Mostrando postagens com marcador Xunta. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Xunta. Mostrar todas as postagens

18/09/2013

Patrimonio ordeará a restitución de tres mámoas nas Seixas e valora sancións

Faro de Vigo
18/09/2013
Lalín


A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural vén de corroborar a existencia de danos en tres mámoas do conxunto megalítico das Seixas, na parroquia lalinense de Val do Carrio. Técnicos do departamento autonómico visitaron a zona semanas atrás e comprobaron que "hai afección" a tres túmulos "por vías diferentes". O proceso podería finalizar coa imposición dunha sanción aos responsábeis da roturación do monte, pero antes avaliaranse polo miudo os efectos nos elementos patrimoniais.


Dende a Consellaría de Cultura, que abriu un proceso sancionador, elúdese concretar a contía dunha posible multa. Os seus técnicos analisan tanto os efectos nas mámoas como as medidas de restitución do patrimonio que se deben levar a cabo en función do alcance dos danos. De xeito paralelo, "estase determinando a imposición dunha posíbel sanción". En calquera caso, dende a dirección xeral insisten en que é cedo para pronunciarse con máis detalle: "Estase estudando o caso", limítanse a sinalar.






Patrimonio Cultural abriu dilixencias a finais de xullo pasado polos danos detectados uns días antes por un particular na necrópole das Seixas. Técnicos da súa delegación territorial visitaron a zona logo de seren alertados polo Concello de Lalín, que, previamente, enviara un traballador municipal ao lugar dos feitos para corroborar a veracidade da denuncia presentada por un veciño. Inspeccionou a zona e elaborou un informe, que remitiu á xunta, dando conta dos danos.



No conxunto arqueolóxico das Seixas, próximo á explotación mineira do Carrio, hai tres mámoas catalogadas tanto pola Consellaría de Cultura como polo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)  de Lalín. As tres resultaron afectadas polos traballos de roturación e a posterior sementeira de cereal levados a cabo no monte durante a pasada primavera. O túmulo de maior tamaño, e tamén o máis visible, quedou preservado, se ben a roturación invadiu a súa área de protección e chegou ata a súa base. Outra mámoa, emprazada no medio, foi arada en profundidade, como amosan varias pedras levantadas, entre as que figura unha lousa que podería formar parte do dolme soterrado. O terceiro túmulo, o emprazado máis ao oeste, foi afectado en menor medida, pois sitúase no límite do terreo roturado.

31/05/2013

Presidente da Comunidade de Montes de Cabeiro: "Nós de mámoas non entendemos moito"

La Voz de Galicia
4/05/2013
Vigo

O presidente da comunidade de montes de Cabeiro, Manuel Álvarez López, reiterou onte que non danaron as mámoas de Chan da Cruz coa tala autorizada de piñeiros pola Xunta de Galicia que paralizou o Seprona a semana pasada. 

Un día despois da súa detención e posta en liberdade con cargos por un presunto delito contra o patrimonio cultural, Manuel Álvarez afirmou que a comunidade de montes pagou un informe arqueolóxico que demostra que non se produciron os danos dos que lle acusa o Seprona. «Nós as mámoas nin as tocamos», asegurou onte. 

O dirixente comunal proclamou onte a súa inocencia e para iso, amparouse no devandito estudo arqueolóxico encargado pola comunidade de montes «porque nós diso non entendemos moito» dixo. 


O secretario da comunidade de montes, Amante Romero, que tamén foi detido pola Garda Civil de Vigo o pasado xoves, manifestou que contaban con todos os permisos para levar a cabo a tala. 

A única irregularidade que admite ter cometido a comunidade de montes de Cabeiro é non ter levado a cabo un valado preventivo do conxunto arqueolóxico, tal e como lles ordenou a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para autorizar a tala de piñeiros. «Pensamos que non era conveniente porque non iamos cortar encima da mámoa», xustificou o secretario da comunidade. Recoñecen que poden ser obxecto dunha sanción administrativa por este motivo, «pero en ningún caso pódesenos tratar como delincuentes por este asunto», manifestou Romero . 

Os comuneiros tiñan previsto a tala de ao redor dun centenar de piñeiros ao redor das mámoas catalogadas como a 52 e a 52a por parte Patrimonio. O presidente afirmou onte que a venda de madeira é unha das principais fontes de recursos coas que conta a comunidade, e que supoñen uns ingresos que se destinan á limpeza e coidado do monte. 

Respecto da denuncia, insistiu en que provén da comunidade de montes de San Vicente de Trasmañó «porque eles querían cortar piñeiros na nosa propiedade e coller 40 hectáreas de terreo. 

O Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil de Vigo paralizou a semana pasada a tala ao comprobar que se estaba realizando sen as correspondentes autorizacións da Xunta de Galicia. 

A investigación do instituto armado levou a detención do pasado xoves do presidente da comunidade de montes, o secretario da entidade, o responsable da empresa madeireira que levou a cabo a tala e un dos seus empregados. 

6.000 anos 
Antigüidade 
É un dos conxuntos megalíticos máis importantes do noroeste peninsular. 

1970 
Conxunto histórico artístico 
O xacemento do monte de Penide foi declarado de interese hai xa 43 anos.


20/03/2013

Mariña Patrimonio descobre unha importante explotación aurífera romana na mariña lucense

mrpatrimonio
20/03/2013
A Mariña

Mariña Patrimonio vén de descubrir nos lugares de As Covas (Barreiros) e A Espiñeira (Foz), a existencia de restos do que noutrora foi un gran complexo mineiro.

A morfoloxía do lugar e o tipo de solo, terrazas aluviais, indicaban que podía tratarse dun xacemento mineiro romano e destinado á extracción de ouro.

Mariña Patrimonio contactou co arqueólogo de recoñecido prestixio e especialista en minería antiga, Santiago Ferrer Sierra, quen confirmou in situ que sen ningunha dúbida estamos ante un importante complexo mineiro de época romana e que tanto na Espiñeira coma nas Covas extraeuse ouro hai dous mil anos.

Restos da explotación aurífera de Foz

Destacou a trascendencia do achado e sinalou que se trata da primeira explotación mineira romana da que se ten noticia na Mariña, onde arqueólogos e historiadores pensaban que non existían este tipo de explotacións.

Ferrer fixo fincapé na magnitude do xacemento arqueolóxico e no bo estado en que chegou a nós; asimesmo destacou a importancia de conservalo e protexelo.

Na visita ao xacemento de A Espiñeira, xunto co arqueólogo e membros de Mariña Patrimonio, tamén estivo o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, con quen se conversou sobre as grandes posibilidades que ofrece o lugar para ser visitado, o que atraería un turismo cultural que complementaría a oferta turística da Mariña.

De esquerda a dereita, o arqueólogo Santiago Ferrer e o alcalde de Foz Javier Castiñeira

Este novo xacemento constribúe a reforzar a idea do rexidor de Foz de recuperar o veciño castro de As Engrobias.

Mariñapatrimonio comunicou este novo achado ao Servizo de Patrimonio da Xunta e solicitou a súa inclusión no Inventario Xeral de Patrimonio.

MÁIS IMAXES


19/03/2013

O PXOM de Silleda obvia xácigos arqueolóxicos malia estaren catalogados

Faro de Vigo 
15/03/2013
Deza - Tabeirós - Montes

O Planeamento Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Silleda obvia xácigos arqueolóxicos descubertos nos últimos anos e xa oficialmente catalogados polla Consellaría de Cultura. É o caso do Castro da Devesa ou dos petróglifos do Castro Montaz -ubicados na parroquia de Oleiros-, dunhas vinte alvarizas en Parada -postas en coñecemento de Patrimonio por parte do lalinense Daniel González Alén- ou das mámoas de Parada, Os Chaos (Cortegada), As Ferreiras (Siador) ou A Mera (Silleda), entre outros bens. 

No catálogo arqueolóxico do PXOM -en fase de exposición pública e de alegacións ata o luns día 18, non só faltan xácigos, senón que moitos están mal situados ou incorrectamente delimitados. Isto leva a protexer zonas que non o necesitan e a desprotexer os bens en si. Paradigma de delimitación equivocada é o Castro de Toiriz, coa conseguinte desprotección dunha parte do mesmo en benefizo dunha zona que carece de interese patrimonial. Na súa croa figura unha zona verde de uso público cando é propiedade privada, como todo o xácigo. De feito, dificilmente pode ser un espazo público cando carece de acceso público. Expertos en recuperación do patrimonio verían con bos ollos que o castro fose declarado zona verde para uso e disfrute dos silledenses, pero antes sería necesario expropiar os terreos. 

