Mostrando postagens com marcador defensa. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador defensa. Mostrar todas as postagens

31/05/2013

Presidente da Comunidade de Montes de Cabeiro: "Nós de mámoas non entendemos moito"

La Voz de Galicia
4/05/2013
Vigo

O presidente da comunidade de montes de Cabeiro, Manuel Álvarez López, reiterou onte que non danaron as mámoas de Chan da Cruz coa tala autorizada de piñeiros pola Xunta de Galicia que paralizou o Seprona a semana pasada. 

Un día despois da súa detención e posta en liberdade con cargos por un presunto delito contra o patrimonio cultural, Manuel Álvarez afirmou que a comunidade de montes pagou un informe arqueolóxico que demostra que non se produciron os danos dos que lle acusa o Seprona. «Nós as mámoas nin as tocamos», asegurou onte. 

O dirixente comunal proclamou onte a súa inocencia e para iso, amparouse no devandito estudo arqueolóxico encargado pola comunidade de montes «porque nós diso non entendemos moito» dixo. 


O secretario da comunidade de montes, Amante Romero, que tamén foi detido pola Garda Civil de Vigo o pasado xoves, manifestou que contaban con todos os permisos para levar a cabo a tala. 

A única irregularidade que admite ter cometido a comunidade de montes de Cabeiro é non ter levado a cabo un valado preventivo do conxunto arqueolóxico, tal e como lles ordenou a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para autorizar a tala de piñeiros. «Pensamos que non era conveniente porque non iamos cortar encima da mámoa», xustificou o secretario da comunidade. Recoñecen que poden ser obxecto dunha sanción administrativa por este motivo, «pero en ningún caso pódesenos tratar como delincuentes por este asunto», manifestou Romero . 

Os comuneiros tiñan previsto a tala de ao redor dun centenar de piñeiros ao redor das mámoas catalogadas como a 52 e a 52a por parte Patrimonio. O presidente afirmou onte que a venda de madeira é unha das principais fontes de recursos coas que conta a comunidade, e que supoñen uns ingresos que se destinan á limpeza e coidado do monte. 

Respecto da denuncia, insistiu en que provén da comunidade de montes de San Vicente de Trasmañó «porque eles querían cortar piñeiros na nosa propiedade e coller 40 hectáreas de terreo. 

O Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil de Vigo paralizou a semana pasada a tala ao comprobar que se estaba realizando sen as correspondentes autorizacións da Xunta de Galicia. 

A investigación do instituto armado levou a detención do pasado xoves do presidente da comunidade de montes, o secretario da entidade, o responsable da empresa madeireira que levou a cabo a tala e un dos seus empregados. 

6.000 anos 
Antigüidade 
É un dos conxuntos megalíticos máis importantes do noroeste peninsular. 

1970 
Conxunto histórico artístico 
O xacemento do monte de Penide foi declarado de interese hai xa 43 anos.


28/02/2013

A Plataforma na Defensa do Patrimonio de As Pontes fai público o seu informe anual sobre o estado do patrimonio cultural do municipio

amigus.org
28/02/2013
As Pontes



A entidade pontesa presenta un riguroso traballo de documentación no que expón as diferentes cuestións que afectan ao patrimonio cultural da localidade pontesa. Nel analízanse pormenorizadamente as orixes da destrución patrimonial no concello, o papel das administracións públicas, algúns aspectos relacionados coa lexislación en materia de conservación e protección do patrimonio, así como as principais problemáticas e potencialidades dos recursos culturais locais.



O informe denuncia ademáis os incumprimentos por parte do Laboratorio de Investigacións Arqueolóxicas e o propio concello, en materia de divulgación da información científica xerada polo laboratorio no marco de varios convenios de colaboración anuais e a perda desta información xerada durante catro anos con diñeiro público. O documento que sinala que o orzamento co que contaba o LIA para o ano 2003 ascendeu a 150.000 euros, ampliados en anos sucesivos ata acadar a cifra de 300.000 euros, denuncia que a día de hoxe, o Concello de As Pontes, non conta cos datos recopilados polo laboratorio nos seus 4 anos de funcionamento e comprometidos por convenio.


O documento aclara tamén as circunstancias que motivaron a paralización das obras no casco histórico de As Pontes e o papel que xogou a entidade na defensa do patrimonio cultural da vila. A Ponte dos Ferros, a Fonte das Boliqueiras e o Cristo da Penamoura son algúns dos elementos afectados recentemente aos que se fai referencia no informe.




23/01/2013

O patrimonio arqueolóxico da mariña lucense, en risco pola industria do eucalipto e a descoordinación da Xunta de Galicia

Mariña Patrimonio
ADEGA
23/01/2013
Lugo





Dende o ano 2008 Mariñapatrimonio e ADEGA veñen denunciando todas as agresións e destrucións ao patrimonio cultural das que van tendo noticia. Até o día de hoxe levan presentado máis dunha ducia de denuncias, nove delas debidas a danos ocasionados polas cortas e posteriores repoboacións do monte de eucalipto en xacementos arqueolóxicos; catro destes xacementos inventariados e, polo tanto, protexidos pola lei. 

Na Mariña, como no resto do territorio galego, a meirande parte do patrimonio arqueolóxico que se destrúe débese á industria do eucalipto. Un exemplo ben ilustrativo da magnitude que acada esta destrución témolo no concello de Xove. O concello de Xove é o único da Mariña cun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) aprobado definitivamente, no que se poden consultar as fichas co patrimonio arqueolóxico do concello. Evidentemente non recolle todos os xacementos arqueolóxicos existentes, os cales se irán incorporando a medida que se descubran. 

No catálogo do PXOM de Xove atópanse 32 xacementos catalogados, dos cales 21 están plantados de eucalipto. Destes 21 xacementos, 4 xa non existen “posiblemente como consecuencia dos labores forestais”, tal e como recoñecen os técnicos que elaboraron o PXOM. O dramático desta situación é que no prazo duns vinte anos, que é o prazo da corta dos eucaliptos, terán desaparecido os 17 restantes.  

A Lei de Patrimonio recolle que estes xacementos están protexidos e, por tanto, penada a súa destrución. A Xunta de Galicia é a encargada de protexer os xacementos e de sancionar as persoas que os destrúen. A maioría dos propietarios das parcelas onde se atopan xacementos arqueolóxicos descoñecen a súa existencia; no entanto, a Xunta, que coñece cando menos os xacementos incluídos no seu inventario, non informa aos propietarios para evitar que realicen actividades prohibidas en xacementos protexidos. A Xunta tampouco permite a consulta do inventario, malia a que o inventario é público, segundo recolle a lei. 

