Descifran o ADN do individuo máis antigo coñecido en Galiza
La Voz
Monforte 21/10/2011
Francisco Albo
Un fósil de O Courel presenta afinidade cos doutras partes de Europa
A secuenciación do ADN dos restos humanos máis antigos coñecidos até agora en Galiza -achados a comezos do 2010 nunha cova da serra de O Courel- está a dar os primeiros resultados, que indican que as poboacións galegas de finais do Paleolítico mostraban unha afinidade xenética coas doutras rexións de Europa. O mesmo sucede cos fósiles doutros dous individuos de épocas prehistóricas moito máis recentes, descubertos hai anos nos xacementos de Cova Eirós (Triacastela) e Pa do Rebolal (Rubiá), que están a ser estudados dentro do mesmo proxecto.
O estudo áchase aínda nunha fase inicial e o que se puido secuenciar por agora son fragmentos do ADN mitocondrial, que se transmite unicamente por vía materna. Segundo indican os investigadores do Instituto Universitario de Xeoloxía da Coruña, o fósil de O Courel, de entre 8.000 e 9.000 anos de antigüidade, presenta un haplotipo ou combinación de xenes dunha variedade que até agora non se localizou na Península, aínda que si estaba rexistrado en restos humanos prehistóricos doutras partes do continente.
«O que suxire este achado é que os habitantes de Galiza nesa época non se diferenciaban dos do resto de Europa desde o punto de vista xenético e que proceden dunha difusión demográfica que se produciu aquí ao mesmo tempo que en moitos outros lugares», apunta o director da mencionada entidade, Juan Ramón Vidal Romaní.
«O que suxire este achado é que os habitantes de Galiza nesa época non se diferenciaban dos do resto de Europa desde o punto de vista xenético e que proceden dunha difusión demográfica que se produciu aquí ao mesmo tempo que en moitos outros lugares», apunta o director da mencionada entidade, Juan Ramón Vidal Romaní.
O fósil de Triacastela, duns 3.100 anos, presenta un haplotipo neolítico que tampouco se viu antes en xacementos peninsulares dese período, aínda que si noutras partes de Europa. O de Rubiá, duns 5.400 anos, ten en cambio un haplotipo que xa fora descrito en restos humanos duns 3.000 anos de antigüidade descubertos en Cataluña.
Pode que tamén te interese: A xenética paleolítica dos europeos e o Neolítico
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.