La Voz de Galicia
28/09/2011
Noia
O asentamento castrexo de Taramancos, descuberto o pasado maio durante as obras de construción da variante de Noia e que coincide co trazado desta rede viaria, ten os días contados. O motivo? Segundo explicou onte o Goberno galego, a falla de "relevancia arqueolóxica e o deterioro" do xácigo. Desde maio os arqueólogos estudan estos restos baixo a supervisión da Dirección Xeral de Patrimonio, pero todo apunta a que o castro rematará os seus días catalogado, documentado e, en parte, almacenado nalgún outro lugar co obxectivo de completar a información sobre a Idade do Ferro e do Bronce no Barbanza.
A alarma saltou en Noia cando o alcalde, Rafael García Guerrero, denunciou que unha das vivendas xa escavadas e de planta circular "desaparecera" logo da actuación das escavadoras que traballan na construción da variante. A Xunta desmentiu esta acusación asegurando que foi o equipo de arqueólogos que traballan na zona restrinxida o encargado de proceder á súa retirada. As mesmas fontes sinalaron que a vivenda foi illada para profundizar nos traballos, xa que segundo parece, existe constancia de que hai restos máis antigos soterrados nesa parcela.
García Guerrero apuntou que "a decisión de eliminar os restos está tomada desde o primeiro intre" e que "coa excusa de escavar baixo as edificacións castrexas e romanas, estase a desmontar todo, coa perda irreversible que supón para Noia".
Non sei de que me soa isto... Cambiaron de Director Xeral, mais seguen a practicar as mesmas políticas expoliadoras de sempre. Ata cando imos permitir esta situación? Non será hora xa de xuntar aos mouros e iniciar o camiño hacia a dignidade?
ResponderExcluirQue digam já de passo que o "Património no seu conjunto" "não tem relevância" que ao final e o pensam, e a forma na que atuam
ResponderExcluirOutra historia da "Austeridade" por chamar-lhe dalgum jeito