Mostrando postagens com marcador divulgación. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador divulgación. Mostrar todas as postagens

08/02/2013

O petróglifo da "Casa do Cura", novo xácigo inventariado na Mariña

mrpatrimonio.blogspot.com.es
08/02/2013
Xove


O petróglifo de Monte, o primeiro inventariado no concello de Xove, atópase nunha rocha da fina denominada "Casa do Cura", en Penas Agudas (parroquia de Monte). Este petróglifo foi incluído polo Servizo de Patrimonio da Consellaría de Cultura no Inventario de Xácigos Arqueolóxicos coa denominación "Petróglifo de Monte" coa clave GA27025030.

Os petróglifos son gravuras feitas nas rochas. Trátase da manifestación artística máis xenuína da prehistoria de Galiza. A maioría destes xacementos datan da Idade do Bronce e, aínda que se atopan en todo o territorio galego, abondan especialmente nas Rías Baixas.

A rocha da "Casa do Cura" ten gravados 18 buraquiños semiesféricos, coñecidos como coviñas ou cazoletas, e varias liñas serpentiformes. Este é o primeiro petróglifo descuberto en Xove que vén a sumarase aos xa dados a coñecer por Mariñapatrimonio: O do Castro da Atalaia (San Cibrao); o do Castro do Coído, os do Castro de Burela e os podomorfos nas Anzas (Ribadeo).

O petróglifo de Monte, ao incluíreno no Inventario do Patrimonio Cultural de Galiza, conta coa máxima protección por tratarse dun Ben de Interese Cultural (BIC).

Este achádego, que confirma a riqueza arqueolóxica da nosa comarca, aporta novos datos para o estudos desta interesante manifestación cultural da Prehistoria na Mariña.

+ FOTOS: picasaweb/PetroglifoCasaDoCuraMonteXove


10/09/2012

Na busca do patrimonio descoñecido

Faro de Vigo
4/09/2012
Ourense

O grupo ecoloxista Outeiro defínese como "atípico" por non centrarse só no patrimonio natural, como acontece noutras ocasións, e interesarse tamén pola arqueoloxía e antropoloxía. Os integrantes desta asociación traballan con medios da súa propia colleita (cámaras, coches, GPSs), dado que non dispoñen de ningunha subvención para realizar o seu traballo. Menhires, mámoas ou petróglifos son algúns dos seus achados. E aínda por riba, o grupo ecoloxista non só descobre, senón que tamén informa e vixía os vestixios arqueolóxicos atopados para a súa conservación.

Preto de cen descubrimentos arqueolóxicos nun período de seis anos: un logro que o grupo de Acción Ecoloxista Outeiro conseguiu grazas ao esforzo, tesón e curiosidade dos seus integrantes.
O portavoz do colectivo, Juan José Álvarez, teno claro: "a diferenza entre os restos de patrimonio arqueolóxico catalogados en Ourense e os que existen pero non están inventariados e, por tanto descoñécense, é abismal". 

Esta falta de constancia sobre tesouros escondidos na provincia con máis de 6.000 anos de antigüidade, nalgúns casos, provoca que "a sorte dunha mámoa esté abocada ao camiño que pase por esa zona", sinala Álvarez. Con esta afirmación, o portavoz da asociación fai alusión aos montes que son maquinados e nos que pode haber vestixios importantes dos que se descoñece a súa existencia, o que implica o perigo de que sexan destruídos. As repoboacións forestais son, neste sentido, un grave factor de risco.


O portavoz do grupo nos petróglifos de O Irixo. FOTO: FdV


Baixo os cascallos
Outeiro realizou no ano 2006 o primeiro gran descubrimento: a área arqueolóxica de Cangues (O Irixo), situada nun monte comunal onde se atopaba o vertedoiro das obras da AVE. O achado de nove rastros de roca procedentes da Idade de Bronce, cunha "simboloxía excepcional", constitúese como revelación da "mellor manifestación de arte rupestre na Galicia interior", tal e como sinala Álvarez. 
O método de actuación é sinxelo e eficaz. A asociación ecoloxista revisa o Plan Xeral de Ordenación Municipal de cada concello, elaborado pola Xunta), para ver os restos arqueolóxicos que foron inventariados. A partir de aquí, comeza a súa fase de procura e recuperación daqueles que non foron rexistrados, co obxectivo da súa posterior inclusión no plan. O seu ámbito de actuación abarca parte da comarca do Carballiño e do Ribeiro, un espazo que inclúe 25 concellos. Ademais do que se corresponde coa fase de procura e achado, o grupo tamén dedica parte do seu tempo a informar destes descubrimentos ás persoas anónimas que habitan no espazo que os rodea, ou ao presidente de cada monte comunado, por exemplo. Doutra banda, a asociación tamén realiza labores divulgativos a través de rutas que explican os xacementos aos asistentes.

