Mostrando postagens com marcador arquitectura. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador arquitectura. Mostrar todas as postagens

06/10/2013

V XORNADAS MOURAS - Encontros Etnográficos


V XORNADAS MOURAS Encontros etnográficos
26 e 27 de outubro de 2013

Lugar: Museo Etnográfico Monte Caxado
Rúa Monte Caxado, s/n – As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)


As Xornadas Mouras teñen como obxectivo a divulgación e difusión do patrimonio cultural. Nesta nova edición prestaremos especial atención ao legado etnográfico. Partimos da cultura material recollida nos tres museos de referencia do Eume e do Ortegal e o seu paralelismo coa tradición asturiana, para írmonos adentrando nun mundo tradicional que permanece aínda visíbel na paisaxe e na lembranza, pero que cada vez fica máis distante da nosa sociedade.

Para esta achega sinxela contamos cos promotores dos museos etnográficos do Monte Caxado, da Capela, de Meixido e de Grandas de Salime, que nos falarán das súas experiencias na recolla, na protección e na divulgación do material etnográfico do territorio. E contamos asemade coa participación de arqueólogos e etnógrafos que levan tempo recollendo, investigando e divulgando ese legado cultural milenario que chegou a nós a través da cultura tradicional.

As palestras terán lugar na biblioteca do CEIP Monte Caxado de As Pontes, entre os días 26 e 27 de outubro. Realizaranse ademais visitas guiadas aos museos de referencia, da man dos seus directores nas que coñeceremos máis fondamente as características que definen estes espazos senlleiros do patrimonio etnográfico do territorio.

Data límite de inscrición: xoves 24 de outubro


 Programa



+INFO na web das: V Xornadas Mouras 

17/09/2013

Nova aplicación Giza 3D

As entidades Dassault Systèmes e a Universidade de Harvard veñen de presentar unha aplicación gratuita e interactiva en 3D que ten as pirámides de Giza como base virtual. O usuario poderá navegar polas imaxes contemporáneas e antigas, así como ver de preto 30 obxectos reconstruídos en 3D con precisión milimétrica. En boca de Peter de Manuelian, da Universidade de Harvard, esta experiencia inmersiva en 3D "transporta ao usuario por un entorno virtual que proporciona un novo medio para aprender máis sobre a civilización exipcia". Para o docente, esta ferramenta "siginifica unha transición importante na ensinanza, onde pasamos dun estadío no que o profesor impulsa o proceso de aprendizaxe de forma unilateral a un no que os estudantes están inmersos no medio ambiente acadándose un fomento do diálogo e da discusión máis completo entre eles".

Giza 3D permite entre outras accións, entrar na pirámide de Keops ou visitar as cámaras funerarias da necrópole de Gizé. Todo isto a un clic de rato, sen movernos da casa.

A iniciativa parte da empresa francesa Dassault Systèmes, especializada en sistemas de recreación tridimensional, que vén de desenvolver este proxecto en asociación co Museo de Belas Artes de Boston, baseándose na súa importante colección de arquivos sobre a necrópole exipcia.


10/05/2012

Mañá remata o prazo para inscribirse no Roteiro Cultural Camiño dos Arrieiros



ahoradosmouros 
10/05/2012
Redacción

O vindeiro sábado día 12 celebrarase a segunda etapa do Roteiro Cultural Camiño dos Arrieiros, que vai xa pola súa terceira edición. A actividade, organizada pola Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes e a Liga Céltiga Galaica, pretende dar a coñecer esta vía empregada desde a Prehistoria, que transcorre entre as localidades de As Pontes e Bares (Mañón) seguindo os altos das serras Faladoira e Coriscada. 

O camiño recibe o nome dos denominados "arrieiros" que carrexaban todo tipo de mercadorías por el, ao lombo de mulas e cabalos. Este camiño histórico foi estudado polo arqueólogo ortigueirés Federico Maciñeira, quen a finais do século XIX púxoo en relación coas máis de 80 mámoas, preto dunha ducia de cruces de pedra e varias pedrafitas, que o flanquean e delimitan. 

O inicio desta segunda etapa realizarase desde o Cristo de Mouraz ata o Porto de Bares. Haberá servizo de bus desde As Pontes, que sairá do Museo Etnográfico Monte Caxado ás 9:30 h. ata Mouraz. O regreso está previsto en torno ás oito do serán.  

As persoas que desexen participar no roteiro, teñen de prazo ata o venres para formular a súa inscrición na propia páxina da Asociación Informatica Amigus, entidade que xunto ao Concello das Pontes colabora na organización do roteiro cultural.



