnica do inventario do xacemento, que leva o nome de Pedra das Nocellas, e que está a piques de entregar na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

«Hai que destacar a boa aceptación que tivo entre a comunidade de montes, porque o normal é que tenten escondelo para non ter que preocuparse», explica o descubridor, Manolo Ledo. De feito, os responsables dos terreos expresaron a súa intención de recuperalos. O obxectivo da Entidade Local Menor de Queimadelos é pór en valor os gravados, gardándoos do lume e instalando un equipo básico. A idea é completar a zona cunha mesa interpretativa, un valado perimetral de madeira e indicadores para que se poidan organizar visitas de xeito ordenado ao xacemento.

Pé dá Mula
A medida non é nova no municipio posto que xa se realizou un labor de recuperación cos petróglifos coñecidos como Pé dá Mula, situados nunha área de acceso a unha granxa de animais e cuxo deterioro foi denunciado ante a Xunta para evitar que un dos maiores conxuntos arqueolóxicos de Galicia se vise destruído polas feces e o abandono.Finalmente a alarma convertiuse nunha chamada de atención para as administracións e a zona foi recuperada e pechada. De feito, para o coñecemento e disfrute dos veciños organizáronse visitas nocturnas durante o verán, xa que baixo a luz artificial é cando mellor se poden observar os debuxos. Deste xeito os afeizoados puideron disfrutar dun dos maiores labirintos que existen en Galicia, unha das novidades que descubriron Manolo Ledo e Anxo de Prado, os promotores da recuperación dos petróglifos.

Cara o campo de fútbol
Situar os terreos da entidade menor de Queimadelos é sinxelo. Despois de chegar a Mondariz a través da A-52 e da N-120 é necesario atravesar o centro urbán e seguir as indicacións do campo de fútbol da Lago. Tras ascender uns metros, aparece a área de descanso, con amplo aparcadoiro, zona de lecer e os restos arqueolóxicos. A zona ten máis de cen hectáreas.

Na actualidade a zona está rodeada de maleza e resulta complicado ver todo o conxunto, pero a Entidade Local Menor de Queimadelos espera recuperar a zona, cercala e colocar indicadores para os visitantes. En concreto, o lugar está situado ao sueste do monte Penalta, a 381 metros sobre o nivel do mar.