Francisco Valeiras (presidente de Outeiro), Adolfo Otero (presidente da AA.VV de Madarnás), Juan José Álvarez (portavoz do grupo), Xosé Luís Sobrado (historiador), José Luís Diz (da asociación de fotógrafos Ou Potiños), José Manuel Míguez (presidente da AA.VV Pol de Piteira), e Antonio García (investigador e presidente da AA.VV Santa Mariña dá Cidá), son os artífices deste proxecto de traballo que xa deu grandes froitos ao longo da súa historia.

Petróglifos de 4.000 anos no espazo da incineradora 
O Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro descubriu o pasado xaneiro tres petróglifos de 4.000 anos nos montes comunais de Orosa, Cardedo, Menaz, Filgueira e Casares, no concello do Irixo. Trátase da zona onde se proxecta situar a incineradora de residuos do Sur de Galicia. O arqueólogo Antonio da Pena confirmou, no momento do achado, que "son dos bos". 

Este é só un exemplo dun dos descubrimentos que fixo o colectivo, petróglifos que neste caso poderían estar destinados de forma eterna ao descoñecemento (no caso de que se construíse a incineradora), de non ser pola súa revelación por Outeiro.


30/03/2012

Camiño dos Arrieiros 2012


Camiños dos Arrieiros - Roteiro cultural

  
Saida: 09'30 h diante do Museo Etnográfico Monte Caxado
Chegada: 19'00h


O Camiño dos Arrieiros ou Camiño Grande discorre ao longo duns 42 quilómetros, unindo As Pontes co porto de Vares. Este camiño tense empregado dende a Prehistoria como vía de intercambio comercial, constituíndo unha das rotas principais de comunicación entre os pobos do noroeste peninsular, das Illas Británicas e da península Armoricán. A vía recibe o nome dos chamados arrieiros, que durante séculos transportaron todo tipo de mercadorías ao lombo de mulas e cabalos.



Máis de 200 mámoas emprazadas nas serras da Faladoira e Coriscada, flanquean o camiño dende As Pontes a Vares. Estas construcións prehistóricas forman xunto coas pedrafitas e as cruces de pedra unha unidade patrimonial de especial interese, que fan do Camiño dos Arrieiros un dos activos culturais máis importantes do territorio.


Un itinerario no que desfrutar tamén da natureza, e dalgunhas especies protexidas como aErica tetralix, presente en zonas enchoupadas ás que acoden a beber os centos de cabalos que viven en réxime de semiliberdade polas serras.

Nesta ocasión realizaremos un primeiro treito duns 25 quilómetros, a través dos concellos das Pontes e Mañón.



Data límite de inscrición: 18 de abril.  Esperamosvos!


+INFO e inscripcións en:   Arrieiros 2012

22/03/2012

Mariña Patrimonio informa dun novo xácigo arqueolóxico na mariña lucense

MariñaPatrimonio
22/03/2012
A Mariña

O pasado mes de novembro MariñaPatrimonio comunicou ao Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia sobre a existencia dun novo xacemento arqueolóxico situado a 300 metros do casco urbano de Foz, no lugar do Carreiro, entre as praias de Llas e a Rapadoira.


Imaxe aérea do castro costeiro do Carreiro en Foz (FOTO: mrpatrimonio)

Trala súa inspección polos arqueólogos de Patrimonio, foi incluída no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Dirección Xeral de Patrimonio coa clave GA27019021 e coa denominación Xacemento O Carreiro- Marzán.

O Servizo de Patrimonio non especifica o período histórico nin de que tipo de xacemento se trata. MariñaPatrimonio opina que hai indicios suficientes para consideralo un castro costeiro. A cerámica atopada no lugar, as estruturas que se atopan á vista e a súa morfoloxía gardan unha gran similitude con outros castros costeiros de Foz e da Mariña. O que diferenza este asentamento é a súa complexidade e o seu gran tamaño.

