12/09/2009
Pontevedra
Os vándalos volveron actuar recentemente no monte, nesta ocasión esnaquizando os miradores de San Tomei de Piñeiro, en Marín, e de Combarro, en Poio. A situación de indefensión en que se atopa o patrimonio existente fóra dos núcleos de poboación foi obxecto onte dun comunicado da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.
Segundo informou este colectivo, os vándalos esnaquizaron a balaustrada de madeira e deixaron marcas no resto con coitelos ou navallas, ademais de pintadas, no mirador de San Tomei. Por outra banda, no caso de Combarro, os danos foron pintadas sobre fotografías e indicativos da paisaxe que se colocaron no monte para orientar aos visitantes a Poio. Segundo os comuneiros existe un «total abandono» por parte das institucións públicas encargadas de velar polo patrimonio. Sinalaron que puideron constatar que grupos de mozos tomaron estes miradores como puntos de reunión dende que se construíron e que non os saben respectar.
Probas por riba das mámoas
Os comuneiros indicaron que recentemente fixéronse con fondos públicos diversas obras nos montes de Ponte Caldelas, Cotobade, Cuntis, O Xiabre, O Morrazo e O Castrove. Estas actuacións consistiron na mellora de accesos e pistas forestais para a prevención de incendios. Non entanto, dende este colectivo aseguraron que estas pistas «están abocadas a un rápido deterioro». A razón está no «mal uso» que están sufrindo estas pistas por quads e motos todoterreo que as convirten en circuítos de adestramento e competición.
Entre outros danos afirmaron que se produciron «levantamentos do firme e regos que coa chegada das choivas acelerarán a súa destrución».
Os comuneiros engadiron que tamén hai agresións a roteiros de tipo cultural. Como exemplo sinalaron o roteiro das mámoas no Morrazo. Este carreiro, que atravesa Vilaboa, Marín e Moaña, «ven sendo usado para probas de habilidade deses vehículos». Non se respectan nin sequera as mámoas, que sofren prexuízos porque hai quen pasa por encima das laxes cos vehículos, ademais de deixar «intransitable» tramos da rota.

Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.