17/09/2011

Noraboa Anuario Brigantino


Fai unhas horas presentábase nunha vila galega o novo número do que aparentemente é unha "revista local", dito así esto podía parecer unha nova sen maior trascendencia, unha publicación de vida efímera e que quedará nas hemerotecas e no esquecemento tras uns poucos anos, mais se agora engadimos que esa cidade é Betanzos, e a revista é o Anuario Brigantino, e a elo, igualmente, engadimos que o número que desde vai unhas horas temos nas nosas máns é nin máis nin menos que o número 33, o que fai os 30 anos da segunda etapa dunha publicación que se ten convertido en toda unha referencia na arqueoloxía, etnografía, historia e cultura deste país, as cousas cambian moito.

Non é corrente certamente que nestes tempos de crise -nin o era antes tampouco- unha publicación coidadosamente editada por un concello adique 500 e pico das súas máis de 600 páxinas a temas de investigación, nos que de cote atopamos autenticas novidades absolutas. Mais no caso do Anuario Brigantino isto é o corrente e a norma.

Non é frecuente unha obra deste tipo, neste país, de tanta calidade, constancia e periodicidade como é o Anuario, que un ano máis -e malia a crise- segue sendo fiel a cita, e saca puntualmente o seu exemplar anual, que desde hoxe mesmo, como desde vai uns anos, entra na rede desde o mesmo día da sua presentación en público para que en todo o mundo se poida consultar o que se fai neste recuncho do noso país.

En resume hoxe, nunha vila galega, celebrábase o aniversario dalgo que pode ser definido como unha "excepción" pero sobre todo como un "exemplo" de traballo ben feito, e de todo o que se pode facer con rigor interese e esforzo. Noraboa e parabéns Anuario Brigantino. Por moitos anos.


Ir ao site do: Anuario Brigantino 33

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.