ahoradosmouros
22/07/2011
Trasancos
A Consellaría do Medio Ambiente considera que os achádegos arqueolóxicos nas obras que se están realizando en Noia para a construción da variante non alterará os prazos de finalización. O desmonte entre o punto quilométrico 0+740 e 0+910 deixaron á vista un xácigo, na zona de Taramancos, no que se atopou cerámica, material de construción, un posible muíño de granito e diferentes restos de épocas romana e medieval.
Escavacións no xácigo arqueolóxico
afectado polas obras da variante de Noia
Na actualidade hai 18 persoas escavando e prevese que as escavacións finalicen a finais de agosto. Despois virán as valoracións e os informes. Pero todos sabemos como van estas cousas. Un informe por aquí, unha memoria por alá e estrada que te criou!!!!
Consellarías, gabinetes, direccións xerais... parásitos que fan apodrecer o noso legado cultural e que non ven máis aló dos seus intereses electorais, persoais e de partido, nin entenden o patrimonio cultural e natural como un recurso económico de futuro, unha oportunidade para internacionalizar a imaxe de Galiza máis aló do territorio español. Unha oportunidade de expansión económica e cultural, que ligada ás novas tecnoloxías da información e a comunicación farán máis accesible a cultura fóra das nosas fronteiras físicas, recuperando a dignidade asoballada.
Quen non vexa no Patrimonio Cultural esta oportunidade. Quen antepoña espúreos intereses ao interese xeral e ao futuro do país. Con que lexitimidade está a gobernar? Quen é o antisistema? Quen prevarica cos meus impostos? Canto máis Patrimonio Cultural estamos dispostos a perder? Canto máis?
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.