A mesma Xunta que prohibe o movemento de terras e calquera acción que poida danar un xacemento arqueolóxico protexido e inventariado é a que autoriza as cortas do monte de eucalipto e obriga aos propietarios á posterior repoboación nestes xacementos, labores que na actualidade se realizan con maquinaria pesada ocasionando graves danos no patrimonio. 

A Xunta , que autoriza e prohibe asemade as cortas nos xacementos arqueolóxicos, debería autodenunciarse e automultarse de maneira exemplarizante por ser a responsable de centos de destrucións do patrimonio. Poida que deste xeito a Consellaría de Cultura informase á de Medio Rural onde hai xacementos e Medio Rural, pola súa banda, informase a Cultura onde se van facer talas, o que evitaría as constantes desfeitas do patrimonio de todos e todas. 

Mentres esta necesaria coordinación non exista, iremos vendo como os xacementos de Xove, igual que os do resto de Galicia, se van destruíndo. Entre tanto, ADEGA e Mariñapatrimonio continúan co seu labor de denunciar as agresións contra o patrimonio e veñen de presentar seis novas denuncias por posibles danos ao patrimonio cultural da Mariña das que se achega a seguinte información: 

Coto dos Castros 
• No xacemento arqueolóxico Coto dos Castros,Polígono 503- Parcela 287/290, concello de Mondoñedo e Polígono 3- Parcela 191/192 ,concello de Lourenzá (Lugo) foi efectuada unha tala do monte de eucaliptos. 

 • Como consecuencia desta tala, comprobamos que na zona noroeste deste xacemento, nas parcelas 287/290 do polígono 503, foron destruídos totalmente 120m do sistema defensivo (parapeto e foxo). Os materiais do parapeto foron utilizados como recheo do foxo para achaiar e aumentar a superficie de plantación de eucaliptos. 

• Na zona suroeste, parcela 191/192 do polígono 3, como consecuencia doutra tala e repoboación, comprobamos que houbo remocións de terra con maquinaria pesada nun sector do parapeto. 

Coto da Croa 
• No xacemento arqueolóxico O Coto da Croa, parroquia de Santa Cilla, concello de Foz (Lugo),foi efectuada unha tala e repoboación do monte de eucaliptos. 

• Como consecuencia desta tala e repoboación, comprobamos que na parte intacta da croa, (outra parte fora destruída por unha canteira) abriuse con maquinaria pesada un acceso polo parapeto para entrar no interior da croa, que foi totalmente arada con profundos e anchos sucos, quedando á vista numerosos fragmentos de cerámica castrexa. 

Castro Loureiro 
• No xacemento arqueolóxico Castro Loureiro, parroquia de Chavín, concello de Viveiro (Lugo) GA27066012 foi efectuada unha tala do monte de eucaliptos. 

• Como consecuencia desta tala, comprobamos a posible afectación deste xacemento protexido pola lei.  

A Croa 
• No xacemento arqueolóxico A Croa, parroquia de Landrove de Viveiro , concello de Viveiro (Lugo) GA27066011, foi efectuada unha tala e repoboación do monte de eucaliptos. 

• Como consecuencia desta tala, comprobamos a posible afectación deste xacemento protexido pola lei.  

Os Castro de San Caetano 
• No xacemento arqueolóxico Os Castro de San Caetano, parroquia de Celeiro de Mariñaos concello de Barreiros (Lugo), foi efectuada unha tala e repoboación do monte de eucaliptos. 

• Como consecuencia desta tala e repoboación, comprobamos que houbo remocións de terra con maquinaria pesada que abriu numerosos furados de 2m x 1,5m nun sector do parapeto deste castro protexido pola lei. 

Os Castros 
• No xacemento arqueolóxico Os Castros, parroquia de San Pedro de Viveiro , concello de Viveiro (Lugo) GA27066009, foi efectuada unha tala e repoboación do monte de eucaliptos. 

• Como consecuencia desta tala e repoboación, comprobamos que houbo remocións de terra con maquinaria pesada que abriu numerosos furados por toda a superficie deste xacemento protexido pola lei.


14/01/2013

Rejeitamento á construçom dum parque eólico no Morraço

galizalivre.org
29/11/2012
Marim

Diante da presentaçom do projeto de parque eólico de Pedras Negras por parte da empresa Enel Green Power Espanha nos Concelhos de Moanha, Marim e Vila-boa, queremos manifestar a nossa total oposiçom a este projeto. De se levar adiante afetaria negativamente os Montes do Morraço, um importante espaço natural, atualmente protegido polas normas subsidiarias provinciais. 

Este projeto está promovido por umha multinacional italiana, Enel Green Power, que já foi condenada por delito ambiental na construçom doutros parques eólicos noutras zonas do estado espanhol, polo que non está garantida a preservaçom do meio nem dos importantes xacementos arqueológicos afetados. 

Temos que lembrar que no primeiro documento elaborado pola empresa incluía Marim, Vila-boa e Moanha na província de A Corunha, o que pom de manifesto a falha de rigor dos documentos elaborados por esta empresa. 

A construçom de 14 moinhos vai alterar gravemente umha zona de importantes restos arqueológicos, valores naturais e paisagísticos. No próprio projeto em exposiçom pública reconhece-se a afetaçom de catorze xacementos de jeito “moderado” e severo. Os catorze aerogeradores som de grandes dimensons (119 metros de altura de buxe e 112 metros de diâmetro de rotor), ocuparam una superfície de 17×17 metros cada um. Suporam a apertura de novas vias e ampliaçom em ancho de pistas florestais existentes, por um total de 17.302 metros, 15.702 metros de gabias para instalaçom de cable eléctrico e de comunicaçons, assim como a construçom dumha subestaçom eléctrica. 

As áreas naturais de monte Formigoso, cham de Arquinha, cham de Gagam, cham de Gestoso, Serra Domego, cham da Carqueixa, cham de Pedras Negras, Os Candons, cham de Goa, Serra Basil e Outeiro da Charamiza, assim como Monte Faro de Domaio e Coto do Home os montes mais altos da península do Morraço, veriam-se afetados polos movimentos de terra e a construçom de pistas de aceso. Assim como os nascimentos dos rios Loira, da Fraga, Minhouba e Rio-maior, estes dous últimos com saída na sua desembocadura dentro do LIC da enseada de Sam Simom. 

Por moitas medidas corretoras que proponha a empresa para proteger o entorno natural e os xacimentos arqueológicos, estes nom vam estar exentos de alteraçom e perigo de desapariçom. Ademais, está reconhecida a gram mortandade de aves que provocam os aerogeradores sem que existam medidas corretoras que o evitem. 

