Chaves expoliada, vista desde o interior. Foto Pedro Ayuso
Nunha comunicación remitida por Apudepa, a asociación lembra que o expolio da cova tivo lugar a finais de outubro de 2007, ainda que non se tivo coñecemento do mesmo ata case un ano e medio máis tarde. " Removéronse máis de 1.000 metros cúbicos de terra en apenas 24 horas, o que confirma a destrución case por completo dos niveis arqueolóxicos do Neolítico", asegura a asociación, que engade, que, "ao parecer, o material extraído depositouse nunha finca próxima, que foi roturada, pero, que saibamos, nada se ten comprobado sobre o depósito dos restos arqueolóxicos. Acaso foron vendidos? Non o sabemos", sinalan. Apudepa tamén solicita a comparecencia do conselleiro de Medio Ambiente e do director xeral de Patrimonio Cultural, "para que respondan en relación a unha posible neglixencia sobre as súas responsabilidades inherentes aos seus cargos".
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.