Entre outros sitios históricos que padeceron a "taxación" están tamén Blackpool Tower, con 60 millóns de libras, e Brighton Pavillion, con 51,9 millóns.
Nembargantes, o monumento máis peculiar da lista é Stonehenge. Os axentes inmobiliarios conseguiron determinar o valor material das súas catro circunferencias concéntricas formadas por grandes bloques de pedra en 51 millóns de libras.
Ao parecer, tomaron en conta todos os factores: este complexo cerimonial dátase na Idade do Bronce, e ademais dos círculos de pedra, que se asociaban coa morte nos cultos pagáns, ofrece tamén os de madeira, como un símbolo da vida, e avenidas ceremoniais, cuxas funcións na época antiga seguen a ser un misterio na actualidade, xa que podería ter sido empregado como templo relixioso, monumento funerario ou observatorio astronómico.
Os responsables da enquisa afirman que, obviamente, ningún dos monumentos do listado estará endexamais en venda, pero para eles foi todo un reto intentar determinar un valor axeitado para estes lugares históricos baseándose na situación actual do mercado inmobiliario.
Vendo o prezo de Stonehenge está claro que sae moito máis barato destruír un xácigo.
ResponderExcluirOra ben, maiormente os depósitos arqueolóxicos non teñen prezo no que se refire á súa conservación, ao seu valor cultural.