Detalle dos materiais que conforman os muros do castro (FOTO: mrpatrimonio)

A meirande parte dos castros costeiros aséntanse sobre unha soa península, aínda que se coñecen algúns que ocupan máis terreo e máis dunha península, tales como o de Cangas (Foz) e o de San Tirso (Xove).

O castro do Carreiro esténdese por catro penínsulas cunha extensión de aproximadamente 6 hectáreas, o que o converte nun dos castros costeiros máis grandes da Mariña.

As defensas neste tipo de xacementos, situados no istmo da península, consisten nun sistema de foxos e parapetos que aíllan e protexen o poboado castrexo. Na península máis ao oeste do asentamento do Carreiro obsérvanse tres foxos picados na rocha, na actualidade recheos e tapiados pola construción do paseo marítimo.

Foxo escavado na rocha hoxe soterrado polo paseo marítimo (FOTO: mrpatrimonio)

Na península máis ao leste atópase unha finca estreita e alongada cun forte desnivel, que podería ser parte do foxo e parapeto.

Nas fotos aéreas do "voo americano do 56-57" aprécianse estes foxos e os parapetos; hoxe, lamentablemente, case desaparecidos baixo a estrada que vai de Llas á Rapadoira.

Foto aérea na que se aprecian en vermello varios foxos e parapetos (FOTO: mrpatrimonio)

Na zona dos cantís pódense ver varios muros das cabanas do castro, muíños e cerámica común de tradición indíxena. Tamén se atopan numerosos fragmentos de cerámica construtiva con armazón vexetal, vinculada con fornos posiblemente de actividade metalúrxica. Neste castro hai unha mina, disque de ouro, que foi tapada no ano 1994 ao construír o paseo marítimo.

A tradición oral cóntanos da existencia dunha cova no Pico do Castro de Foz a un quilómetro do Carreiro. Esta furada tería dúas saídas, unha iría ata o Cu do Castro (castro de Llas) e outra ata O Carreiro.

Muíño encastrado nun dos muros do castro (FOTO: mrpatrimonio)

A estrada Llas- Rapadoira destruíu unha boa parte do sistema defensivo, a construción do paseo marítimo tamén lle afectou negativamente e sobre o xacemento levantáronse catro vivendas unifamiliares; malia todo isto, O Carreiro mantén moitas hectáreas, presumiblemente intactas, que deben ser protexidas porque a protección e unha adecuada xestión do noso patrimonio supón unha riqueza cultural que atrae o turismo e, en consecuencia, reporta beneficios económicos.

Lei de Costas ? (FOTO: mrpatrimonio)




08/03/2012

Denuncian que un petróglifo de Cangas mudou nun vertedoiro incontrolado

culturagalega.org
7/03/2012
Santiago


Lixo no petróglifo das Abelaires en Cangas do Morrazo

O petróglifo das Abelaires, ubicado en Cangas do Morrazo, case nos lindes do territorio municipal, ten mala sorte por dous motivos: estar ao carón dun camiño e nas proximidades do Punto Limpo de Cangas. Así que cando o Punto Limpo está pechado, algúns dos veciños con poucos escrúpulos botan o lixo sobre a laxe dos petróglifos. A Agrupación Micolóxica Naturalista Liboreiro denunciou os feitos e solicitou ao concello de Cangas a limpar o contorno, colocar unha barandilla de protección e paneis informativos.


Outra perspectiva do vertedoiro incontrolado do petróglifo


26/02/2012

Coñecer "os Petroglifos"

Visita guiada nocturna aos petroglifos de Campolameiro
Programa da Radio Galega emitido onte dentro do espacio Coñecer Galicia, dedicado, en grande parte, aos Petroglifos no que se da um repaso a distintos aspectos destres gravados rupestres, achegandose a Campolameiro, O Outeiro dos Corvos e pasando revista a algum libro... por certo o caldo -e o cocido- "sen patacas" faise con castañas.




02/02/2012

V Xeira Románica

osorrisodedaniel.blogspot.com
31/01/12
Compostela

Cando?
O domingo 12 de febreiro imos a Lugo!

O Programa?
10.30h. Xuntámonos diante da Facultade de Veterinaria de Lugo (Avda Carballo Calero SN).
11.00h. Santa Baia de Bóveda.
12.30h. San Miguel de Bacurín. Se hai tempo antes de xantar daremos un paseo pola Muralla da bimilenaria Lucus Augusti.
14.30h. Xantar.
16.00h. Visita á Catedral de Lugo.