05/12/2011

Nera, Oghmios, Cuchulainn e os seus paralelismos na Kalláikia

despertadoteusono.blogspot.com
David Outeiro
13/11/2011


- 2ª parte -

No que diz respeito ao aspecto das ligaduras e da guerra aparece no "panteão" galaico na figura de Bândua. Um achado descoberto no acampamento romano de Banhos de Bande (Aquis Querquernis) remete-nos a uma representação dessa deidade que deu nome ao topónimo do concelho. Consiste numa figura dum deus guerreiro que apresenta uma corda atravessando o seu peito. Esse laço que envolve o seu peito corresponde-se com o de Oghmios e inclusivamente com o nome de Bândua os quais estám relacionados: *bhend, "atar" (A. Pena Granha). Essa anudadura supõe uma ligação, um vinculo entre as fratrias que lhe rendem culto. O seu nome aparece em relacionado em vários epítetos que denotam as suas qualidades: Aposolego "forte na vitoria", Cadogus "o lutador", Aetobrigus "a fortaleça dos fogosos" ou "fogosamente forte", Roudeacus "vermelho" (cor relacionado com os guerreiros) etc. O epíteto Aposolego é claro em relação à sua força na batalha. Citando a Blanca García-Fernández Albalat (1990, pp 185-1909; "A vitoria neste deus não seria mais que a derrota do inimigo após a sua imobilização imobilizando-lhe os membros com os seus laços mágicos" .Outra citação da mesma autora diz: “estão registradas estas capacidades que achamos nas divindades indo-europeias: a de atar, ligar, implícita no seu nome e a guerreira derivada dos seus epítetos e da "interpretatio". Por estas causas devemos deduzir, que existe alguma semelhança entre Bândua e este tipo de divindades. Ora bem, se é evidente que as comparações com os deuses dos laços no mundo indo-europeu dão explicação ao vínculo existente entre as ligaduras mágicas e a guerra, ainda permanecem sem resolver duas caraterísticas que atingem a Bândua: a confusão que se apresenta entre Marte e Mercúrio (39) e a relação com as comunidades. A primeira ao nosso entender só podemos resolvê-las no seio do panteão celta e a sua particular concepção da guerra e a magia. A segunda incógnita desvenda-se procurando de novo no seio das religiões indo-europeias, com o fim de pesquisar se os deuses dos laços dirigem a um grupo de gente determinado ou se é que se formam confrarias seguindo ou imitando os deuses dos laços”. No que diz respeito da sua posição, há que dizer que é um deus de primeira função ao modo do Odin germânico mas também se lhe atribui o aspecto obscuro da função soberana Dumeziliana. Bândua é um deus guerreiro mas também pode estar relacionado com a agua, de facto existem banhos termais na zona de Aquis Querquernis. A mesma relação pode estar presente em Bormánico, do proto-indoeuropeu “bhreue” (ferver, violenta efervescência). Mas temos de ter em conta que Bândua têm relação com Coso e com Marte, de facto foi identificado erroneamente com este último por desconhecimento dos arqueólogos ou historiadores. O deus aparece "recrutado" pelas tropas romanas por causa do seu carácter, testemunhado pelo epígrafe "Martis socio Banduae". Bândua e Coso são duas versões galaicas, ao meu ver, da mesma divindade. No caso de Coso, que aparece onde não aparece Bândua e ao invés, trata-se igualmente dum deus guerreiro mas também é um deus vinculado as aguas e à confluência destas. Este aspecto vemo-lo no seu "irmão" do Norte da Grã-Bretanha e França: Condatis. Estes aspectos aparecem claramente em Aquis Querquernis. Um deus guerreiro vinculado a fratrias galaicas que pertenceriam as tropas romanas mas também ao rio e a aguas termais. Isto não é estranho, pois muito do que se tem por romano na Gallaecia realmente é uma nova forma de se verem refletidas na cosmovisão galaica celto-atlântica: Novos jeitos de velhas formas.

A morte do grande guerreiro Cuchulainn em Muirthemne achega-nos um dado de muito interesse: Quando ao guerreiro irlandês lhe chegou a sua hora no campo de batalha é atado pela cintura a uma coluna de pedra. Morre assim o guerreiro dignamente, marcado o trágico final por um corvo que se pousa sobre ele. Esse corvo é Babd (da tríada de Morrigan e Macha), o mesmo corvo de mau agoiro para os galegos, essa velha deusa chamada na mitologia galega " A Lavandeira" que a sua vez tem relação com um pássaro. Achamos de novo a mesma simbologia vinculada à guerra e à última viagem guiada por Oghmios. Mas se analisarmos a história de Cuchulainn podemos tirar dados de interesse. O nome original deste heróico personagem era Setanta. Este, numa ocasião, de criança, foi visitar o seu pai adoptivo à casa do ferreiro Culann. Nesse momento, teve de se enfrentar ao cão do ferreiro, vendo-se na obriga de o matar. Setanta comprometer-se-ia a fazer de guarda a Culann por ocasionar a morte do seu cão e foi por isso pelo que adoptou o nome de Cuchulainn: o cão de Culann.

O professor André Pena Granha diz ao respeito: "Setanta "Caminhante" e "Ogmios" o caminho são uma mesma coisa, representa ao solar deus no seu decadente e psychopompos aspecto. A acidental' morte do cão de Culann intensifica o caracter psychompompos. A última fase do Deus, como a de Odin, é a sua morte, defendendo aos seus colegas. Tanto se ata à árvore para morrer lutando, quanto os seus laços servem logo para arrastar aos seus colegas caídos em combate ao Além". Blanca García-Fernández Albalat diz ao respeito "É muito possível que existisse um vínculo muito forte entre Ogmios e Cúchulainn, pelo menos de tipo funcional. Cúchulainn é filho de Lug do mesmo jeito que Hércules é de Júpiter, e por outra parte, Ogmios na Gália é qualificado de Heracles”.

