13/03/2009

Hoxe preséntase no Museo Etnográfico da Capela o Fondo Documental para o Coñecemento do Eume

Hoxe, ás 19.30 horas, preséntase este proxecto e a páxina web na que se mostra unha parte deste fondo referido á Historia do territorio de actuación da Asociación EuroEume. Esta presentación pública terá lugar no Museo Etnográfico da Capela. No acto proxectarase un audiovisual, elaborado especialmente para a ocasión, no que se poderá ver e escoitar unha explicación detallada do que é o Fondo Documental e das seccións nas que se divide a páxina web. Proxectarase tamén, a modo de mostra dos contidos da páxina, un pequeno documental elaborado en base a parte do material recollido sobre “Os usos e costumes” do territorio.


Fondo Documental para o Coñecemento do Eume from euroeume on Vimeo.

2 comentários:

  1. mourelo3/13/2009

    bueno, para comentarvos un pouco sobre a presentación direivos que o viño colleiteiro de betanzos estaba ben bo, tamén direivos que había xentes de todo o territorio, das pontes, capela, san sadurniño, somozas, moeche, vilarmaior, monfero, pontedeume, cabanas, ... Homes e mulleres que viron por uns instantes as súas vidas dignificadas, a suor das súas frontes en formato dvd, as vivencias e experiencias relatadas para a ocasión cunha forte dose de amor e experiencia. O Serxio, que foi o que tirou pra diante co proxecto e o que buceou no maremagnum documental do fondo, achegoulle aos veciños as inquedanzas que temos os máis novos en que as súas vivencias non morran no esquecemento, que a través deste fondo online poidan vivir eternamente na rede de redes e que dende hoxe para sempre se manteña viva a lembranza dos que nos precederon, coma un prezado tesouro que alumee o camiño aos nosos fillos e netos.

    ResponderExcluir
  2. Serxio3/16/2009

    Pois está ben o que dis, coincido contigo plenamente, e engadiría algo a maiores, que é dar as gracias a todos os que alí estaban o día da presentación, e sobretodo lembrar a satisfación que tranasmitían as súas caras, xa que despois dunha longa vida de traballos debe pracer moito que se recoñezan eses duros traballos, e que os que hoxe nos encamiñamos á súa vellez saibamos parte do que eles, os sabios, tiveron que pasar para nós vivir coas comodidades coas que o facemos. Hai que agradecerlle a esa xeración de persoas irrepetible (o xente nova de hoxe nunca saberemos, nin de lonxe, o que é traballar como traballaron eles e elas) todo o que fixeron por nós, sabéndoo ou non, pero que fixeron.

    ResponderExcluir

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.