Quén nos guía?
Carolina Casal (a nosa Carola).
Poderá amosarnos así a Casa na que agora traballa. Porque -para os que non estean informados- trocou hai uns meses os claustros de Samos polas naves da Catedral de Lugo. Seguro que esta nova xa chega tarde porque saberedes que hai pouco comisariou unha exposición na Catedral -xunto con D. César Carnero-. Esta exposición forma parte da visita da tarde.

Hai o ruxe-ruxe de que D. César Carnero -responsable de Patrimonio da diócese de Lugo- se non lle xorde algunha actividade de última hora que llo impida tamén nos acompañará.

Canto custa a actividade?
15€ para socios.20€ para non socios.Este prezo inclúe o xantar en Casa Manjer.Primeiro prato: variado de Polbo, Empanada e Tortilla.Segundo prato: a escoller entre carne de agulla asada ou peixe do día.Postre e bebidas.

Eh, e se non queremos xantar co grupo?
Daquela non hai máis que avisar de que faremos o xantar pola nosa conta. Aínda que advertimos que a compaña sempre mellora sensiblemente a calidade das viandas. Nese caso os asistentes só terán que abonar 5€.

Cómo me anoto?
Envía un mail a osorrisodedaniel@gmail.com cos seguintes datos:a) Nome e apelidos de cada unha das persoas que asistan.b) Enderezo electrónico de cada unha das persoas que asistan.c) Tfno móvil de cada unha das persoas que asistan.d) Aclaración de se no segundo prato se prefire peixe do día ou carne asada.

Hai prazas limitadas?
Si. Tanto Santa Baia de Bóveda como a visita que imos facer á catedral obríganos a limitar o grupo a un máximo de 40 persoas.

Hai unha data límite para se anotar?
O 10 de febreiro.

07/12/2011

Aparecen petróglifos superpostos en Mondariz que estaban sen catalogar

La Voz de Galicia
30/11/2011
Mondariz


Terra de mananciais e verdes. Parece que Mondariz gustaba xa fai miles de anos. Só así se explica que o municipio pode presumir da continua aparición de restos arqueolóxicos. Nesta ocasión trátase dun conxunto de petróglifos descuberto na parroquia de Queimadelos por Manuel Ledo, en concreto no monte Penalta. Os gravados teñen unha antigüidade de 4.000 anos e unha das súas particularidades é que as combinacións circulares concéntricas atópanse entrelazadas. Ademais, aproveitaron os relevos das formacións graníticas para plasmar os debuxos e dotalos de maior realismo.

Os restos non se atopan documentados, polo que o arqueólogo Alberte Reboreda realizou unha ficha técnica do inventario do xacemento, que leva o nome de Pedra das Nocellas, e que está a piques de entregar na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

«Hai que destacar a boa aceptación que tivo entre a comunidade de montes, porque o normal é que tenten escondelo para non ter que preocuparse», explica o descubridor, Manolo Ledo. De feito, os responsables dos terreos expresaron a súa intención de recuperalos. O obxectivo da Entidade Local Menor de Queimadelos é pór en valor os gravados, gardándoos do lume e instalando un equipo básico. A idea é completar a zona cunha mesa interpretativa, un valado perimetral de madeira e indicadores para que se poidan organizar visitas de xeito ordenado ao xacemento.

Pé dá Mula
A medida non é nova no municipio posto que xa se realizou un labor de recuperación cos petróglifos coñecidos como Pé dá Mula, situados nunha área de acceso a unha granxa de animais e cuxo deterioro foi denunciado ante a Xunta para evitar que un dos maiores conxuntos arqueolóxicos de Galicia se vise destruído polas feces e o abandono.Finalmente a alarma convertiuse nunha chamada de atención para as administracións e a zona foi recuperada e pechada. De feito, para o coñecemento e disfrute dos veciños organizáronse visitas nocturnas durante o verán, xa que baixo a luz artificial é cando mellor se poden observar os debuxos. Deste xeito os afeizoados puideron disfrutar dun dos maiores labirintos que existen en Galicia, unha das novidades que descubriron Manolo Ledo e Anxo de Prado, os promotores da recuperación dos petróglifos.

Cara o campo de fútbol
Situar os terreos da entidade menor de Queimadelos é sinxelo. Despois de chegar a Mondariz a través da A-52 e da N-120 é necesario atravesar o centro urbán e seguir as indicacións do campo de fútbol da Lago. Tras ascender uns metros, aparece a área de descanso, con amplo aparcadoiro, zona de lecer e os restos arqueolóxicos. A zona ten máis de cen hectáreas.

