24/10/2012
Ezequiel Pérez Montes
Dada a dedicación de 235.000 euros para a escavación no Castro de Elviña, arqueólogos, investigadores e escritores da especialidade pregúntanse onde están os restos e vestixios xa cobrados en anteriores escavacións. Outro tanto ocorre co Castro do Cociñadoiro, en Langosteira.
O historiador Carlos Brea escribiu o libro "Galicia: Celtia versus Gallaecia", no que se pregunta sobre os interrogantes supraescritos. No libro refírese ao Plan Artabria. Hai tres puntos de referencia no período celta: Castro de Elviña, Castro do Cociñadoiro e lumeira da Torre de Hércules. Hai cinco puntos no período romano: os tres anteditos, o poboado de San Vicenzo de Elviña e a citania do Cantón e rúa Real. Entre 1947 e 1985 atopáronse en Elviña o templo do ídolo fálico, o alxibe, a casa da exedra e as murallas. Máis tarde apareceron o tesouro de Elviña en ouro, a casa da coroa ou "croa" e o taller metalúrxico.
Recentemente, o Concello sacou a concurso a nova fase de actuación. O proxecto Artabria, da época de Paco Vázquez, incluída a creación dun parque arqueolóxico e un museo da Historia. Agora falta por recuperar o Castro de Cociñadoiro, levantado e apiladas as súas pedras numeradas en sabe Deus que local da Deputación. Todo, cecais perdido, como a mámoa atopada no campo de golf. O custo total do proxecto Artabria sería de 38 millóns. O proxecto foi gañado por Manuel Galego Jorreto e sería de 14,5 millóns.
Torre de alta tensión ilegal no Castro de Elviña
Debería concluírse en 2007, pero a estas alturas, non se sabe nada. Item máis: desde 1962 denunciouse a torre de alta tensión existente sobre a croa do Castro de Elviña. O Concello demandou a Rede Eléctrica Española e gañou por sentenza de 1965, pero a torre segue aí.
Segundo o arqueólogo José María Luengo, tamén en A Zapateira hai vestixios megalíticos. No seu día, Paco Vázquez bautizou o proxecto de Elviña como Casa dos Antepasados. Cambiáronlle o nome por Casa da Historia e agora é Artabria. Presidía a Deputación, cando se expoliou o Cociñadoiro, o señor Moreda. Un castro desmantelado e sen visos de ser restaurado na zona de Langosteira. Xa sei que non é momento de aventuras económicas, pero é o que hai.
Menuda sarta de barbaridades. Penso que non hai unha sola frase que responda á realidade. Un exemplo, do final: "O Concello demandou a Rede Eléctrica Española e gañou por sentenza de 1965". O Concello da Coruña non demandou nunca a ninguén pola torre de Elviña. E en 1965 a torre non era de Rede Eléctrica Española, se non de FENOSA.
ResponderExcluirEn canto aos restos "cobrados" en Elviña, non sei qué arqueólogos, especialistas e escritores se preguntan ónde están. Salvo ese fantasmal amigo de Pérez Montes, todo o mundo sabe que os restos de Elviña están no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón en A Coruña.
E así o resto.