16/09/2011

"Historias da Austeridade" - O Castromao



Hoxe no telexornal da TVG atopeime esta nova sobre o Castromao, pero non como puidera pensarse sobre o coñecido Castro da Idade do Ferro senón sobre a Aldea de Castromao, e en concreto a súa esmorecente rectoral, a que en tempos alguén pensou aproveitar para un "Centro de Interpretación" do xácigo, dada a súa localización privilexiada de camiño a él, e que agora ante a pasividade, a falta de vontade e á "Austeridade" das Administracións Públicas, está a caerse, lenta pero constantemente, pedra a pedra. Máis sen dúbida o máis interesante desta nova é a propia voz dos veciños de Castromao, hacho neles moita mais comprensión da necesidade e do valor social que o patrimonio debe ter, que na boca de moitos supostos expertos e xestores máis locuaces. Toda unha lección certamente.

Um comentário:

  1. Se vos aparece uma mensagem de erro, não vos preocupedes, clicade no botom de iniciar o vídeo, vê-se sem problemas igualmente, parez que só é um problema da imagem de portada

    ResponderExcluir

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.