09/03/2009

A páxina amigus.org acolle a estrea da curta "As Pontes, un pobo con historia"

Ao abeiro da exposición sobre historia local que estos días os máis novos poden visitar na Biblioteca Municipal das Pontes, déixovos este estupendo traballo concebido como unha ferramenta didáctica a través da que os rapaces poden descubrir diferentes aspectos da nosa historia. Os primeiros poboadores, os castrexos, a romanización, o medievo, a idade moderna e a idade contemporánea son as seis aventuras que os máis novos vivirán guiados por Eume, o protagonista desta historia.


6 comentários:

  1. boas rapaz, xa vexo q non paras.. o vídeo está moi completo e agardo que os profes das pontes saiban sacarlle partido nas súas clases.
    como sempre felicitarte polo teu interese "gratuito" para dar a coñecer o patrimonio local e espero que nos sigas sorprendendo con cousas coma esta. veña biquiños..

    ResponderExcluir
  2. noraboa neno, toda unha leccion e por riba de ghratis. a ver se se enteran os que se teñen que enterar que non fan falla subvencións cando se ten ilusión e ti dende logo tes de sobra, jeje
    a ver se quedamos pra a semana e comentoche o do cromlech, apertas

    ResponderExcluir
  3. amourelasempre3/10/2009

    un bo traballo e unha oportunidade para achegarnos á nosa historia dende unha óptica xeral, felicitacións polo video e a seguir así

    ResponderExcluir
  4. hola xose felicidades polo video e a ver se nos vemos pronto
    onde podo conseguir unha copia para poñerllo aos peques, veña xa me diras algo, bicos

    ResponderExcluir
  5. mourelo3/12/2009

    hola a todos, graciñas polos coments.. para obter unha copia da curta podedes pasar pola biblio das pontes e alí hai tres exemplares para préstamo, polo de agora é o que hai, a ver se máis adiante podemos sacar máis exemplares, pero polo de agora é o que hai pois os recursos económicos para a elaboración da expo foron limitados por non dicir nulos e iso é algo que condicionou tamén a realización da montaxe. a ver que pasa ;). Se queres que che deixe un dos que teño eu podemos quedar o venres que teño que ir a as pontes. dame un toque hoxe que non debo ter o teu número. veña saúde a tod@s

    ResponderExcluir
  6. felicidades! e moitas gracias por facerme partícipe da historia do noso pobo.

    ResponderExcluir

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.