Mostrando postagens com marcador virtual. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador virtual. Mostrar todas as postagens

17/09/2013

Nova aplicación Giza 3D

As entidades Dassault Systèmes e a Universidade de Harvard veñen de presentar unha aplicación gratuita e interactiva en 3D que ten as pirámides de Giza como base virtual. O usuario poderá navegar polas imaxes contemporáneas e antigas, así como ver de preto 30 obxectos reconstruídos en 3D con precisión milimétrica. En boca de Peter de Manuelian, da Universidade de Harvard, esta experiencia inmersiva en 3D "transporta ao usuario por un entorno virtual que proporciona un novo medio para aprender máis sobre a civilización exipcia". Para o docente, esta ferramenta "siginifica unha transición importante na ensinanza, onde pasamos dun estadío no que o profesor impulsa o proceso de aprendizaxe de forma unilateral a un no que os estudantes están inmersos no medio ambiente acadándose un fomento do diálogo e da discusión máis completo entre eles".

Giza 3D permite entre outras accións, entrar na pirámide de Keops ou visitar as cámaras funerarias da necrópole de Gizé. Todo isto a un clic de rato, sen movernos da casa.

A iniciativa parte da empresa francesa Dassault Systèmes, especializada en sistemas de recreación tridimensional, que vén de desenvolver este proxecto en asociación co Museo de Belas Artes de Boston, baseándose na súa importante colección de arquivos sobre a necrópole exipcia.


25/02/2012

Os castros vetóns "en virtual"



A Iconografía virtual nos castros do occidente salmantino

Arqueovirtual
24-02-12
Tània Martínez Gil

Nos últimos anos a Deputación de Salamanca iniciou diversos proxectos de revalorización dos castros do occidente baixo a lema ou marca turística do Territorio Vetón. No proxecto toman protagonismo os castros de Las Merchanas (Lumbrales), Castillo de Saldeana (Saldeana) e Lugar Viejo (Yecla de Yeltes). Unha de actuacións pioneiras foi a realización de modelos 3D de cada un dos castros co obxecto de crear un recurso comprensible para todos os públicos e facilmente reaplicable nos distintos espazos interpretativos da ruta histórico-arqueolóxica.

As infografías xeradas nas actuacións patrimoniais de 2005 ofrecían unha visión de mínimos da cultura vetona e por iso procedeuse á reconstrución iconográfica hipotética dos castros, grazas ás innovacións tecnolóxicas e os esforzos no campo da investigación e a museización.

Os modelos virtuais foron elaborados co programa 3D Maya e executados por Guillem Hernández Pongiluppi e Eusebi Malvárez López baixo o asesoramento do grupo DidPatri da Universidade de Barcelona.

Recomendámosvos para saber máis a lectura de:  Martínez, T. y M. C. Rojo Ariza (2011): "Una aproximación virtual al Territorio Vetón." ÍBER. Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia, 68,  pp. 25-32.