30/07/2009
Costa da Morte
A Dirección Xeral de Patrimonio quere aprobar o proxecto do Parque do Megalitismo da Costa da Morte antes dun ano. Así o dixo o responsábel deste departamento da Xunta, José Manuel Rei Pichel, que estivo onte en Vimianzo convidado polo PP da localidade para que puidese coñecer a riqueza cultural do municipio.
Na reunión, na que tamén estivo o alcalde, Alejandro Rodríguez, o responsábel de Patrimonio asegurou que o proxecto sectorial do Parque do Megalitismo da Costa da Morte estaba prácticamente finalizado. Os flecos pendentes son algúns informes previos doutros departamento e sometelo a exposición pública antes de que pase polo consello da Xunta para a súa aprobación.
Rei Pichel e os técnicos que o acompañaban non quixeron entrar na cuestión de onde ubicar a sé -aínda que a portavoz do PP, Carmen Borbujo, e o alcalde lembráronlle que debería ir en Vimianzo- e explicou a importancia comarcal dun proxecto que suporá a compra de 14 dólmenes e investimentos en infraestruturas. Podería haber varios pontos de información de pequeno tamaño, xa que o patrimonio megalítico atópase disperso en oito municipios, aínda que Rei Pichel recoñeceu a importancia estratéxica de Vimianzo, municipio que conta con preto de 150 xácigos megalíticos.
O responsable de Patrimonio dixo que é vontade da Xunta que o proxecto estea aprobado como moito nun ano, pero que ata antes poderíanse crear puntos de información para atender aos visitantes e poñer en valor os recursos locais.
Por outra banda, Rei Pichel explicou que a Xunta traballa tamén activamente para acabar co plan director do Monte do Cabo en Fisterra. Asegurou que o proxecto está encargado e avanzou que a semana próxima verase co alcalde de Fisterra para axilizar a súa redacción: «Iso vai adiante», asegurou.
O director xeral foi recibido por Carmen Borbujo e Alejandro Rodríguez na casa da cultura, onde se proxectaron unha serie de imaxes sobre o patrimonio local vimiancés, explicando a súa importancia o arquitecto municipal, Xullo Vázquez.

eu me pregunto pq as comarcas Eume - Ortegal coa súa importante concentración tumular que acada as máis de 500 estruturas, fican fóra deste plan. Será que non interesa, será que só interesa financiar a determinados partidos políticos afins á ideoloxía do partido gobernante. Será que non o consideran megalitismo, será que nin saben o q significa a voz megalitismo, será que a industrialización na nosa comarca non foi suficiente para borrar do mapa estes elementos prehistóricos que agora tamén os queren gardar no caixón do esquecemento.
ResponderExcluirO plan do megalitismo sen As Pontes, Mañón e Ortigueira é coma un chisqueiro sen pedra. Agardemos que os que están aposentados nas cadeiras compostelás revisen o plan e acepten dunha vez por todas a relevancia do patrimonio megalítico arrotrebae