Voltando ao Echtra Nerai, achamos muitos aspectos dos que falamos no anteriormente. Nesta noite, Nera, leva aos defuntos á procura duma petição ao mundo dos vivos. Mas só podem aceder à terceira casa, o último passo do sol, o da decadência do astro mas também pode ter a ver com as mágicas atribuições deste número. O paralelismo do morto é o mesmo dos disfarces, de pintar-se a cara com chamiços no Magusto e pedir comida pelas casas, é o facto de dar uma oferenda as Ânimas a cambio da tranquilidade (a parte pelo todo). Infelizmente, na historia de Nera, o enforcado não ficou contente pois considerou que a agua que lhe deram de beber não era viável. Depois Nera tem uma visão e acesa ao mundo do Sidh, onde supostamente estaria a sua gente decapitada. Para entrar, acede por uma cova, uma forma de aceso ao mundo dos mouros como conta a lenda da "cova da coruja", o sidh galego. Já dentro, Nerai é aceitado ainda que tem a obriga a levar lenha. O guerreiro inclusivamente chega a casar lá. Já sabemos que os galegos que casam com a moura ficarão com ela no grandioso mundo dos mouros. Volta de novo a Ráth Cruachna, com um tempo que não se corresponde com o passado no sidh, alteração que também se produz na mourindade. Finalmente a sua gente acesa a este mundo, vence, e leva três tesouros. A procura dos tesouros são é constante da mitologia galega, sempre ao redor das mâmoas e dos castros, e no contato com os mouros.

Acho de interesse fazer de novo uma reflexão com respeito à etimologia do Magusto. Como apontei anteriormente sobre o Sámanos e o Magusto, Mag é um termo que faz referencia a achandar ou chaira. A chaira é para os povos celtas uma alegoria do mar, o qual representa ao Além. É por isso que as Óenach de Irlanda ou as Oinakoi da antiga Kalláikia se faziam em lugares de chãos. Mas essas chairas estavam num lugar elevado e fronteiriço. Precisamente essa relação existe na mitologia irlandesa com a designação do Além como Mag Réin, a chaira do mar. Se o Magusto se faz em outeiros, lugares fronteiriços e visíveis desde vários pontos duma ou varias paróquias, isto leva-nos a este carácter sacro de chaira e altura como comunicação com o Além. Pois bem, se a característica do Magusto é a sua realização nestes encraves, poderíamos estar a falar da raiz Mag como chaira com estas conotações?. Temos também o elemento do fogo: Ustus, enceso pelos druidas na óenach de Tara. Mas também não podemos excluir a hipótese de que estejamos ante um termo que provenha duma etimologia cruzada com umas características que definem o festejo: Mag (celta) como chaira; Mago (latino) como druida e depois o elemento do fogo.


(CONTINÚA)

25/11/2011

Echtra Nerai. A aventura de Nera, o guerreiro valoroso.

despertadoteusono.blogspot.com
David Outeiro
13/11/2011

- 1ª parte -


Um antigo escrito irlandês do Ciclo de Ulster conta uma velha história ao redor do tenebroso tempo do Samhain. O mítico relato fala-nos do Echtrai Nerai. A aventura de Nera. Esta história é um velho legado que fala das aventuras dum valente guerreiro celta. Mas isso sim, ainda que semelhe velho e longínquo, chegaremos a ver como os sucessos que descreve encaixam com o velho Sámanos galaico e o Magusto atual. As portas do além estão abertas, vejamos o que nos trazem...

“A noite do Samhain chegara ao reino de Connacht e a Óenach desta celebração transcorria na Rát Cruachna. O rei Aillil e a rainha Mebd estavam presentes neste palácio. O rei dispus-se a pôr a prova a sua gente oferecendo a sua valiosa espada com empunhadura de ouro a em troca duma façanha. A sua espada seria para aquele que ousasse a pôr uma fita aos presos que foram executados no dia anterior. Os prisioneiros foram julgados e sentenciados a morrer enforcados durante a assembleia do Samhain.


Os presentes não puderam evitar a surpresa perante tal oferecimento pois aquela era uma noite muito perigosa e aterrorizante .Já sabemos que a barreira entre o mundo dos vivos e a dos mortos estava a esvaindo-se. Mas havia um valente guerreiro presente na celebração: Nera. Foi ele quem aceitou a proposta.


