14/01/2009
O segundo Stonehenge aparece en Alemania
A estrutura data do 3.000 a. C.
Pömmelte/Magdeburgo, Alemania. Un equipo de arqueólogos descubriu no Este de Alemania unha construción prehistórica que data do ano 3.000 a.C. e é moi similar ao coñecido Stonehenge de Inglaterra, pois ambos eran centros de culto astronómico e ritual.
Segundo o director do proxecto, François Bertemes, da Universidade Martin Luther de Halle/Wittemberg, o achádego na rexión de Pömmelte, no estado de Sajonia-Anhalt, “deixa claro que este tipo de construcións tamén se daba na parte central de Europa”.
O monumento de forma circular ten cerca de 4.250 anos e foi utilizado durante máis de dous séculos como lugar de sacrificio e culto aos mortos. Moi probablemente, segundo os expertos, tamén tiña fins astronómicos.
É moi posíbel que os levantamentos de Stonehenge e Pömmelte se basearan nos mesmos principios ainda que existe unha diferencia clave entre ambos: a construción de Pömmelte non estaba feita de pedra senón de madeira, por iso sobre a superficie non quedou ningún resto.
Solo se mantiveron diques, tumbas e empalizadas dispostas en círculo con un centro común.
Os arqueólogos consideran que este levantamento ten unha importancia similar á do disco celeste descuberto en 1999 en Nebra, no mesmo estado de Sajonia-Anhalt, que é a representación máis antiga que se coñece da bóveda celeste e dos fenómenos astronómicos.
Ese monumento prehistórico representa o sol, a lúa e as estrelas nunha placa de bronce e ten 3.600 anos de antigüidade.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
En realidade he o 3º Stonhenge :-)), fai 5 ou 6 anos máis o menos apareceu outro (máis antigo que Stonhenge) tamén en madeira como este novo, en Goseck, o circulo de Goseck foi reconstruido in situ con madeiras (había un video dun documental da tele alemana cando se inagurou moi interesante pero non o dou atopado agora). O de Goseck foi estudado polo mesmo equipo que tamén estudaron o disco de Nebra -por certo na biblioteca na parte de arqueoloxía hay un catalogo DER GESCHMIDETE HIMMEL sobre unha exposición sobre este, que pedira para comprar,e na que tamén se fala do circulo- o de Goseck apareceu publicado en Archäologie in Sachsen-Anhalt (podese ver a páxina da revista no enlace que teño do LandesMuseum für Vorgeschichte de Halle). O artigo en cuestión, por desgraza, non tiven maneira de conseguilo.
ResponderExcluirUn Saudo.
en realidade "é" hai como teño a cabeciña ...Jasús, Jasús
ResponderExcluircerto é que o de Goseck foi reconstruído. eu tamén tiña un artigo sobre o tema, que ía poñer en breve pero colóuseme este antes. bueno a todo non se pode estar, jeje..
ResponderExcluir