Desde o punto de vista econômico estamos ante um projeto especulativo baseado nas quantiosas subvençons que pode receber a empresa por construir o parque eólico, quartos que nom se vam reinvestir na comarca. Pola contra, a afetaçom econômica ás comunidades de montes de marim, Vila-boa e Moanha seria grande ao nom poder desenvolver a explotaçom florestal e perder o uso dumha grande extensom de terreio. Na prática, e amparada pola legislaçom existente, a empresa fara-se com os terreios que precise por um prezo irrisório. Bem pola expropiaçom ou por um arrendamento, em funçom dos interesses de Enel Green. 


Economicamente para os nossos concelhos seria um investimento gravoso. Temos que ter em conta, a maiores, que a energia produzida vai ser adicada á exportaçom e non beneficiará ao consumo doméstico ou empresarial do Morraço, nem tam sequer com umha reduçom no prezo da eletricidade. 

Temos que lembrar que a zona é empregada para a prática do parapente, sendo Pedras Negras umha zona de despegue habitual. O Morraço conta com umha das associaçons mais importantes para a prática desta atividade de toda Galiza com sócios do Morraço, Pontevedra, Vigo, Vila-garcia e Ourense que se desprazam á nossa comarca, sendo uns magníficos embaixadores dos nossos valores naturais e paisagísticos. 

Demandamos dos concelhos de Marim, Moanha e Vila-boa que se posicionem contra este negativo projeto e demandem da Xunta de Galiza, que é a administraçom que o tem que autorizar finalmente, que non permita a instalaçom na península do Morraço deste parque eólico. Preservando umha zona de grande interesse meio ambiental e paisagístico. 

Queremos animar a todas as pessoas interessadas em conhecer esta“monstruosidade” a que acudam aos concelhos onde está exposto o projeto e a presentar alegaçons solicitando a sua retirada.


27/10/2012

DefendeOMorrazo denuncia o estado de abandono do patrimonio arqueolóxico do concello de Marín

defendeomorrazo.wordpress.com
23/10/2012


Diante do anuncio da aprobación do goberno municipal do PP de licenza urbanística para a apertura do centro de interpretación dos petróglifos de Mogor temos que salientar que a maioría do patrimonio arqueolóxico marinense está abandonado e parte del desprotexido polas mesmas administracións que por convenio proxectaron o mesmo centro, a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Patrimonio e o propio Concello. 

A aprobación da licenza deste centro, que non podemos deixar de cualificar como interesada e electoralista en plena campaña electoral, foi feita sobre un proxecto elaborado polos anteriores gobernos bipartitos autonómico e municipal do BNG-PSOE, que intenta ocultar unha situación real moi distinta. 

Os petróglifos de Mogor son os únicos postos en valor dentro de máis dunha ducia de petróglifos da Idade do Bronce inventariados e catalogados como Ben de Interese Cultural (BIC) por todo o municipio (Mogor, Sete Espadas, Pornedo, A Carrasca, Champás, Pinal de Caeiro, Moreira, Penizas, Bosque do Cadro, Godalleira, Laxe da Eira dos Mouros, Laxe, Sete Camiños). 

Sumados a estes estanse descubrindo máis ultimamente que están en proceso de valoración pola Dirección Xeral de Patrimonio para a súa posterior catalogación, feito que temos que denunciar se está a levar con demasiada lentitude e burocracia. 

Grande parte deses petróglifos forman parte da paisaxe e do medio ambiente e natural no que están encravados, xeralmente en solo rústico de especial protección, incluído o propio patrimonial. 

Non entanto, e ao contrario do que sucede co patrimonio cultural civil e relixioso, a grande maioría do patrimonio cultural arqueolóxico de fases históricas máis antigas (paleolítico, neolítico, calcolítico, Idade do Bronce, Idade do Ferro ata o Medievo) onde alén dos petróglifos estarían tamén representadas mámoas, asentamentos, castros, pedras fincadas e achados, está sendo na realidade desprotexido xa que de máis de 40 xacementos catalogados só houbo unha posta en valor de tres, a parte do xa citado dos petróglifos de Mogor, a do castro da Subidá e a da mámoa de Chan da Armada. 

A maior parte dos petróglifos, que unha vez catalogados pasan a ter a maior figura de protección cultural autonómica, BIC, polo contrario a causa da falla da súa posta en valor e do abandono, rematan por unha parte ocultos pola vexetación e os movementos de terra facéndoos practicamente ilocalizables, ou pola outra, e a costa do seu descoñecemento xeral a nivel público, quedan expostos a calquera tipo de afección ou agresión pola actividade humana (forestal, construción de infraestruturas, motorización deportiva, …). 

Un destes últimos casos sucedeu recentemente cando o propio Concello de Marín promoveu sen autorización da Dirección Xeral de Patrimonio unha proba de trial dentro da finca do Bosque do Cadro, onde existe un dos complexos rupestres inventariados e catalogados a nivel municipal. 

Esa fase de abandono e desprotección do patrimonio arqueolóxico por parte das administracións competentes, en especial do Concello de Marín, tamén adoita estar relacionada coa especulación urbanística e o exemplo máis claro e evidente a nivel marinense témolo co proxecto de parque empresarial que o mesmo Concello propón para o Monte Pornedo, cunha afección severa ou crítica para a área de protección dos petróglifos do Pornedo e os Sete Camiños e a presenza de dous xacementos en proceso de catalogación, os da mámoa dos Sete Camiños e do Abrigo Rochoso de Catadoiro, máis a proximidade de conxunto de gravados rupestres de Piñeiral do Caeiro, Conxunto de gravados rupestres do Regato dos Buratos – Outeiro da Mina, Petróglifo da Cachada do Vello, Petróglifo de Pumariño, Complexo Rupestre da Carrasca, Complexo Rupestre de Champás, Mámoa de Cavada do Pito, que fan desta zona, lindante entre os concellos de Marín e Pontevedra, unha importante área arqueolóxica que motivou o deseño do “Proxecto de Creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños”. A creación da citada área empresarial como parque loxístico Marín-Pontevedra hipotecaría as posibilidades dunha futura posta en valor desta zona como espazo arqueolóxico. 

Ou o caso da pedra fincada megalítica de Currás, a única enteira das poucas atopadas ata agora en Galicia, tamén con presencia de gravados rupestres, que despois de ser afectada no ano 2003 polas obras da variante de Marín foi trasladada posteriormente do seu lugar orixinal ata unha finca particular, xacendo esquecida sen ningunha referencia nin posta en valor por parte da Dirección Xeral de Patrimonio. 

Os dous primeiros exemplos do Bosque do Cadro e do Monte Pornedo con xacementos dentro do espazo natural dos Montes do Morrazo máis o da pedra fincada de Currás dan fiel reflexo da pouca preocupación da Xunta e da actitude mesmo neglixente por parte do Concello polo patrimonio arqueolóxico marinense. 

