A Iconografía virtual nos castros do occidente salmantino
Arqueovirtual
24-02-12
Tània Martínez Gil
Nos últimos anos a Deputación de Salamanca iniciou diversos proxectos de revalorización dos castros do occidente baixo a lema ou marca turística do Territorio Vetón. No proxecto toman protagonismo os castros de Las Merchanas (Lumbrales), Castillo de Saldeana (Saldeana) e Lugar Viejo (Yecla de Yeltes). Unha de actuacións pioneiras foi a realización de modelos 3D de cada un dos castros co obxecto de crear un recurso comprensible para todos os públicos e facilmente reaplicable nos distintos espazos interpretativos da ruta histórico-arqueolóxica.
As infografías xeradas nas actuacións patrimoniais de 2005 ofrecían unha visión de mínimos da cultura vetona e por iso procedeuse á reconstrución iconográfica hipotética dos castros, grazas ás innovacións tecnolóxicas e os esforzos no campo da investigación e a museización.
Os modelos virtuais foron elaborados co programa 3D Maya e executados por Guillem Hernández Pongiluppi e Eusebi Malvárez López baixo o asesoramento do grupo DidPatri da Universidade de Barcelona.
Recomendámosvos para saber máis a lectura de: Martínez, T. y M. C. Rojo Ariza (2011): "Una aproximación virtual al Territorio Vetón." ÍBER. Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia, 68, pp. 25-32.
Recomendámosvos para saber máis a lectura de: Martínez, T. y M. C. Rojo Ariza (2011): "Una aproximación virtual al Territorio Vetón." ÍBER. Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia, 68, pp. 25-32.
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.