Na actualidade a zona está rodeada de maleza e resulta complicado ver todo o conxunto, pero a Entidade Local Menor de Queimadelos espera recuperar a zona, cercala e colocar indicadores para os visitantes. En concreto, o lugar está situado ao sueste do monte Penalta, a 381 metros sobre o nivel do mar.


03/10/2011

XORNADAS CASTREXAS 2011 en Cambre



IX XORNADAS CASTREXAS

Cambre 2011
7-9 outrubro


Programa

Venres 7 outubro
17:30 Visita guiada ao Castro de Elviña para escolares.
Saída: diante da Casa do Concello

Sábado 8 de outubro
10:30 Inauguración oficial (Salón de Pleno do Concello)
11:00 Conferencia, a cargo de Rafael Rodríguez Martínez
De Lambriaca á Lanzada. Retrospectiva e novos datos

11:45 Descanso

12:15 Conferencia, a cargo de Alfonso Fernández Fernández
O xacemento rupestre de Monte do Señorito: Un novo valor ao conxunto patrimonial de Armeá (Sta. Mariña de Augas Santas, Allariz)

Domingo, 9 de outubro
8:30 Excursión e visita guiada ao Castro de San Cibrao de Lás (San Amaro-Punxín, Ourense)
Xantar na zona, e á tarde, paseo polas históricas rúras de Ribadavia.
Saida: Diante da Casa do Concello


Inscripción gratuita

Lugar de Inscripción
Museo do Xacemento romano de Cambre e oficinas do Rexistro 
na Casa do Concello

Prazo de Inscripción ata o 5 de outubro



+INFO no site: Cambre.org

29/08/2011

A cultura xácigo de emprego

Boa pregunta, e aquí abaixo unha pequena resposta


Industrias culturais: cigos de emprego

CincoDias
29/08/2011
Jose María Álvarez de Lara


Nesta época, de dificultades económicas e de escasa creación de emprego, resulta alentador descubrir sectores que poidan axudar tanto á creación de emprego, como á creación de valor.

En todos os foros fálase de I+D como motor de futuro crecemento e da innovación en todos os ámbitos. A necesidade de investimento a, polo menos medio prazo, tanto en formación como en instalacións, fai postergar a xeración de emprego cando hai unha necesidade urxente de dar saída aos nosos mozos. Mozos preparados ou cunha formación máis básica, atópanse no mercado de traballo á expectativa dunha xeración de emprego difícil de visualizar.

Por sorte, o sector das industrias culturais pode ser considerado como un verdadeiro xácigo de emprego. Imos ás cifras actuais. Hai que saber que, debido á variedade do sector, a consecución de cifras sobre todos os aspectos do mesmo, tanto a nivel estatal como autonómico, é particularmente complexo. Con todo, os datos dispoñibles pódennos indicar tendencias de face ao futuro.

Obras de acondicionamento do Xacigo do Castro Vigo, hoxe en día visitabel

Hai máis de 100.000 empresas neste sector cun crecemento anual de 3% de media (sen contar as aproximadamente 1.000 fundacións vinculadas a este sector). O emprego xerado estímase nuns 750.000 empregos cun crecemento, ao longo dos últimos anos, superior ao 4% anual. Á vista deste panorama, é evidente que este sector resiste á crise mellor que outros e é capaz de crear empregos.

É ben certo que algunhas grandes empresas do sector efectuaron redución de persoal polas necesidades de adaptarse aos novos hábitos de consumo. Se falamos de consumo, hai que saber que, na maioría dos subsectores das industrias culturais, o consumo aumentou. Damos algúns exemplos evidentes: nunca na historia deste país consumiuse tanta música, imaxes ou libros. Tampouco se utilizou tanto material escrito; ido ao teatro ou visitado exposicións, museos, monumentos e edificios emblemáticos. Está claro que os hábitos de consumo cambiaron e, en consecuencia, os modelos de negocio teñen que cambiar. Na aplicación do modelo do valor intelectual ao valor económico desenvolvido por Esade, demóstrase que non hai crise de creación, senón unha dificultade de chegar ao consumidor que finalmente paga para que se cree valor económico e empregos.

A multitudinaria exposición El Ibers

Chegados a este punto: quen son os consumidores das industrias culturais?