O centro de interpretación dos petróglifos de Mogor só viría encubrir a situación real de desprotección e abandono do patrimonio no Concello de Marín, nuclearizando a posta en valor nunha mínima parte do mesmo, que aínda que importante, non pode deixar de lado ao resto do amplo, rico e variado patrimonio arqueolóxico. 

É totalmente paradóxico que este centro vaia servir de interpretación museística dos petróglifos de Marín cando a maioría deles están na realidade abandonados e algúns incluso desaparecidos. 

A construción dese centro de interpretación non deixou de ser unha pantalla virtual e turística que afectou a propia área de protección dos petróglifos de Mogor e que supuxo un desembolso de máis de 200.000 euros, aos que haberá que engadir mobiliario e mantenemento tras a súa posta en funcionamento. 

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo demanda e esixe inversións pero nunha real e auténtica protección e posta en valor da totalidade do importante e variado patrimonio cultural e arqueolóxico do concello de Marín.


28/06/2012

Denuncian a afección dunha construción para un depósito a un castro de Manduas

Faro de Vigo
28/06/2012
Lalín

Veciños da comarca denuncian a construción dunha caseta para albergar un depósito de auga na cima do Coto do Castro, na parroquia silledense de Manduas. A edificación, levantada na cima do terraplén ao lado sur do castro, afecta a un xacemento arqueolóxico importante. "Nos tempos actuais resulta impensable que leven a cabo actuacións tan negativas contra o patrimonio", subliña o xeógrafo lalinense Antonio Presas, consultado respecto desta actuación.

 
Imaxe da construción levantada na parte Sur do castro

A caseta foi levantada durante este ano, segundo reza unha inscrición realizada no cemento que lle serve de base. Está feita de bloques de formigón e sen ningún tipo de revestimento, polo dagora, o que incrementa o contraste co espazo natural que a rodea. Os que dan a coñecer os feitos consideran "ilegal" a construción, promovida por algún veciño da aldea próxima para albergar un gran depósito de auga de abastecemento doméstico.

Características
O Castro de Manduas, coñecido como Coto do Castro, está preto da aldea de Santirso de Manduas á que dá nome. Segundo o mapa topográfico do Instituto Xeográfico Nacional, atópase a unha altura de 373 metros, na marxe esquerda do río Toxa e a unha distancia mínima de 250 metros do devandito curso fluvial. Un dos aspectos máis importantes do castro é o seu emprazamento nunha "zona agrícola de gran fertilidade" e cun "clima dulcificado pola súa reducida altitude", onde os "efectos das xeadas son menos intensos" que nas áreas máis elevadas, explica Presas.

A estrutura do castro é "bastante simple", segundo o estudioso, que a describe así: "Está formado por un recinto superior rodeado dun terraplén, que no pasado debeu rodear completamente devandito recinto e un posible antecastro cara ao sur, é dicir, cara á aldea actual de Castro, pero moi afectado polos traballos agrícolas tradicionais". No seu conxunto trátase dun castro "de reducidas dimensións, que ocupa o alto dun destacado outeiro, que sobresae na contorna aplanada do Val do Toxa", situado por encima da súa famosa fervenza.

O castro é coñecido tanto pola veciñanza como polos investigadores, xa que aparece rexistrado por primeira vez nos manuscritos do Pai Sobreira (finais do século XVIII); posteriormente, por Álvarez Limeses (1936), Filgueira Valverde-García Alén e, sobre todo, Xulio Carballo en diversas publicacións.


24/03/2012

Un anaco de historia que se queda


Vai uns días soubemos da noticia de que definitivamente a estela da Pedra Alta quedaba no seu lugar de orixe onde desde vai case un ano os veciños, e asociacións culturais da zona levaban presionando para que quedase na bisbarra, nun futuro museo local.

En toda esta longa reclamación da xente por ser receptora do que sempre foi seu, do seu Patrimonio, da súa memoria, en resume da súa propia identidade e sentido de ser o que son, de comunidade, houbo situacións que mesmo foron duras e difíciles como a decisión do propio descubridor Xosé L. Lozano de non entregar o monolito, aínda baixo ameaza inminente de sanción, a non ser que quedase no lugar.

Hoxe en día esta idea, a de que a xente é, debe ser protagonista do seu Patrimonio e que unha pedra non é só unha pedra senón o que significa, significou e pode significar no seu entorno e entre as súas xentes, triunfou. Daquela nos días das ameazas administrativas o amigo blogueiro "Pequeno Historiador", posteara na nosa entrada da Hora dos Mouros a ligazón á carta que o "descubridor" indocil mandara a Valedor do Pobo e a outras entidades pedíndolles o seu amparo e apoio.

Cremos, que nada define mellor esa relación entre as persoas, a súa historia e o seu futuro, que o dito naquel texto, que porén é o mellor homenaxe que desde aquí lles podemos facer aos Veciños de Castrelo do Val, -calamos agora nós- estas son as súas palabras:


Fai case tres anos que un menhir da Idade de Bronce saíu da terra nunha pequena finca da Galicia rural. Un veciño da localidade, irmán do dono e amante da historia deuse conta do seu valor histórico e asociou o descubrimento cos seus recordos.

Ese veciño son eu, vivo na comarca de Monterrei, na provincia de Ourense. Esta comarca está bendita polo Río Támega, que deu nome as tribos que se encontraron os romanos e as que deron o nome xenérico de “Tamagani”. Mil anos antes dos romanos, un home puliu unha pedra de granito, traída dende varios quilómetros, para facer a forma dun guerreiro, erguido e cas súas armas. Estivo en pé tres mil anos, os últimos corenta baixo terra, antes deso formou parte dun muro, ao pé dunha calzada romana que vai paralela ao río que da vida a esta comarca.

Ese menhir representa unha oportunidade única de axudar a esta comarca, facendo que represente un inicio, o que evitaría que emigrara tanta xente. Eu persoalmente non coñezo a maior parte da miña familia por estar ela en Arxentina de fai setenta anos. A xeración de 1970 a cal pertenzo encóntrase hoxe en Cataluña, Pais Vasco ou o máis ousado en Australia.

Esta razón non sería suficiente para pedir que se quede na comarca, pero se engadimos que en Verín hai tres balnearios de principio do século XX que funcionan como poden,outros dous en ruínas, existe tamén un castelo medieval do século X e que pertence a Casa de Alba. Hai varios castros nun aceptable estado de conservación e que se poden visitar ao estar cerca das vías de comunicación. O Val é tamén unha vía cara Portugal e a porta de entrada a un parque natural de media montaña como é o “Invernadeiro”. Case toda España coñece o entroido de Verín.

