Mostrando postagens com marcador patrimonio natural. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador patrimonio natural. Mostrar todas as postagens

21/03/2013

Aberto o prazo de inscrición para participar no IV roteiro cultural polo Camiño dos Arrieiros

ahoradosmouros.blogspot.com
21/03/2013
As Pontes

A Plataforma na Defensa do Patrimonio de As Pontes e a Liga Céltiga Galaica veñen de anunciar a IV edición do roteiro cultural polo Camiño dos Arrieiros que organizan anualmente e que este ano como novidade realizarase en tres etapas, co fin de reducir a súa dificultade e fomentar unha maior participación.


O Camiño dos Arrieiros ou Camiño Grande discorre ao longo duns 50 qm. unindo As Pontes co porto de Bares en Mañón. Esta vía tense empregado dende a Prehistoria como canle de comunicación comercial, constituíndo unhas das rotas principais de relación entre os pobos do noroeste peninsular, das illas británicas e da península armoricán. A vía recibe o nome dos chamados arrieiros, que durante séculos transportaron todo tipo de mercadorías ao lombo de mulas e cabalos.

Máis de 80 mámoas e un círculo lítico emprazados nas serras da Faladoira e A Coriscada, sinalan o camiño dende As Pontes a Bares. Estas construcións funerarias da Prehistoria forman xunto con pedrafitas e cruces de pedra unha unidade patrimonial de especial interese, que fan do Camiño dos Arrieiros un dos activos culturais máis importantes do territorio.

Un itinerario no que desfrutar tamén da natureza, así como dalgunhas especies protexidas como a Erica tetralix, presente en zonas enchoupadas ás que acoden a beber os centos de cabalos que viven en réxime de semiliberdade polas serras. Lendas de mouros e encantos asociados ao camiño que foron transmitidas durante xeracións de pais a fillos e que manteñen viva a lembranza dos pobos que habitaron noutro tempo este territorio.

Sábado 13 de abril
A primeira etapa do roteiro cultural terá lugar o vindeiro sábado 13 de abril, nun treito duns 20 quilómetros, que levará aos participantes a coñecer algunha das necrópoles máis interesante do camiño, así como o Círculo Lítico do Bidueiral, unha construción circular de pedra asociada a un conxunto tumular na parroquia pontesa de Somede.

Círculo lítico do Bidueiral en Somede (As Pontes)

Dende a organización recomendan levar xantar para o mediodía e auga para o camiño, así como roupa axeitada para andar polo monte (roupa de augas, gorro e botas de montaña), protección solar e cámara fotográfica. A saída será ás 10 da mañá diante do Museo Etnográfico Monte Caxado (As Pontes). O xantar está previsto que se realice na antiga escola de Somede, cedida pola Asociación de Veciños "As Fervenzas de Somede" para tal fin. Habilitaranse vehículos para a volta dende O Freixo ata As Pontes, prevista para ás 19:00 do serán.

Inscricións e máis información
Todas as persoas interesadas en participar na actividade poderanse inscribir antes do día 12 na seguinte ligazón: INSCRICIÓNS. Colaboran a Asociación Informática Amigus, a Asociación de Veciños "As Fervenzas de Somede" e o Concello de As Pontes.

Para obter máis información sobre o camiño podedes visitar a web www.arrieiros.com


16/04/2012

Camiño dos Arrieiros 2012 - últimos dias!


Camiños dos Arrieiros - Roteiro cultural

  
Saida: 09'30 h diante do Museo Etnográfico Monte Caxado
Chegada: 19'00h


Ultimos dias para apuntarvos a primeira etapa do roteiro polo Camiño dos Arrieiros 2012 Camiño dos Arrieiros ou Camiño Grande discorre ao longo duns 42 quilómetros, unindo As Pontes co porto de Vares. Este camiño tense empregado dende a Prehistoria como vía de intercambio comercial, constituíndo unha das rotas principais de comunicación entre os pobos do noroeste peninsular, das Illas Británicas e da península Armoricán. A vía recibe o nome dos chamados arrieiros, que durante séculos transportaron todo tipo de mercadorías ao lombo de mulas e cabalos.
  
Máis de 200 mámoas emprazadas nas serras da Faladoira e Coriscada, flanquean o camiño dende As Pontes a Vares. Estas construcións prehistóricas forman xunto coas pedrafitas e as cruces de pedra unha unidade patrimonial de especial interese, que fan do Camiño dos Arrieiros un dos activos culturais máis importantes do territorio

Nesta ocasión realizaremos un primeiro treito duns 25 quilómetros, a través dos concellos das Pontes e Mañón.







Data límite de inscrición: 18 de abril.  Esperamosvos!


+INFO e inscripcións en:   Arrieiros 2012

01/04/2012

Desculpade ... estamos de Loito

Desculpade o silenzo pero hoxe é un dia de loito
 

Casualidades da vida (?)



  
Unha mineira anglo-africana quere explotar un lugar colindante ás Fragas do Eume


Dioivo
1/04/2012
Marga Tojo


O paraíso natural das Fragas do Eume convertiuse en cinzas. A Xunta admite que arderon 850 hectáreas, a maioría de vexetación. A alcaldía da Capela, cífraas en máis de 2.000.

Que ou quen hai detrás dun incendio voraz neste expoñente de bosque atlántico europeo, espazo protexido desde 1997? A falta de chuvia, a falta de medios... Existíu intencionalidade?



Implicado ou non, entre o lume agroma un dato que cómpre coñecer: a intención dunha empresa mineira de capital anglo-sudafricano co nome Picobello Andalucita SL, de explotar un xacemento de andalucita no subsolo do Pico Vello, un lugar da parroquia de Goente, no Concello d'As Pontes, colindante coas Fragas do Eume. Lugar de grande biodiversidade, onde nace unha das fontes do Río Belelle e medra un bosque de especies autóctonas.



Explícano os autores do Blogue en defensa de Pico Vello que contén bastante información sobre o que acontece. E expresan "queremos contribuir a conseguir a declaración para a zona de Espazo Natural Protexido ou que esta se inclua no Parque Natural das Fragas do Eume. Parte da zona, pretendida pola explotación mineira, xa está incluída na Proposta de Ampliación da Rede Natura".