26/11/2011

A conservación da maior parte dos BIC é deficiente

La Voz de Galicia
20/11/2011
Lalín


Só 5 dos 27 presentan boas condicións para a visita

As comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes contan cun total de vintasete Bens de Interese Cultural (BIC) catalogados tanto pola Consellaría de Cultura como polo Ministerio. Nembargantes, deles, só cinco presentan un bo estado de conservación: o Pazo de Oca e o seu entorno (A Estrada), que pertencen á Fundación Medinaceli; os mosteiros de Carboeiro (Silleda) e Aciveiro (Forcarei); e os pendellos de Agolada. Ademais, estanse a acometer desde xuño obras no Pazo de Liñares (Lalín) para a súa recuperación.


Os pendellos de Agolada catalogados pola Xunta e o Ministerio

Neste deficiente mantemento dos BIC da zona e, polo tanto, incumprindo a lexislación que obriga a conservalos, ten moito que ver que a maior parte son xácigos arqueolóxicos. Están en parcelas privadas e permanecen ocultos pola vexetación e frecuentemente só aqueles que teñen experiencia neste tipo de patrimonio consiguen localizalos e observalos. Hai casos como a mámoa dos Muíños (Agolada) que foron sepultados ou o de Cerdedo, que o cemento tapou grande parte do conxunto.

Mais os xácigos non son os únicos que encontran problemas. Outro caso similar acontece con algunhas torres que teñen a calificación de BIC e permanecen sen ningún tipo de mantemento nin obras de consolidación por parte dos seus donos, posto que permanecen en mans privadas. Neste caso a zona conta con varios exemplos. Entre os más significativos, as torres de Guimarei (A Estrada), a de Cira (Silleda) ou a tulla de Fafián (Rodeiro).

Outra protección
A estes vinteseis inmóbeis catalogados como BIC hai que engadirlles outros cinco monumentos da zona que teñen protección, todas as igrexas, que tamén están considerados como protexidos polo Ministerio de Cultura. Nestes casos, a súa conservación é moito mellor.



Emprazan en Cerdedo dous gravados doutros puntos e inclúense bens xa desaparecidos

A relación de bens incluidos na listaxe do Ministerio de Cultura
e da Consellaría presentan "algúns" desaxustes


Cerdedo
De tres «oficiais» a un real. Na relación oficial de Bens de Interese Cultural tanto da Xunta como do Ministerio aparecen recollidos tres en Cerdedo. Trátase dos gravados rupestres Montes de Parada e Fraga das Ferraduras, así como o da Laxa e Veiga do Chan, todos declarados en decembro de 1974. Nembargantes, a realidade non é esta, segundo explica o investigador Carlos Solla. No caso da Fraga das Ferraduras «está en Cerdedo pero en Cerdedo de Tras os Montes, en Portugal», sinalou onte. Atribúe este desaxuste na ubicación á mala lectura dun documento de Cuevillas. No caso do correspondente ao gravado de Montes de Parada, Solla explica que está en Pazos de Borbén. «Outra mala lectura e unha mala inscricción», sinalou. E despois, o único BIC declarado, está en Tomonde. Unha parte, foi cuberto con cemento e está dentro dun cobertizo, co que só queda á vista unha parte. Solla contrapón a ausencia na listaxe de Bens de Interese Cultural, como a Laxa do Almanaque, en Outeiro de Chamadoira, con catro niveis; ou o petróglifo de Outeiro do Mestre, en Deán, Figueiroa.


Petróglifo de Outeiro do Mestre en Deán, Figueiroa

Silleda
A torre da Chapa xa desaparecida. O decreto do 22 de abril de 1949 do Ministerio de Educación estableceu que «todos os castelos de España, independentemente de cal sexa o seu estado de ruina, quedarán baixo a protección do Estado, que impedirá toda intervención que altere o seu carácter ou poida provocar o seu derrube». En base a este decreto, obtiveron protección varias torres da zona, entre elas a da Chapa, que na actualidade non existe. No seu lugar está hoxe unha casa. O estudoso da historia local e párroco da Bandeira, José Espiño, aseguraba no 2007 que aínda lembraba parte da base da fortaleza, cuxas pedras foron a parar en parte á estrada e outras a casas da parroquia.

Axuste na ubicación de Ansemil
A relación do Ministerio de bens que contan cunha protección a nivel nacional inclúe a igrexa silledense de Ansemil pero ubicándoa na Estrada.


