El País
19/05/2009
Ferrol
Lorena Bustabad
Volven as saias vermellas, o refaixo, o xustiño e as zocas. A moda enxebre, máximo expoñente do folclore e da tradición galega, imponse no Ferrol. Os "maniquís" dunha vintena de comercios do centro da cidade lucen polainas e enaguas de liño, algodón, dengues e mantelos do século XIX bordadosa man. Auténticas pezas de museo ao outro lado do cristal codeándose coas últimas tendencias das primeiras marcas.
A I Mostra Aberta de Traxes de Ferrol, organizada pola agrupación folclórica Terra Meiga, remexeu baúles, arcóns familiares e museos para levar un fragmento da historia de Galicia na rúa, a través da vestimenta dos nosos ancestros coincidindo coa celebración das Letras Galegas.
-O traxe típico galego é moito máis que esa saia vermella para bailar e tocar a gaita-, asegura Basilio Baamonde, presidente de Terra Meiga.
Da roupa, explica Baamonde, infírense os usos e costumes dun páis e dunha época. Reflicte a procedencia social, os hábitos de vida e incluso sinala a ubicación xeográfica dun pobo ou aldea. Na mostra pódese ver dende unha saia e camisa de groxa lá, tecida a man nalgún telar doméstico dunha aldea lucense de alta montaña, ata un antiquísimo dengue de boda bordado ao aire, ou unha parlamenta, unha singular capa triple que cae en fervenza ata a cintura das mulleres moi difícil de atopar.
O traxe galego tampouco escapou ás tendencias do momento. -O Camiño de Santiago foi unha auténtica pasarela de moda-, sinala Bernardo Díaz, codirector da mostra xunto a Mónica Longueira. -O traxe galego foi presa das modas e evolucionou ao ritmo da sociedade, coa diferenza de que acontecía cada 20 anos, non cada tempada-.
Durante a II Guerra Mundial, as enfermeiras recortaban as súas saias para ir a atender os hospitais de campaña da fronte e as galegas tamén acortaron a saia. Os ricos mantóns de Manila chegados dende as colonias copiáronse, sobretodo, nas aldeas mariñeiras e a moda parisina dos anos 20 tamén repercutiu no xeito de vestir das galegas, que encheron de puntillas as súas camisas de gala en función do poder adquisitivo.-As modas chegaban primeiro ás costas, vía marítima, ou a través dos comerciantes maragatos e lusos. Na raia estilábase o estraperlo cos tecidos que Portugal traía das súas colonias de Ultramar-, explica Díaz. Os emigrantes que querían emparentar con galegas, tamén enviaban ás súas prometidas exquisitos agasallos de tecidos exóticos que revolucionaron a moda nas aldeas.
Vestidos de gala ou de diario, típicos de aldea de mar ou parroquias de montaña, poden verse estes días en Ferrol dando forma a 21 traxes de home e muller, a base dunha quincena de pezas e complementos que os integrantes de Terra Meiga foron recopilando nos últimos 41 anos a base de recoller prendas irrepetibles de aldea en aldea e de rebuscar nos anticuarios de Praterías. -Buscamos que a roupa teña que ver algo co comercio-, explica Baamode. Nas zapaterías amósanse zocas e botas de caña, sombreiros e gafas antigas pódense ver nunha óptica e nun tenda de agasallos destaca unha regueifa, é dicer, un bolo de pan que se agasallaba nas bodas como símbolo de riqueza e fertilidade para que a noiva o bailase sobor da cabeza a ritmo de versos improvisados, pragados de retranca.
A exposición busca pór en valor a cultura e a tradición galega promocionando entre os ferroláns unha pequena mostra do rico patrimonio etnográfico que nos legaron os nosos antergos. A idea de airear os traxes típicos non é nova, recoñece Baamonde, que nembargantes destaca a orixinalidade de colocar estas pezas a pé de rúa. Reclama a creación dun Museo do Traxe Galego no Ferrol que agrupe as pezas das seis agrupacións folclóricas da cidade. -Se isto non se saca á rúa, se non se dá a coñecer, perderíase-, resume Baamonde. Entre as alfaias da exposición, un corpiño de Ourense do século XIX e as longas trenzas que Dolores, unha muller de Malpica, cortou pouco antes de contraer matrimonio e que a asociación garda con especial agarimo polo seu valor sentimental. Este singular paseo de moda pola historia de Galiza poderá verse ata o próximo 24 de maio.
Fonte imaxes: La Voz de Galicia

Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.