Os mouros temos sona, como é sabido, de sermos xente seria discreta e sen dúbida algo fuxidía, polo que temos a estrana teima de permañecer invisíbeis a maior parte do ano á ollada dos mortais, cecais pódesnos ver entre o lusco e fusco ou ao mencer pero certamente non somos xente que nos guste recollernos tarde, por regla xeral, nin que nos prodigemos máis aló das nosas moradas subterráneas, somos máis ben de xuntar aos amigos no castro e facer xuntanza acompañada de boa musica e baile aínda que logo sempre haxa un veciño humán que se queixe de que estranos sons saenlle debaixo da terra, e aínda ameace a berros con chamar a Benhemerita ou ao SEPRONA. E é que onde se vai estar mellor, meu amigo, que na casiña, cómodamente a 100 metros baixo da terra ou da auga, na lagoa, ou no penedo de toda a vida, ... e é que como na Mámoa en ningún sitio, meu.
Mais fora porque non ha "Encanto" que todo o ano dure, ou por simples gañas de festa ou sair da monotonia deste Alén noso, unha noite o ano adoitamos dar por sair á superficie e facer algo de "vida social", xa me entendes tomarnos un churrasco ou un viño, acompañados frecuentemente dos nosos animais de compaña, cos seus pitiños de ouro, e os seus xugos do mesmo metálico elemento. Polo que meus amigos se hoxe por certa casualidade vos atopades, mentres por un dicer estades a remollarvos nas Nove Ondas, bebervos até a auga das Sete Fontes (e dalle co número Impar), ou revolcádesvos polo prados en porranchos (ehem, ehem) ... ou, máis púdicamente esperar -sentados- pola A Flor da Auga, e de repente vos atopades, vedes a uns tipos de aspecto máis ben tirando a nórdico, e certo peculiar gusto case ibizenco pola roupa branca e a xoieiría voluminosa, recargada, e de ar algo "retro".
Como algo saídos da Idade do Ferro ou mesmo do Bronce -se é "final" e "atlántico" moito millor-, acougade, que non é que estedes vendo a uns perigosos rezagados resacosos do Arde Lucus ou que empezaran xa a rodar Gallaicus, e sobre todo, sobre todo, non te tropeces que aínda vas caer de fociños na cacharela, ho. É simplesmente que ...os Mouros nos Imos de Festa
De parte de todo-los mouros bó San Xoán
De parte de todo-los mouros bó San Xoán
si los mouros sólosalen hoy de paseo,estarán más bien pálidos;mírales bien los ojos,a ver si les falta hierro,porque eso sería peligroso!!!
ResponderExcluirE salten ben a cacharela!
ResponderExcluirmuy interesante este blog y el enlace con el trabajo-flor de agua-es todo un lujo
ResponderExcluir