Mostrando postagens com marcador Camiño dos Arrieiros. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Camiño dos Arrieiros. Mostrar todas as postagens

30/11/2012

IV XORNADAS MOURAS





15 de decembro a partir das 10 da mañá

Lugar: Salón de Actos da Casa Dopeso
Rúa Rosalía de Castro, 28 – As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)


As Xornadas Mouras queren ser unha fiestra aberta á actualidade do noso patrimonio cultural. Un punto de encontro entre todas as persoas que dun xeito ou outro senten o patrimonio como algo propio, como algo noso. Unha oportunidade para descubrir o noso territorio: as estruturas, os espazos, os documentos, as tradicións, ... Tamén para coñecer proxectos senlleiros de recuperación e posta en valor.

En definitiva, unha xornada para coñecernos e compartir ideas, proxectos e iniciativas que poden axudar a pór en valor o legado dos nosos devanceiros.

Data límite de inscrición: xoves 13 de decembro


Programa

Xosé Lois Armada Pita: Maciñeira revisitado. O porto de Bares, As Pontes
 e O Camiño dos Arrieiros

Patricia Mañana Borrazás: Os túmulos 4 e 5 de Forno dos Mouros (Ortigueira,
 A Coruña). Dos resultados das intervencións ata a musealización do sitio

Felipe Senén López Gómez: Arqueoloxía dos camiños en Galiza



+INFO e inscripción en:   Xornadas Mouras 2012

10/05/2012

Mañá remata o prazo para inscribirse no Roteiro Cultural Camiño dos Arrieiros



ahoradosmouros 
10/05/2012
Redacción

O vindeiro sábado día 12 celebrarase a segunda etapa do Roteiro Cultural Camiño dos Arrieiros, que vai xa pola súa terceira edición. A actividade, organizada pola Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes e a Liga Céltiga Galaica, pretende dar a coñecer esta vía empregada desde a Prehistoria, que transcorre entre as localidades de As Pontes e Bares (Mañón) seguindo os altos das serras Faladoira e Coriscada. 

O camiño recibe o nome dos denominados "arrieiros" que carrexaban todo tipo de mercadorías por el, ao lombo de mulas e cabalos. Este camiño histórico foi estudado polo arqueólogo ortigueirés Federico Maciñeira, quen a finais do século XIX púxoo en relación coas máis de 80 mámoas, preto dunha ducia de cruces de pedra e varias pedrafitas, que o flanquean e delimitan. 

O inicio desta segunda etapa realizarase desde o Cristo de Mouraz ata o Porto de Bares. Haberá servizo de bus desde As Pontes, que sairá do Museo Etnográfico Monte Caxado ás 9:30 h. ata Mouraz. O regreso está previsto en torno ás oito do serán.  

As persoas que desexen participar no roteiro, teñen de prazo ata o venres para formular a súa inscrición na propia páxina da Asociación Informatica Amigus, entidade que xunto ao Concello das Pontes colabora na organización do roteiro cultural.



16/04/2012

Camiño dos Arrieiros 2012 - últimos dias!


Camiños dos Arrieiros - Roteiro cultural

  
Saida: 09'30 h diante do Museo Etnográfico Monte Caxado
Chegada: 19'00h


Ultimos dias para apuntarvos a primeira etapa do roteiro polo Camiño dos Arrieiros 2012 Camiño dos Arrieiros ou Camiño Grande discorre ao longo duns 42 quilómetros, unindo As Pontes co porto de Vares. Este camiño tense empregado dende a Prehistoria como vía de intercambio comercial, constituíndo unha das rotas principais de comunicación entre os pobos do noroeste peninsular, das Illas Británicas e da península Armoricán. A vía recibe o nome dos chamados arrieiros, que durante séculos transportaron todo tipo de mercadorías ao lombo de mulas e cabalos.
  
Máis de 200 mámoas emprazadas nas serras da Faladoira e Coriscada, flanquean o camiño dende As Pontes a Vares. Estas construcións prehistóricas forman xunto coas pedrafitas e as cruces de pedra unha unidade patrimonial de especial interese, que fan do Camiño dos Arrieiros un dos activos culturais máis importantes do territorio

Nesta ocasión realizaremos un primeiro treito duns 25 quilómetros, a través dos concellos das Pontes e Mañón.







Data límite de inscrición: 18 de abril.  Esperamosvos!


+INFO e inscripcións en:   Arrieiros 2012

30/03/2012

Camiño dos Arrieiros 2012


Camiños dos Arrieiros - Roteiro cultural

  
Saida: 09'30 h diante do Museo Etnográfico Monte Caxado
Chegada: 19'00h


O Camiño dos Arrieiros ou Camiño Grande discorre ao longo duns 42 quilómetros, unindo As Pontes co porto de Vares. Este camiño tense empregado dende a Prehistoria como vía de intercambio comercial, constituíndo unha das rotas principais de comunicación entre os pobos do noroeste peninsular, das Illas Británicas e da península Armoricán. A vía recibe o nome dos chamados arrieiros, que durante séculos transportaron todo tipo de mercadorías ao lombo de mulas e cabalos.



Máis de 200 mámoas emprazadas nas serras da Faladoira e Coriscada, flanquean o camiño dende As Pontes a Vares. Estas construcións prehistóricas forman xunto coas pedrafitas e as cruces de pedra unha unidade patrimonial de especial interese, que fan do Camiño dos Arrieiros un dos activos culturais máis importantes do territorio.


Un itinerario no que desfrutar tamén da natureza, e dalgunhas especies protexidas como aErica tetralix, presente en zonas enchoupadas ás que acoden a beber os centos de cabalos que viven en réxime de semiliberdade polas serras.

Nesta ocasión realizaremos un primeiro treito duns 25 quilómetros, a través dos concellos das Pontes e Mañón.



Data límite de inscrición: 18 de abril.  Esperamosvos!


+INFO e inscripcións en:   Arrieiros 2012