26/10/2012

Talas de eucalipto afectan a un castro na Mariña


Novas  talas de eucalipto, afectan un castro protexido

ADEGA e Mariñaptrimonio insta ao Servizo de Patrimonio para que actúen con dilixencia e eviten que a repoboación e a utilización de maquinaria pesada causen novos danos neste ben patrimonial

A Mariña, 24 de outubro de 2012

ADEGA e Mariñapatrimonio denunciaron  perante o Servizo de Patrimonio da Xunta os posibles danos ocasionados pola tala do monte de eucaliptos nos  Castros ou Engrobias parroquia de San Martiño- concello de Foz (Lugo)

                                             Castros - Engrobias (San Martiño-Foz-Lugo) vista aerea
Para esta tala utilizouse maquinaria pesada sobre o xacemento e  efectuáronse remocións de terra nun sector do parapeto, accións que  puideron afectar o xacemento, protexido pola lei de Patrimonio.

Castros - Engrobias (San Martiño-Foz-Lugo) foxo
A día de hoxe non se teñen feito labores de repoboación sobre o xacemento que, como é sabido, utilizarían maquinaria pesada e efectuaríanse remocións de terra  que provocarían a destrución do xacemento,

remocións de terra nun sector do parapeto
ADEGA e Mariñapatrimonio instamos ao Servizo de Patrimonio para que actúen con dilixencia e, conforme contempla  a Lei de Patrimonio,  eviten que a repoboación e a utilización de maquinaria pesada causen danos neste ben patrimonial.
remocións de terra nun sector do parapeto
ADEGA e Mariñaptrimonio lamentamos unha vez máis estas agresións ao noso patrimonio e, asemade, lamentamos os prexuízos que ocasionan aos propietarios a falta dunha política axeitada que garanta a protección e conservación do patrimonio cultural.     

Manuel Miranda (Mariña Patrimonio)



Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.