20/04/2011
Barcelona
Os restos inhumados, posiblemente dunha muller que viviu hai 6.000 anos, con algúns dos seus elementos persoais, apareceron durante as obras de ampliación do parking na praza da Gardunya de Barcelona, segundo explicou Ferran Puig, xefe de servizo de Arqueoloxía do Museo de Historia de Barcelona (MUHBA).
Enterrada en posición fetal e acompañada dos seus obxectos de ornamento persoal líticos e de óso, como un brazalete de contas de variscita, un material orixinario das minas neolíticas de Gavà; un colar de esteatita e un colgante co cabeiro dun xabaril, a muller pertenceu, segundo Puig, a un grupo de persoas nómades segundo as tempadas do ano, que cultivaba e era gandeiro de forma incipiente e que colleitaba moluscos.
Despois do seu achado, os restos e os obxectos serán trasladados ao centro de restauración do Muhba onde se procederá á súa preservación e o seu estudo completo, cousa que permitirá corroborar a data exacta na que a muller viviu. Algo que non estará exento de dificultade, xa que Puig avisou de que os ósos se atopan en mal estado pola acidez do substrato, polo que non se poderán conservar aínda que si contribuirán á datación do conxunto mediante o Carbono 14.
Puig non descartou que nos arredores da praza haxa outros restos, aínda que advertiu de que moitos poidan terse perdido en épocas anteriores pola intensa utilización deste espazo que foi ocupado durante época romana, medieval e moderna, momento no que o solar estivo ocupado polo convento de Jerusalém xa desaparecido.
Segundo Joan Roca, director do Muhba, o achado "permite ter unha perspectiva xeral deste crebacabezas e lograr un coñecemento suficiente profundo desta época". O director asegurou que o centro que dirixe está a preparar para "dentro de dous ou tres anos" unha exposición sobre este período histórico da cidade.

Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.