23/05/2009

Hoxe remata o Ciclo de Historia de Galiza organizado por MariñaPatrimonio


O ciclo de actividades organizado por MariñaPatrimonio remata hoxe cunha conferencia no Museo do Mar de San Cibrao e que dará comenzo ás 18:30 horas.

O relatorio deste sábado estará a cargo do historiador Prudencio Viveiro Mogo e tratará dos cambios do século XIX na Mariña de Lugo.

Viveiro Mogo (Valadouro, 1974) é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e traballa no Consello da Cultura Galega.

Entre as súas principais publicacións podemos sinalar os libros: Política, eleccións e fidalgos: o réxime do Estatuto Real na provincia de Lugo, 1834-1836, e O Estatuto galego durante a II República.

É autor tamén de numerosos artigos sobre a organización territorial do estado liberal no século XIX, entre os que destacan: A xénese da provincia de Lugo, 1812-1833: Estado liberal e división provincial, A provincia de Lugo na alborada dunha nova época, 1833-1834, ou A instalación dos partidos xudiciais na provincia de Lugo: estado liberal e administración de xustiza, entre outros.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.