Na miña aldea, Castrelo do Val, hai un castro sen escavar e unha necrópole romana onde se atopou unha ara romana cunha inscrición dedicada a un soldado, o primeiro home do que se ten constancia escrita na comarca. Esta estela e mil anos anterior, e tamén deixa constancia en forma de petroglifo doutro habitante da comarca, un guerreiro e posible xefe de clan que foi admirado e recordado polos seus coetáneos.

Son todas boas razóns para que o menhir, chamado “Estela do Guerreiro de Pedralta”se quede. Lamentablemente a lei di que ten que estar nun museo, o Museo Arqueolóxico de Ourense, que leva doce anos pechado, para estar ao lado doutras estelas, partes da historia doutras comarcas, partes que quedan ocultas e descoñecidas para moita xente. Se finalmente e trasladada a capital, toda esta historia perderase, quedará fóra de contexto ó estar acompañada doutros obxectos alleos e ó non poder ver a paisaxe e sentir o clima que rodea cada pedazo de historia.


O Guerreiro segue na súa chaira, PARABÉNS


22/03/2012

Mariña Patrimonio informa dun novo xácigo arqueolóxico na mariña lucense

MariñaPatrimonio
22/03/2012
A Mariña

O pasado mes de novembro MariñaPatrimonio comunicou ao Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia sobre a existencia dun novo xacemento arqueolóxico situado a 300 metros do casco urbano de Foz, no lugar do Carreiro, entre as praias de Llas e a Rapadoira.


Imaxe aérea do castro costeiro do Carreiro en Foz (FOTO: mrpatrimonio)

Trala súa inspección polos arqueólogos de Patrimonio, foi incluída no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Dirección Xeral de Patrimonio coa clave GA27019021 e coa denominación Xacemento O Carreiro- Marzán.

O Servizo de Patrimonio non especifica o período histórico nin de que tipo de xacemento se trata. MariñaPatrimonio opina que hai indicios suficientes para consideralo un castro costeiro. A cerámica atopada no lugar, as estruturas que se atopan á vista e a súa morfoloxía gardan unha gran similitude con outros castros costeiros de Foz e da Mariña. O que diferenza este asentamento é a súa complexidade e o seu gran tamaño.

Detalle dos materiais que conforman os muros do castro (FOTO: mrpatrimonio)

A meirande parte dos castros costeiros aséntanse sobre unha soa península, aínda que se coñecen algúns que ocupan máis terreo e máis dunha península, tales como o de Cangas (Foz) e o de San Tirso (Xove).

O castro do Carreiro esténdese por catro penínsulas cunha extensión de aproximadamente 6 hectáreas, o que o converte nun dos castros costeiros máis grandes da Mariña.

As defensas neste tipo de xacementos, situados no istmo da península, consisten nun sistema de foxos e parapetos que aíllan e protexen o poboado castrexo. Na península máis ao oeste do asentamento do Carreiro obsérvanse tres foxos picados na rocha, na actualidade recheos e tapiados pola construción do paseo marítimo.

Foxo escavado na rocha hoxe soterrado polo paseo marítimo (FOTO: mrpatrimonio)

Na península máis ao leste atópase unha finca estreita e alongada cun forte desnivel, que podería ser parte do foxo e parapeto.

Nas fotos aéreas do "voo americano do 56-57" aprécianse estes foxos e os parapetos; hoxe, lamentablemente, case desaparecidos baixo a estrada que vai de Llas á Rapadoira.

Foto aérea na que se aprecian en vermello varios foxos e parapetos (FOTO: mrpatrimonio)

Na zona dos cantís pódense ver varios muros das cabanas do castro, muíños e cerámica común de tradición indíxena. Tamén se atopan numerosos fragmentos de cerámica construtiva con armazón vexetal, vinculada con fornos posiblemente de actividade metalúrxica. Neste castro hai unha mina, disque de ouro, que foi tapada no ano 1994 ao construír o paseo marítimo.

A tradición oral cóntanos da existencia dunha cova no Pico do Castro de Foz a un quilómetro do Carreiro. Esta furada tería dúas saídas, unha iría ata o Cu do Castro (castro de Llas) e outra ata O Carreiro.

Muíño encastrado nun dos muros do castro (FOTO: mrpatrimonio)

A estrada Llas- Rapadoira destruíu unha boa parte do sistema defensivo, a construción do paseo marítimo tamén lle afectou negativamente e sobre o xacemento levantáronse catro vivendas unifamiliares; malia todo isto, O Carreiro mantén moitas hectáreas, presumiblemente intactas, que deben ser protexidas porque a protección e unha adecuada xestión do noso patrimonio supón unha riqueza cultural que atrae o turismo e, en consecuencia, reporta beneficios económicos.

Lei de Costas ? (FOTO: mrpatrimonio)




20/03/2012

Achados restos prehistóricos nas obras da autovía en Baio

La Voz de Galicia
11/03/2012
Carballo

Restos arqueolóxicos de máis de catro mil anos de antigüidade foron descubertos recentemente en plena obra da autovía da Costa da Morte, entre Carballo e Berdoias. En concreto, apareceron nos traballos previos á construción o que parecen evidencias dun asentamento prehistórico.

Á espera dun estudo máis detallado que se está elaborando (e que analizará a Dirección Xeral de Patrimonio), correspondería a un poboado situado nun período entre o Calcolítico (ou Idade de Cobre) ata a Idade de Bronce. Cronoloxicamente, entre finais do cuarto e inicios do segundo milenio antes de Cristo.

Este asentamento atópase na zona coñecida como O Valouco, na parroquia de Baio (non lonxe da igrexa vella e cara ao oeste), do que xa constaba a existencia dunha mámoa, tanto no plan urbano do Concello de Zas como na documentación avaliada a principios do 2009 pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental para o desdobre da vía entre Zas e Vimianzo, nunha distancia de 16,46 quilómetros, resolvendo que non era necesaria unha declaración de impacto ambiental.


Logo das análises realizadas desde o mes de outubro por un equipo de arqueólogos houbo varios achádegos. Destaca, segundo a información proporcionada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a localización de once fondos de cabana (só a pegada, sen estrutura) de varias tipoloxías e dimensións, ademais de nove gabias lonxitudinais «de dubidosa adscrición, tanto cultural como cronolóxica, e funcionalidade». Tamén apareceron 27 fosas circulares ou ovaladas dispersas, 35 buracos de poste, unha estrutura de combustión, un fogar e unha estrutura indeterminada, formada por grandes lajas graníticas.

O material arqueolóxico recuperado nestes traballos «é reducido», con 62 pezas cerámicas e 21 líticas (pedras).