Primeiro: o aproximadamente 70% dos 45 millóns de persoas que residen en España son consumidores dalgunha forma de industrias culturais.

Segundo: a gran maioría dos 53 millóns de turistas que visitan este país tamén o son. As estatísticas evidénciano: o turista non é xa o turista de praia e sol, senón que busca algún contido cultural durante a súa estancia, aínda que sexa só a visita dun monumento, un parque, ou calquera produto diferente ao que lle ofrece o seu país de orixe.

Se hai consumidores potenciais, hai posibilidade de negocio e de emprego. As cifras históricas demóstrannos que se actuou neste sector, pero hai que dar un empuxón suplementario. Como? Aí veñen un par de ideas. Unha: as escolas de negocios do noso país deberían potenciar a creación de seccións e actividades de CulturEmprendedor que fomenten ideas e proxectos de xente nova e ben preparada que se poidan aplicar a este sector. Por outra banda e, aínda que poida parecer un paradoxo, toda a prensa, (ben sexa nacional ou autonómica) publica seccións culturais.

Neste espazo, poderíase abrir unha sección de CulturaEmprendedor para dar a coñecer os proxectos e captar socios e futuros consumidores.

Afortunadamente, e de forma xeral, o sector de industrias culturais non necesita máis investimento en activos fixos da que xa se fixo no pasado que sexa patrimonio histórico. O que precisa é explotar estes intanxibles, que son a imaxinación e a paixón, conceptos que non constan en ningunha partida dos balances empresariais. Estamos de sorte, temos un xácigo de emprego, tócanos explotalo e rápido.

José María Álvarez de Lara, é Profesor do Departamento de Control e Dirección Financeira de Esade


Ir ao artigo orixinal en: CincoDias

17/08/2011

"Avistando" Petroglifos en Vilagarcia


 Despois de anos de que por medios radiofónicos se difundisen, e ainda fosen multitudinarias en todo o Estado iniciativas tan peculiares como "Alerta OVNI" ou "Noite de Avistamentos Extraterrestres", enchendo os nosos montes coa mais diversa fauna humana: de personaxes con abondo optimismo, moito tempo libre e, sen dubida, demasiada paciencia, despois de iso ...e por fin, agora -xa era hora!- a alguén se lle ocorre a idea de adicar unha noite enteira ao "Avistamento de Petroglifos", pasatempo ao meu parecer bastante mais productivo que o anterior

A vindeira noite do xoves os que esten por Vilagarcia de Arousa ou poidan achegarse poderán desfrutar desta interesante inciativa de divulgación organizada polo Ateneo Arousa e o Concello de Vilagarcia e coa nosa colega Bea Comendador como "estrela invitada" da noite. Agardamos que por está vez arqueofilos lles gañemos a man aos fans de E.T.

16/06/2011

II Xornadas Mouras: Mesa Redonda



II Xornadas Mouras
As Pontes, decembro de 2010

4ª parte: Mesa Redonda - A posta en valor do Camiño dos Arrieiros

Intervencións a cargo de:
- Carlos Otero Vilariño (CSIC)
- Ismael Blanco (PDPP)
- Marcial Tenrreiro (UDC)
- José Castro (Euroeume)

06/06/2011

II Xornadas Mouras (3ª parte)


II Xornadas Mouras
As Pontes, decembro de 2010

3ª parte: "Un camiño entre mámoas" - Marcial Tenreiro Bermúdez

Intervención a cargo de Marcial Tenreiro, nado na Terra de Trasancos, pero descendente de ponteses, seus avós foran de Cervicol e Ribadeume, é Licenciado en Humanidades pola Universidade da Coruña, obtén no ano 2006 o Diploma de Estudos Avanzados (DEA) na área de Arqueoloxía e Historia Antiga. Ese mesmo ano realiza o curso de Especialización en Estudos Céticos do Instituto de Estudios Celtas da "Real Academia de la Historia" (RAH).

Participa ademais nas campañas de escavación arqueolóxica como a do Círculo Lítico da Mourela (As Pontes, 2005) e o poboado ibérico de El Calbari del Molar (Tarragona, 2008), ou máis recentemente na das fases arcaicas da cidade grega de Ampurias (L´Escala, Alt Amporda, 2010).