Nera coloca-se uma armadura e dirige-se ao lugar onde se acham os enforcados. Enquanto lhes colocava as fitas, um dos enforcados disse-lhe ao guerreiro que teria que levá-lo a beber. Nera aceita e o enforcado elogia o seu comportamento. Por causa disto, terá que levar o enforcado às suas costas até achar água para ele.

Seguidamente o guerreiro levou o enforcado para uma casa mas o defunto rejeitou entrar posto que esta estava rodeada por um lago de fogo. Continuaram até uma segunda, mas acharam-na rodeada por um lago de água, pelo que se vem obrigados a continuar. Chegaram a uma terceira casa, onde por fim, o defunto satisfez a sua sede. Após ter bebido o terceiro copo, o enforcado cuspiu sobre os rostos dos moradores da casa provocando neles a morte. Perante isto, o Nera devolveu-o a forca.

Nera retorna e vai na procura de Aillil, mas acha a fortaleza destruída pelas tropas do Sidh, o exército do Além. Nera após esta situação penetra na Cova de Chruachain, uma das entrada ao Sidh. Dentro, já, dá com as cabeças cortadas da gente da Rát Cruachna. O guerreiro é descoberto pelos habitantes do Sidh e para ficar, vai ver-se obrigado a fornecer lenha.

Com o tempo e antes do seguinte Samhain, a companheira de Nera no Sidh conta-lhe que viu uma imagem da destruição do Cruachna mas que não era real. O que Nera viu no Samhain era uma visão, uma premonição do que ia acontecer no próximo Samhain. Nera voltou com a sua gente chegando a receber a espada do rei. Mas o tempo que tinha passado no Sidh não se correspondia por excessivamente dilatado com o tempo no mundo dos homens. A sua gente foi advertida e preparam-se para atacar o Sidh quando se produzisse a nova apertura deste durante o Samhain. Os guerreiros de Connacht venceram aos do Sidh e conseguiram três importantes tesouros ainda que o valente Nera ia ficar no mundo do Além até o fim dos tempos”.

Como podemos comprovar nesta narração, Nera é um guerreiro que têm a capacidade de se deslocar entre o mundo dos vivos e o mundo dos mortos tal e como analisaremos. A etimologia do seu nome remete-nos a "força, grandeza" mas também a "chefe". No velho galês existe a palavra "nar",quer dizer, chefe. No gaélico "ner" significa javali, animal relacionado com a fortaleza e os guerreiros. Na antiga Kalláikia, ao sul do Cabo Fisterra, existia uma treba chamada "Neros" (Nerii em latim) relacionada também com este significado. Neros/Neroi provém do celta NERIOI que significa "virís, cheios de força masculina"; adjetivo de Neros "varão, macho". Há que apontar a que na narração do Echtra Nerai, o enforcado louva a Nera chamando-lhe "viril" por ajudá-lo. Neros/Neroi é o nome que se dava a si própria esta treba mas eram conhecidos por outras trebas com o nome de Supertamaricos em época latina, anteriormente como ALLOTAMARIKOI ou ALNOTAMARIKOI (As tribos calaicas, Higino Martins. p 191). Este povo, recebia o seu nome porque morava para além do Tâmara-Tambre, um rio temido, perigoso e relacionado com o além e a deusa tenebrosa. Segundo diz o Higino Martins na sua obra, essa é a origem do nome do rio, a designação de tenebroso... semelhante ao Hades, o escandinavo Gjallr, ou o rio de ondas negras que há que passar para chegar ao país do além: Tuoni. Nomenclatura similar recebe o famoso rio Tamisa de Londres.

Outro aspecto interessante de Nera é o facto de ter que atar aos enforcados. O facto de os atar, suporia que suas as Ânimas não poderiam abandoar o corpo que empregaram durante a sua vida. Mas a sua vez pode ter um sentido psycopompo, quer dizer, de levar as Ânimas de cara ao além. Este vinculo entre os laços e a condução das Ânimas ao outro mundo está presente no deus gaulês Oghmios (irlandês ogma) que possui uma cadeia que atravessa a sua língua e pela que leva aos homens atados pelas orelhas. Mas esta cadeia pode ser uma representação simbólica do seu caracter persuasivo e sábio. Oghmios têm a capacidade, portanto, de persuadir os homens e levá-los até os confins da terra.

