14/07/2010

Burela acolle a exposición sobre o Castro da Atalaia

A Casa da Cultura de Burela acolle desde o pasado luns ata o vindeiro 30 de xullo a exposición O CASTRO DA ATALAIA. UNHA MOSTRA EXCEPCIONAL DO NOSO PATRIMONIO, coa que MariñaPatrimonio pretende achegar á cidadanía este valioso xacemento arqueolóxico e o patrimonio histórico que se pode chegar a perder, se a Xunta de Galicia permite a súa destrución para que un construtor edifique sobre o xacemento.

A mostra que conta coa colaboración de ADEGA e a Deputación de Lugo, así como do concello de Burela pode ser visitada en horario de 11 a 23 h e de 18 a 20h (de luns a venres) e de 18 a 20h os sábados.

Preme na imaxe para obter máis información

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.