20/05/2009

Un fósil de 47 millóns de anos dá pistas sobre a evolución humana

El País
20/05/2009
Axencias

Ida ten 47 millóns de anos pero consérvase moi ben para a súa idade. "É o fósil de primate máis completo que se ten atopado nunca", explica o grupo de científicos que presentou este martes no Museo de Historia Natural de New York os restos dunha femia nova que, aseguran, podería ser o "elo perdido" da evolución antropoide.


A presentación de Ida, realizada polo canal de televisión temático History xunto cun grupo de científicos do Instituto de Investigación Senckenberg da Universidade de Oslo, prodúcese un día antes da incorporación do fósil á exposición sobre os máis grandes e pequenos mamíferos da historia que realiza o museo neoiorquino.

Segundo o exposto polos expertos na presentación, o fósil de Ida, de 58 centímetros de lonxitude, é vinte veces máis antigo que a maioría dos restos existentes que explican a evolución humana. E non só iso, estes científicos afirman que podería ser "unha especie transitoria que amosa características dunha liña moi primitiva non humana, a dos prosimios parecidos aos lemures, pero que se relaciona coa evolución humana, a dos antropoides, que inclúe a monos, simios e humanos".

Os achádegos científicos apuntan que o fósil de Ida situaríase "na raíz da evolución antropoide", cando os primates desenrolaron por vez primeira características que logos evolucionarían nas da especie humana.

"Este espécime é como atopar a arca perdida para un arqueólogo", dixo o científico nórdico Jorn Hurum, da Universidade de Oslo, director do equipo de paleontólogos que durante os últimos 2 anos analizaron o 95% do fósil e estudaron o seu código xenético. Hurum atopou o fósil nunha convención anual de paleontología celebrada na cidade alemá de Hamburgo, e logo de confirmar a súa autenticidade, recadou os fondos necesarios para incorporalo ao Museo de Historia Natural de Oslo.

Segundo o paleontólogo alemán, Jens Franzen, Darwinius masillae, nome oficial do fósil, bautizado en honra a Charles Darwin, pero alcumado Ida, "é de lonxe o fósil de primate máis completo que se atopou. Cando se publiquen os resultados da nosa investigación, terá o mesmo efecto que se un asteroide batese contra a Terra".

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.