29/10/2009

Cousa de extraterrestres?

De novo temos noticia dunha agresión a unha mámoa na necrópole megalítica da Mourela. Outra pedra máis no longo camiño da destrución deste cemiterio prehistórico. Unha agresión que ben podería formar parte do derradeiro volume dunha colección sobre conservación e xestión do patrimonio. Unha obra completa en varios volumes que podería ilustrar a cantos estudan a ciencia arqueolóxica. Unha ferramenta de apoio didáctico ao alumnado perdido nas leccións maxistrais sobre xurisprudencia patrimonial. Diferentes volumes para ilustrar un mesmo feito, a DESTRUCIÓN SISTEMÁTICA DO PATRIMONIO CULTURAL.

A Mourela non é un caso illado. Son moitos os exemplos nos nosos días: Atalaia, Xaz, Salcedo, ... A inoperatividade dos que administran o patrimonio cultural deste país, é total. Non hai operatividade de ningún tipo. Non existe. Está esquencida. Interesan máis outras cousas de confuso nome.

Agora, hoxe mesmo, a Mourela, ou o que queda dela, sucumbe baixo as fauces do progreso, coma enfeitizada polo esconxuro das forzas caetanistas da escuridade. Hai quen di que o acontecido está relacionado coas enigmáticas forzas que se perciben no lugar.

Xa só nos queda esta vía. Será cousa dos extraterrestres?

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.