2/08/2009
Pontevedra
A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) vén de denunciar ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural que recentemente foi totalmente destruída a Mámoa de Louredo, na parroquia pontevedresa de Lourizán. A entidade sinala como organismo responsábel desa destrución é o Ministerio de Defensa.
Segundo denuncia a APDR, a destrución da mámoa foi consecuencia da construción dunha réplica dunha “aldea afgá”, para prácticas militares. As obras levaron a que o Ministerio de Defensa introducise a maquinaria no lugar “e sinxelamente arrasaran con todo”. “Non quedou nada da mámoa”, explica.A APDR considera “moi grave” que un ministerio “destrúa un xacemento arqueolóxico catalogado, coñecendo a súa existencia e o seu deber de protexelo”.

A APDR solicitoulle á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural que depure as responsabilidades, e leve a cabo as medidas administrativas e xudiciais pertinentes.
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.