Os traballos de escavación arqueolóxica realizados ata o momento consistiron no rexistro, documentación e escavación das estruturas de Valouco, nunha área situada entre os puntos quilométrico 0,240 e 0,480 (desdobre de Baio a Vimianzo), abarcando unha superficie aproximada de 11.650 metros cadrados, algo que permitiu «coñecer a estratigrafía e potencialidade arqueolóxica do subsolo», indican os arqueólogos no informe remitido á Consellería de Medio Ambiente.

Valoración realizada
Os expertos engaden: «Á vista dos resultados obtidos, desde o punto de vista patrimonial consideramos que o xacemento de Valouco foi o suficientemente valorado tras escavar, rexistrado e documentado en planta todas as estruturas arqueolóxicas localizadas na área de ocupación». Mentres se elabore o informe arqueolóxico, o arqueólogos manteñen «a cautela» sobre a superficie indicada.

Os arqueólogos recuperaron 62 pezas cerámicas e 22 líticas, entre outros achádegos.



08/03/2012

Denuncian que un petróglifo de Cangas mudou nun vertedoiro incontrolado

culturagalega.org
7/03/2012
Santiago


Lixo no petróglifo das Abelaires en Cangas do Morrazo

O petróglifo das Abelaires, ubicado en Cangas do Morrazo, case nos lindes do territorio municipal, ten mala sorte por dous motivos: estar ao carón dun camiño e nas proximidades do Punto Limpo de Cangas. Así que cando o Punto Limpo está pechado, algúns dos veciños con poucos escrúpulos botan o lixo sobre a laxe dos petróglifos. A Agrupación Micolóxica Naturalista Liboreiro denunciou os feitos e solicitou ao concello de Cangas a limpar o contorno, colocar unha barandilla de protección e paneis informativos.


Outra perspectiva do vertedoiro incontrolado do petróglifo


02/02/2012

V Xeira Románica

osorrisodedaniel.blogspot.com
31/01/12
Compostela

Cando?
O domingo 12 de febreiro imos a Lugo!

O Programa?
10.30h. Xuntámonos diante da Facultade de Veterinaria de Lugo (Avda Carballo Calero SN).
11.00h. Santa Baia de Bóveda.
12.30h. San Miguel de Bacurín. Se hai tempo antes de xantar daremos un paseo pola Muralla da bimilenaria Lucus Augusti.
14.30h. Xantar.
16.00h. Visita á Catedral de Lugo.

Quén nos guía?
Carolina Casal (a nosa Carola).
Poderá amosarnos así a Casa na que agora traballa. Porque -para os que non estean informados- trocou hai uns meses os claustros de Samos polas naves da Catedral de Lugo. Seguro que esta nova xa chega tarde porque saberedes que hai pouco comisariou unha exposición na Catedral -xunto con D. César Carnero-. Esta exposición forma parte da visita da tarde.

Hai o ruxe-ruxe de que D. César Carnero -responsable de Patrimonio da diócese de Lugo- se non lle xorde algunha actividade de última hora que llo impida tamén nos acompañará.

Canto custa a actividade?
15€ para socios.20€ para non socios.Este prezo inclúe o xantar en Casa Manjer.Primeiro prato: variado de Polbo, Empanada e Tortilla.Segundo prato: a escoller entre carne de agulla asada ou peixe do día.Postre e bebidas.

Eh, e se non queremos xantar co grupo?
Daquela non hai máis que avisar de que faremos o xantar pola nosa conta. Aínda que advertimos que a compaña sempre mellora sensiblemente a calidade das viandas. Nese caso os asistentes só terán que abonar 5€.

Cómo me anoto?
Envía un mail a osorrisodedaniel@gmail.com cos seguintes datos:a) Nome e apelidos de cada unha das persoas que asistan.b) Enderezo electrónico de cada unha das persoas que asistan.c) Tfno móvil de cada unha das persoas que asistan.d) Aclaración de se no segundo prato se prefire peixe do día ou carne asada.

Hai prazas limitadas?
Si. Tanto Santa Baia de Bóveda como a visita que imos facer á catedral obríganos a limitar o grupo a un máximo de 40 persoas.

Hai unha data límite para se anotar?
O 10 de febreiro.

25/01/2012

Dúas lousas da mámoa do Chan da Armada levan catro anos con pintadas

La Voz de Galicia
24/01/2012
Marín

Un grafiti cunha vistosa pintura azul aínda afea dúas lousas da mariñense Chan da Armada desde fai polo menos catro anos. Patrimonio anunciou no 2009 que estaba avaliando cómo reparar os danos causados no monumento prehistórico, pero ata a actualidade non se levou a cabo ningunha intervención para devolver ás lousas afectadas o seu aspecto primixenio. Por outra parte, o abandono do conxunto megalítico é evidente ante calquera visita. Non hai ningún cartel explicativo que aclare a importancia do xácigo e a braña medra ceive polo pequeno peche de madeira, que tamén ofrece unha imaxe de deterioro, acrecentado por un transformador de cemento e tella e un poste a poucos metros de distancia.


Pintadas na cámara megalítica da Mámoa do Chan da Armada

Chan da Armada é unha das mámoas emblemáticas da arqueoloxía galega, porque xunto coa moañesa Chan da Arquiña e a Mámoa do Rei, en Vilaboa, foi obxecto dalgunhas das primeiras prospeccións científicas na provincia, a cargo de Carlos Sobrino. Este monumento prehistórico, varias veces milenario, foi rehabilitado por un equipo dirixido polo arqueólogo Xoán Carlos Castro no 2008. Foi a última intervención da Xunta neste conxunto prehistórico. Nesa escavación, puidose determinar o mal estado dalgunhas das pezas, o que aconsellou naquel intre non repoñer a cuberta, ante o temor de que algunhas das lousas cedese e puidese acabar quebrando e desestabilizando todo o conxunto.


29/09/2011

A Xunta di que o castro de Taramancos non ten relevancia

La Voz de Galicia
28/09/2011
Noia

O asentamento castrexo de Taramancos, descuberto o pasado maio durante as obras de construción da variante de Noia e que coincide co trazado desta rede viaria, ten os días contados. O motivo? Segundo explicou onte o Goberno galego, a falla de "relevancia arqueolóxica e o deterioro" do xácigo. Desde maio os arqueólogos estudan estos restos baixo a supervisión da Dirección Xeral de Patrimonio, pero todo apunta a que o castro rematará os seus días catalogado, documentado e, en parte, almacenado nalgún outro lugar co obxectivo de completar a información sobre a Idade do Ferro e do Bronce no Barbanza.