O caracter das ligaduras e do seu carácter negativo como anudador da Ânima achamo-la nas crenças galegas atuais. Quando se produz um enforcamento, a gente evita falar da vitima, já que as Ânimas dos enforcados permanecem no lugar. Isto é devido a que o facto de se suicidar por meio duma soga, supõe que o seu espírito permanece na zona manifestando-se em ocasiões por meio de pequenas luzes que ficam no lugar. A aparição de destas luzes relaciona-se a uma morte violenta, aparecendo até que se abençoe o lugar ou se solucione o caso. Com estas crenças topou Vicente Risco: "No Castro de Caldelas suicidou-se umha pessoa e a pouco viram-se umas pequenas luzes no lugar do suicídio". Outro aspecto da mitologia galega é o da Ânima que se aparece para que lhe "rachem o hábito" e que a sua Ânima possa ser libertada. Mas há que ter cuidado, agindo contrariamente à recomendação do defunto no que diz respeito da forma de rachar, pois senão pode-nos levar com ele. No II Concílio de Braga, ano 572, fica interdito: "Não seja lícito aos bispos e padres fazer encantamentos e ligaduras".

(CONTINÚA)

22/11/2011

Viveiro acolle o acto de presentación da escolma de artigos de Hernán Naval

mrpatrimonio.blogspot.com
20/11/2011
Viveiro

A Asociación Sociocultural Mariñapatrimonio organiza, en colaboura coa Asociación ribadense MUSIQUEANDO, o acto de presentación da escolma de artigos de Hernán Naval: "Vou canso de todo menos da música".

O Conservatorio Profesional de Música de Viveiro será o lugar onde se desenvolverá esta presentación o xoves 24 de novembro ás oito e media da tarde.

No acto intervirán Hugo García Presno, director da EMM e D de Ribadeo e Francisco Luís Rodríguez Guerreiro, profesor e presidente de Mariñapatrimonio.

Os asistentes serán agasallados cun exemplar do libro publicado por MUSIQUEANDO.



+ NOVAS RELACIONADAS:

12/11/2011

Historias da Mega-Austeridade - O Gaias


Monumento á Incoherencia


El Pais
Santiago 12/11/2011
Francisco Peregil

Morel, a personaxe do novelista arxentino Adolfo Bioy Casares, inventou a inmortalidade. Atreveuse a construír un museo no alto dun outeiro e botoulle un pulso ao pasado e ao futuro mediante un dispositivo que se alimentaba das mareas. O antigo líder do PP Manuel Fraga ideou no alto do monte compostelán de Gaiás a Cidade da Cultura, unha obra que ía ser capaz de tutearle aos 800 anos da catedral veciña. En decembro de 1997, á calor da exitosa inauguración do museo Guggenheim de Bilbao, Fraga empezou a modelar o seu soño. En 1999 convocou un concurso de arquitectura internacional que gañou o estadounidense Peter Eisenman. E en 2001 colocouse a primeira pedra no monte Gaiás, a case dous quilómetros do centro urbano. Íanse a levantar unha hemeroteca, a Biblioteca de Galicia, un teatro da música, un edificio de novas tecnoloxías, outro de servizos centrais e o museo de Historia de Galicia; custaría 108 millóns de euros, menos que os 126,5 do Guggenheim, o proxecto estaría terminado en tres anos e ocuparía unha extensión de 60.000 metros cadrados.


Hoxe xa van investidos máis de 400 millóns de euros, cifra equivalente a catro estadios como o da Cartuxa, o que se inaugurou en 1999 como estandarte da candidatura olímpica de Sevilla; construíronse só catro edificios -as obras dos outros dous, que son os máis importantes, estarán paralizadas como mínimo até 2014- e ocupouse unha extensión de 148.000 metros cadrados, equivalente ao centro histórico da cidade. Para facerse unha idea das dimensións baste dicir que só no mantemento dos edificios gastaranse 4,5 millóns de euros ao ano. Wilfred Wang, o único arquitecto do xurado que votou en contra do proxecto calcula que se algún día terminásense os dous bloques restantes o custo ascendería a 600 millóns, máis que o aeroporto de Cidade Real. Pero no caso de que a Xunta decida tapar os enormes buracos xa escavados e rexeitar a conclusión do Centro de Arte Internacional e, sobre todo, do Teatro da Ópera, que estaba concibido como a gran insignia da Cidade da Cultura, habería que indemnizar ás construtoras cuns 20 millóns de euros. A disxuntiva oscila entre o caro e o máis caro.

