Diario de Ferrol
5/08/2009
Galicia

A organización ecoloxista Adenco considerou onte que a multa de 2.000 euros que a Consellería de Cultura impuxo a Augas de Mondariz por unha "infracción administrativa" consistente en ter efectuado algúns movementos de terras e outros traballos no entorno de protección do Castro de Troña, en Ponteareas resulta "ridícula" e envía a mensaxe de que "atentar contra o patrimonio resulta pouco menos que gratuito".

O grupo lembrou que eles mesmos denunciaron os feitos ante a Dirección Xeral de Patrimonio fai máis dun ano, por entender que se estaba cometendo unha "agresión de notábel alcance" ao monumento. Asemade afirmaron que o expediente sancionador elaborado polos técnicos da consellería recoñece que se produciu unha "modificación parcial da pendente orixinal do terreo", a "apertura dunha pista de tres metros de anchura" e a "creación de varios bancais", así como que os movementos se produciron a menos de 200 metros do castro.

e seguimos no suma e segue da destrución do patrimonio, isto é un non parar, parece que lles gusta e os que deberan de protexer semella que disfrutan vendo desaparecer as nosas pedras. Isto está moi visto, agora xa non se leva o de furar para buscar tesouros, agora o tesouro está no propio furado, o furado en sí é un tesouro para algúns. Non hai día que non aibra o xornal e lea unha nova relacionada con destrucións patrimoniais, en tódalas esquinas do país. Pero é que a ninguén lle doe nada? A que carallo andan as institucións borreguiles que temos apoltronadas en San Caetano? A que carallo se adican, máis que a rascala?
ResponderExcluir