A alarma saltou en Noia cando o alcalde, Rafael García Guerrero, denunciou que unha das vivendas xa escavadas e de planta circular "desaparecera" logo da actuación das escavadoras que traballan na construción da variante. A Xunta desmentiu esta acusación asegurando que foi o equipo de arqueólogos que traballan na zona restrinxida o encargado de proceder á súa retirada. As mesmas fontes sinalaron que a vivenda foi illada para profundizar nos traballos, xa que segundo parece, existe constancia de que hai restos máis antigos soterrados nesa parcela.


García Guerrero apuntou que "a decisión de eliminar os restos está tomada desde o primeiro intre" e que "coa excusa de escavar baixo as edificacións castrexas e romanas, estase a desmontar todo, coa perda irreversible que supón para Noia".

23/09/2011

Cultura expedienta a Lugo por destruir un sistema romano de calefacción

El País
16/09/2011
Lugo

A Dirección Xeral de Patrimonio, da Consellería de Cultura, iniciou o pasado mércores os trámites para a incoación dun expediente sancionador contra o Concello de Lugo por acometer unha obra sen o Plan de Seguimento Arqueolóxico. Os traballos afectaron a un sistema de calefacción romana, co que os antigos moradores de Lugo quentaban as súas casas. Devandito informe, que debe elaborar o consistorio e autorizalo a consellería, é obrigatorio para todas as accións que comporten movemento de terras dentro do ámbito de protección do Plan Especial de Protección, Rehabilitación e Reforma Interior (Pepri) do recinto amurallado da cidade.

A actuación incluída no proxecto de mellora da iluminación pública da Praza de Santo Domingo, inaugurada precisamente onte, comezou en xaneiro do presente ano baixo a dirección política da Concellaría de Infraestruturas, que estaba dirixida polo socialista José Piñeiro. Nesa data, e cando se realizaban labores de perforación do chan, técnicos independentes e da xefatura provincial da Consellería de Cultura observaron, segundo o gabinete de comunicación deste organismo, "indicios" dunha posible destrución de parte dun hipocausto romano, mecanismo que servía para quentar as habitacións das casas dos antigos habitantes da cidade.

Segundo denunciou a Xunta no seu día, unha vez iniciada a escavación apareceran restos "parcialmente destruídos", algúns dos cales habían ir a parar a un "colector de cascallos".

Imaxe das obras que destruiron os restos arqueolóxicos

Tras indagar a situación legal da obra, e en vista de que non había constancia de que existise o Plan de Seguimento Arqueolóxico, a xefatura provincial de Cultura decidiu ordenar ao Concello o día 13 de xaneiro a paralización dos traballos. Posteriormente, as obras reiniciáronse tras presentarse o devandito plan.

Segundo a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, estes feitos constitúen unha infracción grave, ao realizarse unha intervención nun ben declarado ou catalogado sen a preceptiva autorización da Consellería de Cultura. Esta mesma normativa establece unha sanción de entre 60.101 e 150.253 euros para este tipo de casos.

Técnicos "supervisando" a dimensión dos danos

Mentres se espera unha decisión definitiva, desde o Concello, a actual edil de Infraestruturas, a nacionalista Paz Abraira, confirmou que "a obra comezara sen o control arqueolóxico correspondente", pero en todo caso, "o Goberno local presentará as alegacións correspondentes ao expediente". A edil do BNG aseverou que o goberno local "debe dar exemplo" no cumprimento das normas, e por iso, a partir de agora, farase un "estrito" control arqueolóxico de todas as obras na zona afectada polo Pepri.

Pola súa banda, o Partido Popular, a través do seu concelleiro Isabel Devesa, criticou as "desastrosas" consecuencias económicas que supón para os cidadáns a "mala xestión" que fai o Goberno local ao levar a cabo as súas actuacións.

13/06/2011

Dies Irae. Castigo político ao arqueólogo Ángel Villa Valdés

Estado dos materiais de Campa Torres ao ser atopados

Reproducimos aqui a carta publicada no xornal asturiano La Nueva España polo arqueologo Jorge Camino Mayor, na que se da conta da persecución politica a que esta sendo sometido o arqueologo Angel Villa Valdes, coñecido polo seu exemplar traballo a fronte do Projecto arqueológico do Eo-Navia, desde que destapara a situación dos materiais arqueolóxicos do castro de Campa Torres (Xixón)


«Dies irae»: Castigo político al arqueólogo Ángel Villa Valdés

Análisis crítico de la sanción originada por el hallazgo en un sótano de 300 cajas de piezas del yacimiento de la Campa Torres

Por JORGE CAMINO MAYOR
Arqueologo del Museo Arqueológico de Asturias


Finalmente se acabaron cumpliendo las peores expectativas y la consejera de Cultura, Mercedes Álvarez, ha resuelto sancionar al arqueólogo Ángel Villa Valdés con una suspensión de empleo y sueldo por un período de tres meses. El daño real de la decisión de la Consejera no se limita a ese castigo, del que quedará constancia en su expediente laboral, sino que han de tenerse en cuenta el sufrimiento personal y el coste económico acarreados por el largo procedimiento que hubo de afrontar y que continuarán con los consiguientes recursos jurídicos, incluidas las acciones judiciales que pudieran derivarse contra los funcionarios que con su arbitrariedad hayan podido caer en prevaricación. No hay que olvidar que el arqueólogo lleva un año de baja en tratamiento médico desde que los políticos de la Consejería iniciaron una incomprensible persecución laboral que desembocó en la privación, también extensiva a todo el equipo investigador, del estudio de los castros de la cuenca del Navia, en los que desarrolló un brillante y extenuante trabajo durante los últimos 15 años.

No hay duda alguna que nos encontramos ante una de las más injustas y arbitrarias decisiones adoptadas por la Consejería de Cultura desde la existencia del Gobierno autonómico. Bajo un punto de vista jurídico deben subrayarse, en primer lugar, la inexistencia de una causa real inculpatoria y, en segundo lugar, la acumulación de parcialidades administrativas de la parte instructora que impidieron la incorporación de las pruebas alegadas por la defensa y que convierten el procedimiento en un acto carente de las más elementales garantías legales, tal como corresponderá demostrar ante instancias judiciales.

