Camiños dos Arrieiros - Roteiro cultural
Saida: 09'30 h diante do Museo Etnográfico Monte Caxado
Chegada: 19'00h
Chegada: 19'00h
Ultimos dias para apuntarvos a primeira etapa do roteiro polo Camiño dos Arrieiros 2012 Camiño dos Arrieiros ou Camiño Grande discorre ao longo duns 42 quilómetros, unindo As Pontes co porto de Vares. Este camiño tense empregado dende a Prehistoria como vía de intercambio comercial, constituíndo unha das rotas principais de comunicación entre os pobos do noroeste peninsular, das Illas Británicas e da península Armoricán. A vía recibe o nome dos chamados arrieiros, que durante séculos transportaron todo tipo de mercadorías ao lombo de mulas e cabalos.
Máis de 200 mámoas emprazadas nas serras da Faladoira e Coriscada, flanquean o camiño dende As Pontes a Vares. Estas construcións prehistóricas forman xunto coas pedrafitas e as cruces de pedra unha unidade patrimonial de especial interese, que fan do Camiño dos Arrieiros un dos activos culturais máis importantes do territorio
Nesta ocasión realizaremos un primeiro treito duns 25 quilómetros, a través dos concellos das Pontes e Mañón.

Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.