A asociación MariñaPatrimonio vén de instar ao Concello de Cervo e á Dirección Xeral de Patrimonio a actuar con dilixencia para protexer as edificacións encontradas no castro da Atalaia, en San Cibrao, que sufriu importantes danos durante o temporal ao carecer dunha protección axeitada. Aseguran que a falta de medidas de protección provocou que unhas tablas de gran tamaño caeran desde un quinto andar sobre os restos arqueolóxicos.
Neste senso, MariñaPatrimonio lembra que en xuño deste ano Patrimonio dictaminou unha resolución que obriga a Promociones San Ciprián «a tapar novamente as paredes escavadas no castro no que apareceron estruturas moi importantes dun asentamento galaico-romano». Sería unha medida provisional á que sucedería outro traballo realizado por arqueólogos «e que será financiada polo promotor». O colectivo insta a actuar canto antes «para protexer este ben patrimonial antes de que sexa demasiado tarde».
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.