Un sintético resumen de los hechos pone de manifiesto la absurdidad de todo este acontecimiento. Como es bien sabido, Ángel Villa, experto asesor del proyecto del Museo Arqueológico, fue quien requirió ante instancias del Ayuntamiento de Gijón la búsqueda de la colección arqueológica de la Campa Torres, cuyo paradero era desconocido, iniciativa que culminó con el descubrimiento en instalaciones municipales de un escondrijo subterráneo formado por más de 300 cajas en un penoso estado de conservación. A pesar de corresponder al Ayuntamiento de Gijón el procedimiento administrativo subsiguiente, la Consejería de Cultura abrió expediente disciplinario contra Ángel Villa Valdés por no comunicar el hecho a su superiora inmediata, reprobando por contra que lo hubiera hecho al Museo Arqueológico de Asturias, cuya directora fue por lo mismo expedientada y, por último, cesada. Se da la «casualidad» de que aquella «superiora inmediata», que fue parte de cargo en dichos expedientes disciplinarios, sería nombrada a continuación directora del Museo. Además, contraviniendo una resolución de la Fiscalía del Tribunal Superior de Justicia de Asturias que señaló al director de las excavaciones, Francisco Cuesta, como responsable de la ocultación que constituye un delito contra la ley de Patrimonio Cultural de Asturias, la Consejería de Cultura no inició acción alguna contra él amparándose en un informe exculpatorio realizado por un arqueólogo que, también «casualmente», acaba de ser designado «a dedo» alto cargo del citado Museo.

De nada han servido las innumerables declaraciones públicas de arqueólogos de toda España e inclusive del extranjero, hasta donde alcanzaron los ecos de esta infausta situación, entre ellas la de los miembros del Comité de Asesoramiento Científico para la renovación del Museo Arqueológico, constituido por la propia Consejería de Cultura, que explica cómo la actuación de Ángel Villa se desarrolló en el seno de dicho Comité y con pleno conocimiento de éste, lo que es motivo necesario de su exculpación. Tampoco sirvieron de nada las no menos significativas acciones sociales y políticas, entre las que debemos recordar el pronunciamiento de todos los partidos en la Junta General del Principado, excepto del PSOE, en contra de dicho expediente.

Es tan contradictoria la posición de la Consejería que nadie hasta ahora ha sabido entender su relación con los sucesos, y ningún político ha querido y podido explicarla. Baste decir que hasta la tipificación de las pretendidas infracciones que se le imputan a Ángel Villa han sido modificadas en el curso del procedimiento por la instructora del expediente, quedando ahora materializadas bajo la formulación de una «mala voluntad contractual», abstracto y ambiguo concepto en el que puede tener cabida cualquier cosa y cuyo único sentido es el de permitir a la parte instructora que motive lo que le venga en gana. Todavía supone más extrañeza la vehemencia aplicada por la Administración en este asunto frente a la conocida ligereza con que ha tratado las materias que constituyen el objeto de sus competencias. Por si fuera poco, esta grave decisión es adoptada en los últimos estertores de un Gobierno en funciones al que los ciudadanos han retirado su confianza, entre otras principales razones por su aciaga gestión cultural y por las acciones agresivas ejercidas contra destacadas instituciones y personas vinculadas a la cultura asturiana.

De todo ello se pudiera pensar que nos encontramos ante una medida política estrictamente punitiva dirigida a castigar a una persona de probada objetividad profesional y de reconocido prestigio nacional en el campo arqueológico, pero consiguientemente incómoda para unos políticos que hacen del servilismo y del clientelismo personal (una mala reinvención de la devotio ibérica) su modelo de comportamiento. Una medida, que para mayor abundamiento de la torpeza que la inspira, es adoptada como una coz en los últimos días de un gobierno desautorizado y acosado por la Justicia ante gravísimos casos de corrupción y flagrantes irregularidades administrativas constantemente revocadas en los tribunales. Una decisión completamente inútil para lo sustancial, esto es: la determinación de la responsabilidad del zulo de la Campa Torres y la evaluación y subsanación de los daños ocasionados sobre un tesoro patrimonial sobre el que, transcurrido más de un año desde su aparición, nada más se ha vuelto a hacer.

Sin embargo, creo que esta resolución no obedece solo a un mero ejercicio de maldad: mediante ella se pretende eliminar al mejor candidato para ocupar uno de los puestos del Museo Arqueológico de Asturias que la Consejería de Cultura ha creado y así consolidar el reciente nombramiento de dos altos cargos que se han distinguido por sospechosas actuaciones administrativas que deberán ser esclarecidas en el futuro. Una operación, en definitiva, como la realizada en el Museo de Grandas de Salime que condujo a la destitución de Pepe el Ferreiro y al nombramiento, en su lugar, de un mero acólito del Partido Socialista.

En suma, nos encontramos ante un castigo despótico ejercido con prepotencia y autoritarismo por unos cargos políticos que representaron a una soberanía popular que se tilda a si misma de izquierdas. De lo que no albergo duda alguna es de que, si viviéramos en otros tiempos, al igual que Miguel Servet, Savonarola y tantos más, Ángel Villa ardería esta noche en la hoguera.



Ir a nova orixinal: La Nueva España

19/04/2011

Mala sinal

Veño de recuperar duns cedés vellos que tiña pola casa esta fotografía tomada hai xa seis anos pero que representa en certa medida o estado actual de moitos túmulos galegos. Neste caso trátase dunha plantación de pinos que foi talada e que deixou os tocóns á vista. É evidente que o sistema radicular que hai baixo os tocóns esnaquizou probablemente boa parte da estrutura orixinal do túmulo.

Do mesmo xeito que existen distancias de plantación con respecto a peches de fincas, camiños, ríos, liñas eléctricas, eólicos, casas, etc., non estaría de máis que se articulanse ademais medidas co fin de protexer non só os elementos arqueolóxicos, senón tamén as súas áreas de protección.

Mámoa do Requeixo (As Somozas)

Outro impacto que se dá con moita frecuencia en túmulos constitúeno os peches de fincas. O antigo carácter delimitador dos elementos continúa presente nos nosos días. A súa boa visibilidade no entorno fai que moitos sirvan como marcos delimitadores entre fincas. Isto implica que por riba de moitos foran levantados peches, que en ocasións son cimentados sobre a propia mámoa.

Por suposto estos impactos están á orde do día. Ninguén parece telos en conta. O sistema da denuncia chega a cansar. Ver que a propia administración que debera protexer e salvagardar, actúa como mero notario da defunción arqueolóxica deste ou daquel xácigo. E así seguimos, saíndo ao monte e entristecéndonos, ao ver como non respectamos nin o noso. Mala sinal.

*Nota. Revisando anteriores publicacións din con esta entrada. O certo é que xa perdín a conta do que vai publicado..

14/04/2011

VIDEOREPORTAXE: Roteiro polos Penidos do Valadouro

Roteiro Cultural polo CONXUNTO ETNOGRÁFICO E ARQUEOLÓXICO DE SANTO TOMÉ DOS PENIDOS (Concello do Valadouro), organizado pola Liga Céltiga Galaica que tivo lugar o pasado 9 de abril.