É un dos responsábeis da organización dos I, II e III Simposio de Estudos Humanísticos da UDC, ademais de participar en diversos congresos e cursos sobre temas de Historia Antiga, Arqueoloxía e Etnografía, entre os que cabe destacar o I Congreso Internacional sobre a cultura celta. Os celtas da Europa Atlántica, (Ferrol, 1998); o I Congreso de Estudios Celtas do Instituto de Estudios Celtas da RAE, (Ortigueira, 2007); ou o III Congreso transfronteirizo de estudos celtas (España-Portugal), (Ortigueira, 2009).

En torno ás súas liñas de investigación actuais cabe destacar os seus estudos no campo da Etnografía, centrados no imaxinario popular. No eido da Historia Antiga e a Arqueoloxía, destacan as súas investigacións arredor da Romanización e as sociedades bárbaras (celtas e xermanos fundamentalmente) e a súa historia institucional, tratando diversos temas relacionados con estas temáticas en diferentes artigos.

31/05/2011

II Xornadas Mouras (2ª parte)



II XORNADAS MOURAS
As Pontes, decembro de 2010

1ª parte: "O cantar do arrieiro" - Moncho do Orzán
Intervención a cargo de Ramón Rodríguez Palleiro (A Coruña, 1985). A súa traxectoria artística está marcada pola súa profunda vocación musical e a súa paixón pola cultura galega. Formouse no mundo da gaita da man de Raúl Galego e Ricardo Santos. Foi membro dos grupos "Barallete" e "Os Cataventos", cos que percorreu boa parte da xeografía galega, e vogal da Asociación de Gaiteiros Galegos nos anos 2004 e 2005.

Na actualidade é corista e vicearquiveiro do histórico coro "Cántigas da Terra" da Coruña, coordinando o proxecto de posta en valor e recoñecemento do arquivo desta Institución, sen dúbida un dos máis ricos da música tradicional galega. Del forman parte foliadas, pandeiradas, alalás, cantos de arreiro... case todos recollidos na primeira metade do século XX, antes de que a radio e a televisión entrasen nas aldeas.

Colabora tamén na revista mariñana "A Xanela" na súa sección de folclore e vén de presentar por diferentes lugares da nosa xeografía unha palestra titulada "Os Coros das Irmandades, un xeito de vivir o País".

25/05/2011

II Xornadas Mouras (1ª parte)



II XORNADAS MOURAS
As Pontes, decembro de 2010

1ª parte: "Unha ruta cultural no Ortegal" - Carlos Otero Vilariño
Intervención a cargo de Carlos Otero Vilariño, arqueólogo, membro do LPPP Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente e Paisaxe do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento do CSIC, onde desenvolve o seu traballo como técnico de investigación dirixindo a Unidade de Cultura Científica, que orienta os seus intereses á difusión do Patrimonio Cultural e a fomentar a participación da sociedade no proceso de produción de coñecemento e na protección do patrimonio.

Entre 2000 e 2003 dirixiu diversos traballos dentro do programa de colaboración entre o LPPP e a Fundación Ortegalia, entre os que podemos destacar pola súa relación con estas xornadas a elaboración dun proxecto de posta en valor do Camiño dos Arrieiros como itinerario cultural, ou as intervencións arqueolóxicas nos xacementos de Forno dos Mouros e no castro de Punta dos Prados (Ortigueira).

O estudo sobre o Camiño dos Arrieiros, titulado "Unha ruta cultural no Ortegal" (dispoñible online) é sen dúbida un primeiro paso para a posta en valor da paisaxe do noso territorio, considerando os vestixios do pasado como parte integrante do mesmo e partindo da análise da súa dimensión temporal, empregando como fío condutor o proceso de cambio e a humanización do medio dende a prehistoria nun entorno natural excepcional como o constituido polas serras Coriscada e Faladoira.

10/05/2011

A Plataforma das Pontes organiza un roteiro cultural polo Camiño dos Arrieiros para o vindeiro sábado


ahoradosmouros
Redacción

A Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes vén de anunciar a realización da primeira etapa do roteiro cultural que organiza de xeito anual por este antigo camiño coñecido como Camiño dos Arrieiros ou Camiño Grande e que discorre ao longo duns 42 quilómetros, unindo As Pontes co porto de Vares. Esta vía tense empregado dende a Prehistoria como arteria de intercambio comercial, constituíndo unha das rotas principais de comunicación entre os pobos do noroeste peninsular, das Illas Británicas e da península Armoricán. A vía recibe o nome dos chamados arrieiros, que durante séculos trafegaron con todo tipo de mercadorías ao lombo de mulas e cabalos.

