23/05/2012

O muro centenario de Labio, catalogado por Cultura, vénse abaixo

La Voz de Galicia 
17/5/2012
Lugo

Mentres a Consellería de Cultura, o goberno local e a oposición do Concello, a comunidade de montes comunais da parroquia e ata a Confederación Hidrográfica Miño-Sil están a piques de pleitear pola legalidade do muro novo do cemiterio de Labio, que foi pagado pola Deputación, o peche antigo, construído hai séculos con pedra de mampostería e catalogado pola Dirección Xeral de Patrimonio, está a piques de desaparecer para sempre. Boa parte das pedras da parte traseira derrubáronse xa, e as que quedan en pé están un paso de sucumbir. Un desastre patrimonial, como denunciaron onte algúns veciños. Destacan que ampliar o cemiterio era necesario porque moita xente que vive na parroquia non ten nicho nin tumba por falta de espazo, pero cren que as xestións non se realizaron ben. «Construíron un muro cunhas pilastras enormes e cunha pedra de canteiría que non coincide para nada coa que había, pero unha vez que está feito, deberíano deixar porque agora nin imos ter cemiterio novo nin muro antigo», criticou unha residente da zona. 


Consellería de Cultura declarou ilegal a nova construción argumentando que as obras executadas non se corresponden co informe técnico que lle presentaron. A Hidrográfica, pola súa banda, ordenou tirar o muro novo alegando que a obra foi realizada cerca do río Fervedoira e do manancial A Fonte sen autorización do organismo fluvial.


Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.