26/11/2012

Atopados novos petroglifos no Carballiño


Achan petróglifos da Idade de Bronce nun monte de Lobás, no Carballiño

Faro de Vigo
Ourense - 25-11-2012

Teñen uns 5.000 anos de antigüidade e foron atopados nos montes da Madalena por membros do grupo Ecoloxista Outeiro e a Asociación Cultural Mámoa Verde

O labor de investigación do Grupo Ecoloxista Outeiro e da Asociación Cultural Mámoa Verde, produciu un novo achado no Carballiño, concretamente na parroquia de Santa Uxía de Lobás, onde atoparon uns petróglifos duns 5.000 anos e pertencentes por tanto á Idade de Bronce.

Estes petróglifos, os primeiros atopados no seu xénero neste concello, "son unha das manifestacións culturais máis importantes da prehistoria europea, e aquí aparecen representadas distintas figuras, desde círculos a cazoletas", explica Juanjo Álvarez, portavoz destes colectivos de voluntarios que, como Paco Valeiras ou Adolfo Otero, fan periodicamente coa súa vocación e empeño na procura e preservación deste legado, unha nova achega ao patrimonio de Galicia, neste caso con raíces na prehistoria.

"Hai moitas interpretacións sobre o significado destes petróglifos, o círculo concéntrico, é algo moi habitual ou a cazoleta, para uns hai significados de ritos chamánicos, outros pensan que por que non? poden ser os primeiros grafitis cos que aqueles homes que xa eran agricultores ou pastores, expresábanse ou pasaban o tempo mentres coidaban o gando", apunta Juanjo Álvarez

O achado produciuse esta vez nos montes da Madalena, e súmase a outros destes colectivos, que traballan de forma intrínseca con escolares do Colexio Vila do Arenteiro, pequenos "indianas jones", aos que tratan de implicar neste labor, como gardiáns do patrimonio no futuro.

Xa en 2005 estas asociacións protagonizaron o maior achado dos últimos anos no que a arqueoloxía se refire, ao catalogar máis de vinte rocas no concello do Irixo, en Ourense, que mostraban gran variedade de petróglifos.

Grazas a aquel achado creouse a área Arqueolóxica de Cangues, unha das poucas que, como recoñece Juanjo Álvarez pon en valor a arte rupestre. Neste mesmo ano realizaron outros 25 novos descubrimentos, pero o seu labor non queda aí senón que tanto Outeiro como Mámoa Verde pasan á acción e neste caso, presentaron alegacións ao plan de urbanismo do Concello do Irixo, para garantir a súa preservación. Tamén grazas ao seu labor de procura, como rastreadores do pasado, atoparon outros 30 túmulo de neolíticos no Concello de Boborás.

O seu labor trata de traspasar xeracións, e nisto días escolares do Colexio Vila do Arenteiro visitaron o petróglifos guiados polo seu mestre e descubridor, Juanjo Álvarez, e aprenderon a realizar "toma de datos con cámaras de vídeo, fotografía de alta definición, emprego de Gps para situar os xacementos coas coordenadas da planimetría", explica o profesor. "De nada vale descubrir, facer estudos presentar conferencia, o futuro da nosa arqueoloxía está na escola" ,engade.


Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.