20/04/2011

Unha de celtas e romanos

ABC.es
19/04/2011
Santiago de Compostela

O cinema galego está a pasar por un dos seus mellores momentos e a confirmación de que a primeira superproducción galega está a piques de poñerse en marcha é unha boa mostra delo. O título desta cinta, coa que o audiovisual galego tentará introducirse nun mercado ata o de agora descoñecido, será «Galaicus» e terá un ton épico que recorda a outras grandes produccións do cinema histórico, tan pouco recreado dentro das fronteriras galegas.

En concreto, serán as loitas entre románs e celtas as que exportarán a nivel internacional «o concepto da identidade de Galicia máis aló das ideoloxías». Nestes termos se referiu ao proxecto o actor Luis Tosar, produtor e protagonista da cinta, quen ademáis indicou que «non se trata dunha película que se poida considerar cine de autor senón dun traballo máis ambicioso que abarca un período da nosa historia que foi determinante, no que chocaban dúas culturas que teñen que ver con nós», afirmou o recoñecido intérprete que asumirá o papel de Décimo Junio Bruto, procónsul de Roma.

Así, a acción trasladará ao espectador ao século II, no 137 a. C., cando trala morte de Viriato e a rendición dos pobos lusitanos, Bruto chega a terras galaicas. Será o momento no que os romanos tentarán invadir Galicia e se atoparán con río Letes (Limia, na actualidade), testemuña da batalla entre castrexos e romanos e metáfora do esquecemento.

Cun orzamento de preto de catro millóns de euros, a productora ZircoZine (encargada do proxecto) xa comezou a súa xira polos circuítos internacionais para entablar contactos con outros países e dar lugar a unha coproducción. Polo de agora, e segundo manifestaron os responsables da firma, as conversas céntranse en países como Irlanda e Reino Unido. Ademáis, o filme conta coa colaboración das institucións ourensanas e dos organismos locais. Esta provincia converterase en esceario da rodaxe, xunto con outros municipios de Lugo. A Festa do Esquencemento, que se celebra anualmente en Xinzo de Limia, marcará o arranque da historia.

Rigor histórico
A falta de coñecer quen será o encargado de dirixir esta produción que se empezará a rodar presumiblemente no segundo trimestre de 2012, confírmase a adhesión ao proxecto de grandes nomes da escea galega como Farruco Castromán, Rubén Riós ou o propio Tosar. Como artífices da idea, estos personaxes aclararon, ademáis, que para garantizar o rigor histórico do proxecto contarán coa axuda de investigadores da Universidade Complutense de Madrid, da Universidade de Santiago de Compostela e de asociacións como Civitas Limicorum ou o Arde Lucus.

Este afán por salvagardar a estética desta época histórica tamén fixo plantexarse aos produtores a posibilidade de reconstruir un castro de pedra auténtico para a rodaxe, coa finalidade de que este serviva máis aló da gravación e «quede para a posteridade como recordo da película», en palabras de Castromán. O cineasta recoñeceu tamén que, nun principio, pensou nesta historia coma nunha curtametraxe, «pero eso só era a semente do que Galaicus será».

Um comentário:

  1. Parece que vai adiante, melhor que Hispania, certamente será. A ver que sae, espero que algo interessante e de qualidade, e não como a teleserie antes citada que é um verdadeiro disparate cheio de anacronismos, tramas simplistas e errores históricos e de estenografia brutais ... os galegos de seguro o faremos melhor ;-)

    ResponderExcluir

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.