Ademáis, os técnicos tildan de "animalada" a superficie que ocupa o solo rústico de protección do patrimonio (SRPP), o que levou recentemente ao goberno local a propor unha redución da franxa protegida. Nalgúns casos protéxense bens que xa non existen. é o caso da mámoa do centro de saúde de Silleda: aínda que o ben non existe, mantense a contorna de protección. "É unha incongruencia", sinala un experto en patrimonio preguntado por esta Redacción. De igual xeito, hai bens mobles que contan coa mesma protección que se fosen inmobles. Así acontece cun sartego situado ao pé do cruceiro da igrexa de Taboada, no seu día probablemente trasladado alí desde a súa ubicación orixinal. "Por que lle poñen unha franxa de protección?", pregúntase. E o mesmo acontece cun petróglifo incrustado nunha pedra dunha casa de Saídres. "É un problema de non entender o que é o patrimonio e tamén da Lei do Solo de Galiza", valora. 

Muralla exterior e foxo no castro da Devesa

Mais tampouco se contemplan elementos máis coñecidos, como cabazos ou cruceiros. E noutros casos faltan as súas fichas ou son demasiado pobres, como acontece coa igrexa de Abades, da que non se di que é románica nin que alberga pinturas do século XVI, moi coñecidas e incluso restauradas por Patrimonio.


23/01/2013

O patrimonio arqueolóxico da mariña lucense, en risco pola industria do eucalipto e a descoordinación da Xunta de Galicia

Mariña Patrimonio
ADEGA
23/01/2013
Lugo





Dende o ano 2008 Mariñapatrimonio e ADEGA veñen denunciando todas as agresións e destrucións ao patrimonio cultural das que van tendo noticia. Até o día de hoxe levan presentado máis dunha ducia de denuncias, nove delas debidas a danos ocasionados polas cortas e posteriores repoboacións do monte de eucalipto en xacementos arqueolóxicos; catro destes xacementos inventariados e, polo tanto, protexidos pola lei. 

Na Mariña, como no resto do territorio galego, a meirande parte do patrimonio arqueolóxico que se destrúe débese á industria do eucalipto. Un exemplo ben ilustrativo da magnitude que acada esta destrución témolo no concello de Xove. O concello de Xove é o único da Mariña cun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) aprobado definitivamente, no que se poden consultar as fichas co patrimonio arqueolóxico do concello. Evidentemente non recolle todos os xacementos arqueolóxicos existentes, os cales se irán incorporando a medida que se descubran. 

No catálogo do PXOM de Xove atópanse 32 xacementos catalogados, dos cales 21 están plantados de eucalipto. Destes 21 xacementos, 4 xa non existen “posiblemente como consecuencia dos labores forestais”, tal e como recoñecen os técnicos que elaboraron o PXOM. O dramático desta situación é que no prazo duns vinte anos, que é o prazo da corta dos eucaliptos, terán desaparecido os 17 restantes.  

A Lei de Patrimonio recolle que estes xacementos están protexidos e, por tanto, penada a súa destrución. A Xunta de Galicia é a encargada de protexer os xacementos e de sancionar as persoas que os destrúen. A maioría dos propietarios das parcelas onde se atopan xacementos arqueolóxicos descoñecen a súa existencia; no entanto, a Xunta, que coñece cando menos os xacementos incluídos no seu inventario, non informa aos propietarios para evitar que realicen actividades prohibidas en xacementos protexidos. A Xunta tampouco permite a consulta do inventario, malia a que o inventario é público, segundo recolle a lei. 

A mesma Xunta que prohibe o movemento de terras e calquera acción que poida danar un xacemento arqueolóxico protexido e inventariado é a que autoriza as cortas do monte de eucalipto e obriga aos propietarios á posterior repoboación nestes xacementos, labores que na actualidade se realizan con maquinaria pesada ocasionando graves danos no patrimonio. 

A Xunta , que autoriza e prohibe asemade as cortas nos xacementos arqueolóxicos, debería autodenunciarse e automultarse de maneira exemplarizante por ser a responsable de centos de destrucións do patrimonio. Poida que deste xeito a Consellaría de Cultura informase á de Medio Rural onde hai xacementos e Medio Rural, pola súa banda, informase a Cultura onde se van facer talas, o que evitaría as constantes desfeitas do patrimonio de todos e todas. 

Mentres esta necesaria coordinación non exista, iremos vendo como os xacementos de Xove, igual que os do resto de Galicia, se van destruíndo. Entre tanto, ADEGA e Mariñapatrimonio continúan co seu labor de denunciar as agresións contra o patrimonio e veñen de presentar seis novas denuncias por posibles danos ao patrimonio cultural da Mariña das que se achega a seguinte información: 

Coto dos Castros 
• No xacemento arqueolóxico Coto dos Castros,Polígono 503- Parcela 287/290, concello de Mondoñedo e Polígono 3- Parcela 191/192 ,concello de Lourenzá (Lugo) foi efectuada unha tala do monte de eucaliptos. 

