Hai xa case tres anos, uns poucos veciños das Pontes iniciamos unha loita na defensa da necrópole megalítica da Mourela, afectada polas obras da autovía AG-64 Ferrol - Vilalba e que finalmente supuxo a destrución deste sitio arqueolóxico.
A imaxe que hoxe vos presento veu á miña mente nalgún intre desta tolemia mourelesca, ocupando por un tempo o meu pensamento. Cuns rotuladores de cores tracei varias liñas sobre o papel, e foi miña irmá Rosalía quen transformou a idea con talento e pariu a obra definitiva.
Agardo que todos os que visitedes a páxina e en especial os mourelos que defenderon a memoria das albas pedras, saibades facer unha lectura certeira da Lembranza eterna.

Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.