08/08/2012

A xuíza dita que se analicen as pezas achadas en Iruña-Veleia



diariovasco.com
2/08/2012
Donosti

A titular do Xulgado número 2 de Vitoria-Gasteiz, Susana Junquera Baixo -que investiga a posible fraude nos achados de Iruña-Veleia por parte de Eliseo Gil e a empresa Lurmen- deu un paso no proceso. Ordenou que o Instituto do Patrimonio Cultural de España realice un informe pericial sobre as pezas atopadas no emprazamento arqueolóxico. Estas análises levaranse a cabo sobre as pezas arqueolóxicas para coñecer as súas características morfolóxicas e químicas, ademais da alteración e antigüidade das superficies expostas, entre outras cousas.


Segundo Lurmen (empresa que xestionou o xacemento, solicitou ao xulgado a realización das probas e agora amosou a súa satisfacción pola decisión da xuíza), a resolución, do 24 de xullo, contradí as declaracións de quen afirman que é imposible unha resolución arqueométrica do caso e que non existen semellantes probas analíticas.



Estas análises levaranse a cabo sobre as pezas arqueolóxicas (as súas características morfolóxicas e químicas, alteración e antigüidade das superficies expostas, pátina recoñecible por variación morfolóxica ou química, existencia de depósitos superficiais secundarios e a súa posible formación durante o soterramento), sobre as propias inscricións (presenza de restos de ferramentas, evidencias de alteración, antigüidade), sobre os depósitos secundarios ou adherencias (a súa composición e relación coas inscricións).


Contrastada experiencia
Lurmen manifesta que, segundo consta na documentación adxunta a esta resolución (concretamente nun oficio presentado pola área de Medio Ambiente e Urbanismo da Ertzaintza), o Instituto do Patrimonio Cultural de España conta con arquitectos, arqueólogos, etnógrafos, restauradores, físicos, xeólogos, químicos, biólogos, documentalistas, informáticos, bibliotecarios, arquiveiros e conservadores.


O seu labor é, entre outros, a investigación dos bens que conforman o Patrimonio Cultural do Estado, contando con contrastada experiencia na investigación de todo tipo de fraudes no ámbito cultural, xa que colaboran de xeito continuado coas seccións especializadas en Patrimonio Histórico da Garda Civil e do Corpo Nacional de Policía.

para mais INRI  ... "RIP"!

Segundo Lurmen, ese instituto ten a capacidade para a realización de análises moi específicas dos grafitos (por exemplo, aplicación de microscopía electrónica de barrido), mediante os que se poderían chegar a datar as pezas, realizar un cotexo das incisións que presentan para detectar incoherencias ou un estudo pericial dos posibles útiles usados para a súa confección, entre outras probas.


Um comentário:

  1. Advertência: todas as imagens -e ainda que pareza conha- "incluída a primeira", são das inscrições de Irunha-Veleia

    Não se trata de uma broma ou de ironia gogoltiana em absoluto, é assim

    ResponderExcluir

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.