27/01/2011

Exposición IBEROS: A "nosa" civilización antes de Roma?

A Hora dos Mouros
27/01/2011
Redacción

As rúas de Ferrol están estes días engalanadas cunhas bandeirolas promocionais dunha exposición que acaba de abrir na céntrica Praza de Armas. Nas mesmas pódese ver un busto íbero acompañado por un texto que reza: Íberos, a nosa civilización antes de Roma. É complexo afirmar o que unha mente espelida pode argallar ante o terxiversante título escollido para a ocasión.

Lonxe de entrar en polémicas identitarias ou nacionalistas, cumpre reflexionar sobre unha afirmación que pouca rigurosidade aporta na súa concreción, e asusta cando menos a unha parte dos cidadáns coñecedores en maior ou menor medida do noso pasado, entre os que me inclúo.

Cabe neste caso deixar aberta a posibilidade de que tratándose dunha exposición promovida pola Obra Social da Fundación "La Caixa", que leva percorrido varias cidades españolas non sería erróneo pensar que procurando unha maior atención dos cidadáns ao evento, decidisen galeguizar o título orixinal.

Cartace da exposición no que se pode ler:
"Íberos, a nosa civilización antes de Roma"

O feito aparentemente inocente de galeguizar o título do evento deriva nunha situación controvertida pois plantexa unha pertenza do noso territorio na antigüidade a unha cultura netamente íbera. O que sabemos hoxe en día dos pobos que habitaban o noso territorio antes da chegada dos romanos, que non é moito mais non así insuficiente, apunta a pertenza a unha cultura atlántica con rasgos celtas ben definidos.

De aí a miña preocupación por ver como desde as institucións do país se consinte este xogo perverso "uniformizador" que tenta afastar ao gran público dunha visión o máis obxectiva posible da súa propia historia e por extensión do seu propio patrimonio cultural.

Ainda así pasarei pola exposición pra non quedarme só na crítica e se pode ser na compaña do meu experto amigo archeoten.

4 comentários:

  1. É ben non darlle moitas voltas a todas estas lerias. Non creo que estea feito a propósito, senón que se debe só á ignorancia, enténdase burramia.

    Supoño que é unha exposición que se está movendo por todo o territorio estatal, e que neste caso o único que fixeron foi galeguizalo como deferencia (aínda que o título segue en catalán).

    Non nego que haxa maldade nestas cuestión de ignorantes. E coido que subxaz a idea de que o noso non vale nada.
    E con todo só nos indignamos uns poucos con estas cousas. Lembro, neste sentido, unha conversa que mantiven esta semana na que me dixeron que un colexio privado da outrora culta Coruña andaba a buscar profesores de inglés para facer bilingüe o colexio. Eu escandaliceime, fun o único, porque por lei, e por respecto, xa tiña de ser bilingüe. Mais o galego no subconsciente non conta como idioma para algúns.

    Quero dicir que nin aos cataláns que promoven toda esta exposición nin aos da aquí, se lles ocorreu que os "Ibers" non estiveron ocupando a nosa terra antes dos romanos.

    E son cousas que non se deben deixar pasar, ou que pensas que farían os cataláns se lles puxesen unha exposición "Os lusitanos, a nosa cultura?"

    E eu si me quedo coa crítica...

    ResponderExcluir
  2. Anônimo1/29/2011

    A Cultura Castrexa tampouco é a nosa cultura. Nós somos celtas. Pero non interesa...

    ResponderExcluir
  3. "Lusitanos, la nostra civilització abans de Roma" pra escachar coa risa,

    mais deanos por retorçer um pouco o futurivel pensemos -e concevivel pensar tal- num "Galaicos, Nuesta civilización antes de Roma" em pleno Madrid, ... de feito que o día seguinte sairía em primeira plana de Jornais coma ABC ou La Razón, ou daría que falar nos "moderados" e "equanimes" debates duma nom menos moderada TV coma é Interconomía. E "ate aquí podo ler"

    PD: A montagem estar bem porque os catalans para estas cousas "son-che gente sería"

    ResponderExcluir
  4. Anônimo3/15/2011

    Trabalho que nem una moura, quem o valoriza? solamente eu...

    ResponderExcluir

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.