22/04/2009

Buscan no val de Lemos restos de asentamentos do Pleistoceno

Axencia EFE
22/4/2009
Monforte de Lemos (Lugo)

O grupo de investigadores e arqueólogos que dende fai tres anos visita diferentes puntos do val de Lemos na busca de restos de asentamentos humanos do Pleistoceno retomou a súa actividade na zona.

Nesta ocasión o reto será consolidar unha nova fase dun proxecto que parte da Universidade de Santiago de Compostela e da Universitat Rovirai Virgili de Tarragona e conta co protectorado da Fundación Atapuerca. Para isto prevén investigar en dúas zonas.

Segundo afirma Arturo de Lombera, un dos directores dos traballos "haberá una primeira busca de restos que puideran ter usado os homínidos no sector Este da depresión".

Refírese así a parroquias monfortinas como Gullade, A Parte e A Penela. Neses lugares buscarase na superficie de terras aradas ou campos arados ferramentas ou calquera outro indicio de asentamento humano.

Ademáis, tentarase pescudar si é que realmente nunca houbo poboacións humanas na zona ou simplemente que non se atoparon probas disto porque, segundo de Lombera, o único que lles fai sospeitar que esa parte do val puido ter estado igual de poboada que o resto da depresión é unha biface que se atopou nas proximidades de Sober e que, se sospeita, proviña dunha finca da Parte.

Ferramenta atopada en Monforte

Nos vindeiros días os arqueólogos realizarán varias catas no subsolo da zona das Lamas na busca de novos obxectos que permitan esbozar unha data exacta sobre os asentamentos paleolíticos que houbo na zona.

De Lombera explicou a EFE que nas Lamas atopáronse preto de 240 bifaces e fendedoras dunha antigüedade de entre 350.000 e 400.000 anos.

O ideal -engadiu- sería atopar novas pezas en estratigrafía que permitiran abordar a súa catalogación dun xeito máis exacto e cun marxe de erro case nulo, algo que non é tan doado coas atopadas en superficie.

Cada fase da investigación iniciada en 2006 ten unha serie de obxectivos concretos pero o reto do proxecto a nivel xeral é demostrar que a depresión de Lemos estivo poboada de xeito continuado durante todo o Paleolítico e corroborar que a primeira presenza humana na zona remóntase polo menos á especie Homo Heidelbergensis, un antepasado do Neanderthal que viviu sobre a Terra fai medio millón de anos.

Caracterización do Homo Heidelbergensis

Tiña unha estatura que non sobrepasaba o 1,75 de altura e o seu peso podía acadar os cen kilogramos. Cazadores e pescadores, movíanse en grandes grupos e abandoaban as súas ferramentas e armas, as bifaces, alí onde establecían campamentos temporais, normalmente nas ribeiras de ríos y pantanos.

En calquera caso, ata o de agora, a maioría dos hachádegos realizados en Monforte refírense ás ferramentas que puideron usar aqueles habitantes e non se deu con ningún resto humano ou animal que permita facer hipóteses máis fundadas.

Noutras localizacións como Triacastela ou Becerreá houbo máis sorte nese sentido, aínda que o atopado pertence ao Neanderthal.

Escavacións na Cova Eirós en Triacastela

Cando o grupo de arqueólogos traballou na Cova Eirós, en Triacastela, descubriu un xácigo no interior dunha cova no que se documenta de xeito sistemático a presenza de neandertais en Galiza.

As excavacións destaparon restos de artefactos que, segundo os arqueólogos, teñen máis de 35.000 anos de antigüedade e convirten á Cova Eirós nun dos principais xácigos do Paleolítico Medio do noroeste peninsular.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.