25/04/2012

Seguindo ao Sol

Lançamento do livro “Following the Sun”, uma ‘guia de viagens ao fim do mundo’
   
IGEC
20/03/2012
   
Na próxima sexta dia 27 de Abril a Deputación da Coruña organiza a apresentação do livro “Following the Sun – Siguiendo al Sol – una guía de a viajes al fin del mundo” de Gabriel Fraga de Cal.

Neste evento estarão presentes também diversas personalidades que aparecem na obra de Fraga de Cal, como Richard Mohan (prior do Purgatório de S. Patrício, Irlanda) e Donatien Laurent (etnólogo e ex-director do Centro de Investigação de Estudos Celtas da Universidade da Bretanha Ocidental), Pela parte galega também estarão presentes varios membros do Instituto Galego de Estudos Célticos (IGEC) como Heitor Rodal, A.X. Pena-Granha, Michellet Harris ou Xoán Paredes

Este projeto de investigação, visto sob a perspectiva dum foto-jornalista, consistiu no estudo da etnografia, antropologia e construções do património das regiões da Europa Atlântica, as suas similitudes na história e as suas diferenças, para o que o autor viajou aos lugares mais emblemáticos das fisterras atlânticas.

A apresentação terá lugar na sala ‘Manuel López’ da biblioteca da Deputación (R/ Rego de Água 37, Corunha) às 20h.


+INFO no site do:  IGEC

3 comentários:

  1. Mise Éire4/28/2012

    Parece un traballo interesante. Estou vendo as fotos na páxina do autor é gústanme. http://www.gabrielfragadecal.com/#/landscapes/4560775658

    Alén dos trazos culturais compartidos, non se pode negar o parecido físico das orografías galega e irlandesa.

    E a ver se cambiades o título deste artigo, Following the Sun, tradúcese para o galego, en calquera das súas formas, Seguindo o Sol, ;)

    Tema para discutir horas, é a tendencia de suprimir os artigos dos topónimos galegos. Tan forte é a presenza do artigo no galego que moitas formas españolizadas incorporaron necesariamente un artigo innecesario para o castelán. A Coruña, traducido por La Coruña, é un bo exemplo. Sería irónico que este vicio do galego se mantivese no topónimo en castelán e desaparecese do galego en favor dunha forma Coruña /Corunha.

    Saúdos

    ResponderExcluir
  2. Anônimo5/02/2012

    A dipu de LAcoru pasa de artigos, discusións e galegadas... EN CASTELÁN E PUNTO!!

    ResponderExcluir
  3. Mise Éire5/05/2012

    Que a Deputación use o castelán “e punto” non cambia para nada que “Following the Sun” se traduza para o galego como “Seguindo o Sol”, nin que o nome da cidade, tanto en uso dos falantes como na forma oficial sexa A Coruña.

    ResponderExcluir

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.