Interior da Cidade da Cultura
"A maqueta era unha marabilla", recoñece o arquitecto local Pedro de Chairo, gran detractor do proxecto. "Pero funcionaba só como escultura, a esa escala. En canto estudei os planos e o programa de construción deime conta de que aquilo non tiña sentido. A biblioteca construíuse en principio só para libros editados en Galicia ou que tratasen sobre Galicia, cando aquí apenas se editou nada ata que non empezaron a chegar as subvencións. A quen se lle ocorre construír unha biblioteca máis grande que a Biblioteca Nacional de Berlín? Se en Alemaña, que veñen editando libros desde Gutenberg, non viron a necesidade de facela máis grande, por que nós si? E o mesmo pasou coa hemeroteca. No século XXI unha hemeroteca é un pequeno estudo con computadores onde están os arquivos dixitalizados dos xornais. E ademais, deseñouse un Palacio da Ópera con tres ascensores no escenario, con capacidade para montar tres óperas nun mesmo día, coma se fose o Lincoln Center. 


En Nova York podes manter unha tempada de ópera durante todo o ano. Pero no resto de Europa, en Milán e Venecia, por exemplo, non se pode. E nós aquí, con pouco máis de 90.000 habitantes, podiamos permitirnos un teatro así. Contaban con que ían vir a xente da Coruña e doutras cidades galegas. Pero é que en Galicia a xente non adoita desprazarse dunha cidade a outra para ver un concerto. E aínda que o fixesen, como se pode manter o orzamento para encher de contido eses edificios? Comeranse todo o diñeiro da Consellería de Cultura. Peter Eisenman nunca se propuxo crear unha obra destinada a servir como colector dunhas actividades precisas. O seu foi un claro exemplo da arquitectura entendida como un espectáculo en si mesma, tan estendida hoxe en día. E agora están a facer alí actividades absurdas, a base de conferencias para 60 persoas e concertos para 200; todo iso para facer ver que alí existe unha vida que en realidade non existe".


O barbudo Morel filmou aos seus amigos e á súa amada durante unha semana de asueto nunha illa e botou a vivir para sempre as súas imaxes en tres dimensións, movéndose dentro e fóra do museo, a mesma secuencia semanal repetíndose eternamente de principio a fin. Agora, no alto do monte Gaiás, dentro do edificio que ía ser hemeroteca e agora é Arquivo, un pode ver proxectada a tamaño natural a figura do arquitecto Peter Eisenman, vestido de negro e con paxarela vermella, explicando o seu proxecto:

O reto da Cidade da Cultura consistiu en crear unha icona contemporánea como desafío ao pasado, ao presente e ao futuro dun proxecto deste tipo en Galicia, en España e no mundo...


Discurso de Pérez Touriño na Cidade da Cultura en 2008

Unha e outra e outra vez, ao longo dos días, sen apenas visitantes, irase repetindo o monólogo de apenas un par de minutos fronte a outras pantallas onde os seus colaboradores continúan falando tamén do proxecto. Nun edificio contiguo pódese visitar unha exposición de máquinas de escribir. O luns ao seis da tarde só había alí un paseante, un home que viña camiñando desde a cidade para manter baixo control o colesterol. Na inmensa biblioteca ideada para albergar libros galegos hai carteis onde se roga silencio, pero non había apenas ninguén que puidese perturbar ese silencio, salvo os empregados. Fóra dos edificios apenas se vía a algunha parella de noivos. E todos os consultados conviñan en dicir que o proxecto era un malgaste, un disparate, unha desmesura. "O aparcadoiro é demasiado pequeno para os grandes eventos", comentaba unha nova. "E non hai maneira de vir como non sexa en taxi ou en coche propio, porque os autobuses son moi escasos. E esteticamente, hai demasiada pedra e pouco verde".