 • Como consecuencia desta tala, comprobamos que na zona noroeste deste xacemento, nas parcelas 287/290 do polígono 503, foron destruídos totalmente 120m do sistema defensivo (parapeto e foxo). Os materiais do parapeto foron utilizados como recheo do foxo para achaiar e aumentar a superficie de plantación de eucaliptos. 

• Na zona suroeste, parcela 191/192 do polígono 3, como consecuencia doutra tala e repoboación, comprobamos que houbo remocións de terra con maquinaria pesada nun sector do parapeto. 

Coto da Croa 
• No xacemento arqueolóxico O Coto da Croa, parroquia de Santa Cilla, concello de Foz (Lugo),foi efectuada unha tala e repoboación do monte de eucaliptos. 

• Como consecuencia desta tala e repoboación, comprobamos que na parte intacta da croa, (outra parte fora destruída por unha canteira) abriuse con maquinaria pesada un acceso polo parapeto para entrar no interior da croa, que foi totalmente arada con profundos e anchos sucos, quedando á vista numerosos fragmentos de cerámica castrexa. 

Castro Loureiro 
• No xacemento arqueolóxico Castro Loureiro, parroquia de Chavín, concello de Viveiro (Lugo) GA27066012 foi efectuada unha tala do monte de eucaliptos. 

• Como consecuencia desta tala, comprobamos a posible afectación deste xacemento protexido pola lei.  

A Croa 
• No xacemento arqueolóxico A Croa, parroquia de Landrove de Viveiro , concello de Viveiro (Lugo) GA27066011, foi efectuada unha tala e repoboación do monte de eucaliptos. 

• Como consecuencia desta tala, comprobamos a posible afectación deste xacemento protexido pola lei.  

Os Castro de San Caetano 
• No xacemento arqueolóxico Os Castro de San Caetano, parroquia de Celeiro de Mariñaos concello de Barreiros (Lugo), foi efectuada unha tala e repoboación do monte de eucaliptos. 

• Como consecuencia desta tala e repoboación, comprobamos que houbo remocións de terra con maquinaria pesada que abriu numerosos furados de 2m x 1,5m nun sector do parapeto deste castro protexido pola lei. 

Os Castros 
• No xacemento arqueolóxico Os Castros, parroquia de San Pedro de Viveiro , concello de Viveiro (Lugo) GA27066009, foi efectuada unha tala e repoboación do monte de eucaliptos. 

• Como consecuencia desta tala e repoboación, comprobamos que houbo remocións de terra con maquinaria pesada que abriu numerosos furados por toda a superficie deste xacemento protexido pola lei.


13/09/2012

O fiscal pide novas dilixencias polas mámoas da Mourela



La Voz de Galicia
13/09/2012
As Pontes

A Fiscalía de Ferrol solicitou á Administración galega que identifique aos responsables que permitiron as obras de selado dos taludes da autovía Ferrol-Villalba AG-64, nas que resultou gravemente danada unha do tres mámoas e un circulo lítico de 5.000 anos de antigüidade.

Os enterramentos primitivos, que están inventariados pola Dirección Xeral de Patrimonio, resultaron danados en novembro de 2009, cando a maquinaria que traballaba no selado dos noiros invadiu a zona de protección dos elementos.

O feito foi denunciado pola entidade ecoloxista ADEGA e a Plataforma na Defensa do Patrimonio dás Pontes, que cualificaron o sucedido de "atentado patrimonial"

A Fiscalía de Ferrol continúa coas pescudas porque entende que se produciu unha neglixencia cando se puxeron en marcha os traballos que provocou a destrución do xacemento.

Durante as investigacións anteriores chegouse a imputar aos responsables da empresa que acometeu os traballos, pero a imputación quedou sobreseída a finais do ano pasado.

Os responsables insistiron en que ninguén lles informou da presenza dos restos arqueolóxicos, que se atopaban cubertos baixo vexetación e non foron advertidos polos operarios. Durante a investigación non apareceu documento algún que contradiga a súa versión de que non foron avisados, polo que a Fiscalía considera que non son culpables da destrución dos restos arqueolóxicos.

Ademais, ao contrario do que se fixo cando se construíu a autovía, a Administración non requiriu a un arqueólogo para supervisar as obras e garantir que non afectasen os restos. A fiscalía baséase en ambas as circunstancias, a falta dese técnico e que nin sequera se avisase aos responsables directos dos enterramentos, para entender que se produciu unha neglixencia.