23/12/2010

Patrimonio exige a Cabanas que proteja el entorno del Camino Inglés

laopinióncoruña.es
22/12/2010
Marta Villar





La Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de la Xunta advierte al Concello de Cabanas de su obligación de clasificar el suelo que está a ambos lados del Camino Inglés a su paso por este municipio de forma que se mantengan los "usos tradicionales" de su entorno. Así lo resalta en el informe emitido sobre el documento de inicio para el trámite de evaluación ambiental de su Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

El Concello de Cabanas tiene previsto, según figura en su anteproyecto de plan urbano, ampliar el parque empresarial de Vilar do Colo hacia el sur, por lo que un tramo del Camino Inglés de unos 300 metros de longitud quedará dentro de un sector de suelo urbanizable industrial.

Patrimonio en su informe sobre el proyecto de PXOM advierte de que el Camino de Santiago no puede "servir de apoyo y soporte a los nuevos desarrollos urbanos" y debe mantener su carácter peatonal".

Este departamento del Gobierno gallego especifica que actualmente ya se han iniciado los trabajos para delimitar el Camino Inglés tal y como establece la ley de 1996 y dicha delimitación supondrá "la restricción de usos y actividades en las zonas laterales de protección y de protección del entorno".


Esta dirección xeral de la Xunta también recuerda al Ayuntamiento de Cabanas que en el documento de inicio que presentó no incluye una relación inicial de bienes identificados como patrimonio cultural y el Camino Xacobeo a su paso por este municipio es un bien cultural más, patrimonio cultural de Galicia.

Exige su catalogación
La Consellería de Medio Ambiente por lo tanto reclama al Concello de Cabanas que incorpore el Camino al catálogo de bienes protegidos del futuro PXOM con fichas semejantes a las que se elaboran para el resto de bienes culturales.

En dichas fichas deberá figurar las características del Camino, sus tramos, estado de conservación, sí como fotografías y cartografía y datos de las zonas por las que atraviesa y los elementos existentes a su paso (núcleos rurales, fuentes, molinos, muros de piedra, edificios singulares y otros).

El Camino Inglés pasa en el municipio por las parroquias de San Andrés de Cabanas, San Martín de Porto y San Mamed de Laraxe.

Pequeños tramos del Camino de Santiago pasan ya por el polígono industrial y según el PXOM otro tramo de unos 300 metros quedará dentro de la futura ampliación del parque empresarial. Este camino continúa por el municipio hasta pasar cerca de la zona de la playa de la Magdalena. A su paso también atraviesa el río Castro.

La Xunta reclama también al Concello la realización de un estudio de campo para conocer la existencia de posibles restos del patrimonio del agua; así como prospecciones arqueológicas para conocer la existencia de mámoas y castros.

30/07/2009

Patrimonio pretende aprobar nun ano o Parque do Megalitismo

La Voz de Galicia
30/07/2009
Costa da Morte

A Dirección Xeral de Patrimonio quere aprobar o proxecto do Parque do Megalitismo da Costa da Morte antes dun ano. Así o dixo o responsábel deste departamento da Xunta, José Manuel Rei Pichel, que estivo onte en Vimianzo convidado polo PP da localidade para que puidese coñecer a riqueza cultural do municipio.

Na reunión, na que tamén estivo o alcalde, Alejandro Rodríguez, o responsábel de Patrimonio asegurou que o proxecto sectorial do Parque do Megalitismo da Costa da Morte estaba prácticamente finalizado. Os flecos pendentes son algúns informes previos doutros departamento e sometelo a exposición pública antes de que pase polo consello da Xunta para a súa aprobación.

Rei Pichel e os técnicos que o acompañaban non quixeron entrar na cuestión de onde ubicar a sé -aínda que a portavoz do PP, Carmen Borbujo, e o alcalde lembráronlle que debería ir en Vimianzo- e explicou a importancia comarcal dun proxecto que suporá a compra de 14 dólmenes e investimentos en infraestruturas. Podería haber varios pontos de información de pequeno tamaño, xa que o patrimonio megalítico atópase disperso en oito municipios, aínda que Rei Pichel recoñeceu a importancia estratéxica de Vimianzo, municipio que conta con preto de 150 xácigos megalíticos.

O responsable de Patrimonio dixo que é vontade da Xunta que o proxecto estea aprobado como moito nun ano, pero que ata antes poderíanse crear puntos de información para atender aos visitantes e poñer en valor os recursos locais.

A recuperación do dolme de Dombate continúa pendente por mor dos permisos

Por outra banda, Rei Pichel explicou que a Xunta traballa tamén activamente para acabar co plan director do Monte do Cabo en Fisterra. Asegurou que o proxecto está encargado e avanzou que a semana próxima verase co alcalde de Fisterra para axilizar a súa redacción: «Iso vai adiante», asegurou.

O director xeral foi recibido por Carmen Borbujo e Alejandro Rodríguez na casa da cultura, onde se proxectaron unha serie de imaxes sobre o patrimonio local vimiancés, explicando a súa importancia o arquitecto municipal, Xullo Vázquez.