09/04/2009

A Axencia da Legalidade Urbanística cualifica como “presunta infracción” as licenzas municipais outorgadas na Atalaia

O requirimento da Axencia da Legalidade Urbanística, na que se insta ao Concello de Cervo a remitir no prazo de 10 días documentación relativa as licenzas concedidas na Atalaia que cualifica como presunta infracción urbanística, está motivada na denuncia interposta pola asociación Mariña Patrimonio e apoiada por 527 sinaturas de veciños e veciñas.

As tres licenzas municipais outorgadas non contan co Estudo de Detalle preceptivo que esixen as N.S.P. nese solo, nin cos informes sectoriais de Patrimonio que o goberno municipal non solicitou, a pesar de ter coñecemento oficial dende antes da súa concesión, da existencia de restos arqueolóxicos na zona.



A Dirección Xeral de Patrimonio resolve ampliar as escavacións arqueolóxicas no Castro da Atalaia a fin de preservar as estruturas existentes
Por resolución asinada o 10 de marzo, a Dirección Xeral de Patrimonio, insta ao promotor das construcións de tres bloques de vivendas no xácigo a realizar máis escavacións arqueolóxicas no contorno para valorar a afectación das obras en terreos aínda sen alterar, advertindo que calquera actuación na zona deberá contar coa autorización da Consellaría de Cultura previo informe da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico Galego.


Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.