Recollemos aquí o comunicado de prensa que nos achega MariñaPatrimonio e no que se congratulan pola, reacción (máis vale tarde ca nunca ...) da Dirección Xeral de Patrimonio que tras varios meses de esquecemento administrativo decidiu proceder ao tapado das estruturas do Castro da Atalaia que despois da paralización das obras que ameazaban o xácigo, se viran profundamente afectadas nos últimos anos por diversos fenómenos climáticos, como temporais ao quedar ao ar sen ningún tipo de protección:
MariñaPatrimonio e ADEGA, asociacións volcadas desde o 2006 na defensa do xacemento arqueolóxico do Castro da Atalaia (San Cibrao- Cervo) afectado pola insaciable especulación urbanística, coa inestimable axuda das administracións públicas, felicítanse de ter conseguido que, por fin, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural adopte medidas para protexer as vulnerables estruturas do castro.
Dende que finalizaron as escavacións, ADEGA e máis MariñaPatrimonio viñemos demandando unha intervención no xacemento que evitase o seu deterioramento e preservase as citadas estruturas. A demora en adoptar estas medidas provocou no xacemento danos que denunciamos no seu día.
Hoxe, malia todo, cómpre felicitar aos responsables de Patrimonio por iniciar o tapado dos restos arqueolóxicos e, de maneira moi especial, felicitamos os veciños da Atalaia porque paso a paso, co seu esforzo e colaboración, logrouse salvar este importante ben cultural.
(MariñaPatrimonio, 26 de setembro de 2011)
Esparamos que a acción da Xunta non se limite a simplemente tapar temporalmente os restos e se plantexe unha solución definitiva para este xacemento tan castigado pola expeculación e a pasividade administrativa.
Para + INFO, podedes consultar os 22 post que temos na Hora dos Mouros sobre o Caso Atalaia, para un bo resume recomendamos:
A destrucción da Atalaia - Video
Danos na Atalaia polo temporal
A Xunta tardou dous anos en para unha obra sobre un castro
Patrimonio anula as licencias para 58 pisos construidos nun castro de Cervo
Mariña Patrimonio denuncia o traslado de restos do Castro de San Cibrao
e o mamotreto que ten ó carón que??? tirarano non!?
ResponderExcluir