Biblioteca da Cidade da Cultura

A pedra rosada tamén ten a súa historia negra. Era unha cuarcita moi difícil de atopar e extraíase dunha canteira no pobo de Muras (Lugo), propiedade do entón alcalde do municipio coruñés de Ortigueira, do PP, Antonio Campo. "Obrigáronnos a traballar con pedra de Galicia", declarou Eisenman hai un ano. A metade da obra, en 2008, as reservas do filón resultaron insuficientes e de mala calidade. Supostamente, non quedou máis remediou que viaxar a outra canteira no Estado brasileiro de Minas de Gêrais e traelas desde alí.

O arquitecto Peter Eisenman deixou claro que a cousa non sairía barata. "Nós diciamos que sería demasiado caro. El [Manuel Fraga] respondía: ese non é o seu problema. Diciamos que na biblioteca cabían 250.000 libros e pedían un millón. Iso fixemos", declarou nunha entrevista concedida ao PAÍS en 2010.


Xosé Sánche Bugallo, quen fose alcalde de Santiago polo PSOE desde 1998 até o pasado maio e agora é xefe da oposición, cre que aínda non se pode sacar unha conclusión definitiva. "Na Cidade das Artes e as Ciencias, de Valencia, investiuse catro veces máis que aquí. Con todo, non hai a mesma sensación de malgaste porque se abriu e púxose en funcionamento. O problema é que se iniciaron as obras polos edificios menos representativos e menos útiles. E agora faltan os máis importantes. Agora é un enorme monumento, pero sen coherencia. Ademais, como consecuencia da situación económica, o colector [os edificios] non se corresponde co contido que albergan. Agora, a prioridade é conectala co centro urbano e coa autovía de circunvalación. Imos ver en que acaba. A catedral debeu tardar en facer uns 130 ou 150 anos. Calculo que en menos tempo acabarase a Cidade da Cultura. Aínda que é posible que non en moito menos tempo".

A pesar das moitas críticas, Jesús Pérez Varela, o conselleiro de cultura que traballaba con Fraga naquela época, non renega da Cidade: "Eu defendo o proxecto na época na que se fixo. Aínda que é verdade que hoxe, coa crise, ese soño habería que postergalo. Pero era unha boa idea para pór a Galicia no mapa de Europa e a modernidade. Galicia sempre tivo o reto de que había que traer á xente, ninguén pasa por aquí. E Fraga tiña grandes ideas para promover o turismo".

Vista de Santiago, coa Cidade da Cultura ao fondo

Pero non había unha forma máis barata de promovelo? Era necesario edificar unha biblioteca para un millón de libros e un teatro da ópera como o que aínda estar por facer?

"O do millón era só unha forma de falar [Peter Eisenman sostén o contrario]. E o da ópera... Queriamos que puidesen representarse aquí as mesmas obras que chegan a Milán ou a Venecia. Os mesmos concertos que chegan a Barcelona, que houbese espazo suficiente. E eu creo que o pobo galego ten dereito a reinventarse e a sacar un pouco de musculatura cultural. Agora non estamos nas mellores condicións para continuar coas obras. Pero a catedral de Santiago, que cumpriu 800 anos, estivo en constante remoción un par de séculos. E a Torre Eiffel querían desmantelala despois da exposición de París", engade Pérez Varela.

os "Concertos" segundo Pérez Varela   

Fraga justificou en 2007 o incremento do custo dicindo que "o tempo pasa e as cousas tenden a subir". Tamén afirmou que o día en que estivese acabada Galicia tería, "ademais do Pórtico da Gloria e as torres barrocas da praza [do Obradoiro], algo que será capaz de soar en todo o mundo". Poida que sexa verdade ou poida que ao cabo dun século o único que perviva da Cidade sexa a imaxe a tamaño natural do arquitecto con paxarela vermella repetindo eternamente que o reto consistiu en crear unha icona contemporánea como desafío ao pasado, ao presente e ao futuro. [fin]

Eu persoalmente non mo creo