Máis de 200 mámoas emprazadas nas serras da Faladoira e Coriscada, flanquean o camiño desde As Pontes a Bares. Estas construcións prehistóricas forman xunto coas pedrafitas e as cruces de pedra unha unidade patrimonial de especial interese, que fan do Camiño dos Arrieiros un dos activos culturais máis importantes do territorio.

Un itinerario no que desfrutar tamén da natureza, e dalgunhas especies protexidas como a Erica tetralix, presente en zonas enchoupadas ás que acoden a beber os centos de cabalos que viven en réxime de semiliberdade polas serras.

Nesta ocasión realizarase un primeiro treito duns 25 quilómetros, a través dos concellos das Pontes e Mañón. A organización puxo a disposición dos participantes un autobúa para o viaxe de volta.

O prazo de inscrición na actividade remata o 13 de maio e podedes apuntarvos nesta web: www.amigus.org

28/04/2011

Na procura do patrimonio rianxeiro

La Voz de Galicia
26/04/2011
Rianxo

Non é que aos rianxeiros lles embargue o espírito de Indiana Jones cada vez que se dispoñen a tentar acadar algún dos numerosos recursos arqueolóxicos diseminados polo municipio, é que non lles queda máis remedio. Iso sentiron os integrantes dunha comitiva que hai uns días visitou algún dos xacementos máis importantes do municipio. Os aguerridos sendeiristas víronse obrigados a usar os bastóns que portaban para apoiarse e facilitar a camiñada con ferramentas indispensables para abrirse paso entre a maleza. E é que, o que prometía ser un tranquilo paseo polo monte, converteuse nunha odisea en busca dunha arca perdida que, neste caso, ben podería chamarse petroglifo da Foxa Vella ou mámoas dos Campiños.

Estado actual da cámara megalítica da mámoa do Campiño

O punto de partida da ruta foi Rianxiño, onde existe un castro descoñecido para boa parte dos veciños da localidade. Aínda que o certo é que nunca se escavou, de modo que o único que alí pode verse é un montículo infestado de árbores e plantas e rodeado dun foxo cuberto pola vexetación.

Seguindo co trazado previsto, nova parada nunha zona pedregosa na que, o que máis e o que menos, párase a observar cada roca en busca de sinais prehistóricos. Parece ser que a zona está infestada de petroglifos, aínda que a maleza e o espolio das pedras dificultan a tarefa de dar con eles.

Petroglifos da Foxa Vella 1 (Galería do CRA de Rianxo)

A zona do Alto do Corniño é o seguinte lugar de observación, aínda que os profanos na materia acaban por pisar os gravados -que amosan peculiaridades propias de Rianxo como o debuxo das patas dos cervos con tres trazos- para evitar que os toxos campen ás súas anchas. Ao parecer, unha malla laranxa sinalizaba os elementos arqueolóxicos, pero acabou irremediablemente engulida pola maleza.

Petroglifos da Foxa Vella 2 (Galería do CRA de Rianxo)

Con todo, a gran aventura do día, que obrigou aos máis fortes do grupo a librar unha batalla a corpo descuberto coa natureza, foi a chegada ao petroglifo da Foxa Vella, xa na parroquia de Asados. Trátase dunha pedra infestada de petroglifos que conta con elementos tan inusuais como a marca dunha man, puñais ou cruces. Un suspiro de alivio escápaselle a un cando ao chegar ao lugar ve finalmente a pedra. Porque antes foi preciso ir abríndose paso a bastonazo limpo entre a espesa vexetación, máis alta que os excursionistas nalgúns tramos, e baixar por un empinado e esvaradío terreo. E iso que non fai tanto, no 2006, a Xunta realizou un investimento para a súa posta en valor.

Petroglifos da Foxa Vella 3 (Galería do CRA de Rianxo)

Para chegar ao petroglifo da Foxa Vella é preciso abrirse paso a bastonazos.

26/04/2011

Deuses, Mitos e Ritos do Monte do Seixo - Presentación do Libro


Presentación do livro de Rafael Quintía Pereira

29 de abril / 20:00 h

Galería Sargadelos de Lugo

DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Edit. Serpe Bichoca

O acto, contará com a participaciín de Joâo Bieites, realizador do documental "Monte do Seixo. A Montaña Máxica" (da que podedes ver aquí o Trailer)