Mámoa danada nas obras na autovía Ferrol-Vilalba. 
Foto: Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes

Identificación necesaria 
Pero para que a causa progrese é necesario que a Xunta identifique aos responsables de dar a orde de iniciar as obras sen tomar esas precaucións, xa que as Administracións públicas non están suxeitas á lei que recolle a responsabilidade penal das persoas xurídicas, que ademais entrou en vigor despois de que ocorresen os feitos.

Ademais, se se lles identifica, a Fiscalía aínda deberá determinar se lles acusa e en que grao. Os feitos poderían ser constitutivos dunha imprudencia, pero só as de tipo grave son resoltas pola vía penal.

Os graves danos no xacemento provocaron un forte rexeitamento nas Pontes, onde varios colectivos esixiron que se restituísen os elementos danados do conxunto.

Coletazos xurídicos dunha obra que castigou o Eume e o patrimonio local
A autovía das Pontes tivo indubidables beneficios para As Pontes e a comarca, a mellora nas comunicacións supuxo un plus materia de competitividade empresarial, por exemplo, pero os seus custos de construción tamén foron enormes. No económico os seus 56 quilómetros saíron por 120 millóns de euros, aos que hai que engadir polo menos outros dous en reparacións de viadutos como o de Ramadela, que deron problemas só cinco anos despois de estar finalizados. A autovía inaugurouse no 2010, con tres anos de atraso que non serviron para previr os danos nas pontes nin os danos sufridos polo río Eume e o círculo lítico da Mourela.

O valor dos danos nos restos arqueolóxicos é incalculable. Como se permitiu esnaquizar un enterramento de 5.000 anos de antigüidade único en Galicia polas súas dimensións?

Tamén parece imposible cifrar os enormes danos padecidos polo Eume, que tardará anos en volver ser o que era. Os reos seguen sen deixarse ver polo río desde que as súas augas foron contaminadas polas piritas descubertas nas obras.

O sacrificio do ecosistema do río e a destrución dun dos principais restos históricos da zona non eran necesarios para construír a AG-64. Son un incalculable sobrecusto.


Postaxe relacionada:  Nova Agresión no campo de mámoas da Mourela 

24/08/2012

Gaias que Gaias ... ou de para que serve o diptamen de un "técnico"


La Xunta pretende llevarse el Códice Calixtino al Gaiás pese a la oposición de los técnicos

La Voz
Santiago, 24-08-2012
C. Franco & X. Melchor


La catedral solo lo exhibirá hasta el domingo por motivos de conservación

El Códice Calixtino no descansará en paz. Antes de que la exposición que ayer se abrió en la catedral de Santiago termine, el libro viajará a la Cidade da Cultura para formar parte de otra muestra en la que, además de esta pieza única, se integrarán otros tesoros del patrimonio catedralicio compostelano.

El libro robado y recuperado en el plazo de un año permanecerá en exhibición este fin de semana pero Cultura cuenta con él para otra exposición a realizar en el Gaiás. La idea de que el Códice abandone la catedral no ha gustado a todo el mundo en el entorno catedralicio ni a los técnicos. En parte porque el cabildo y el arzobispado habían alegado como motivos para limitar la exposición de la pieza a un fin de semana la seguridad y la conservación de la joya.



Aunque la Consellería de Cultura e Educación no ha querido confirmar ni desmentir que el Códice será el gran reclamo de la exposición que se montará en el Gaiás, distintas fuentes de la catedral aseguran que la cesión está pactada y que el tiempo que el original será exhibido en la Cidade da Cultura será mucho mayor del que se mantendrá en la propia catedral, aunque no es seguro que permanezca todo el tiempo que dure esta muestra.



En el caso de la exposición abierta ayer, tras el primer fin de semana el Códice volverá al archivo, aunque la muestra permanecerá abierta hasta diciembre. Las medidas de seguridad y conservación que se han tomado para esta ocasión fueron reiteradas durante la apertura de la muestra: una urna especial con cristal antibalas, condiciones lumínicas especiales, alarmas y seguridad permanente que, entre otras cosas, impedirán hacer fotos con flash. Otra de las medidas tomadas es que el Códice Calixtino no dormirá en la sala en la que se exhibe. Todas las noches vuelve a su espacio en el archivo de la catedral.



Durante el acto inaugural celebrado en la sala sinodal de Xelmírez, que tiene acceso desde la catedral, José María Díaz, deán y anterior archivero, señaló que la «exposición era un deseo del señor arzobispo y sus deseos son órdenes para nosotros». El arzobispado quería exhibir el Códice en la catedral como muestra de agradecimiento por su recuperación y hacerlo de manera gratuita.