6/09/09
Galicia
Nun estudo das mámoas da Costa da Morte do Grupo Megalítico da USC, dirixido por Antón Rodríguez Casal, concluíse que do total de túmulos atopados (304) case medio cento presentaban alteracións medias ou graves por causa de pistas e estradas, construídas pola Administración, que é tamén quen desenvolve a Lei de Patrimonio.
Rodríguez Casal en Locmariaquer (Bretaña francesa)
-¿Incúmprense reiteradamente a Lei de Patrimonio?
-Os bens catalogados non se someten ás inspeccións necesarias porque non existe a infraestrutura orzamentaria e de persoal que fai falta para levalas a cabo. Moitos dos xacementos están en parcelas que son propiedade privada e a xente non vai coidar do patrimonio de Galicia cos seus cartos, é lóxico, queren sacar rendibilidade das súas propiedades. Todo depende da economía.
-¿Entón non se está conservando nada do que temos?
-Pasamos dun descoido total a unha especie de histeria arqueolóxica, en que todas as pedras son importantísimas. Por exemplo, na Rúa de San Pedro, as lastras colocáronse nos anos 20, non son tan antigas, e agora non soportan o peso de automóbiles e autobuses, pero aí seguen.
-¿Hai que escavar e investigar todos os xacementos?
-Non. Se en Galicia temos miles de castros e arredor de 20.000 mámoas, non se poden estudar todas, non ten ningún sentido. O que hai que facer é escoller as que son importantes para resolver un problema histórico, hai que xustificar que é importante escavalas.
-¿E a conservación?
-Iso é distinto á investigación. O Concello ten que ser responsable de sinalizar o patrimonio histórico de Santiago para evitar que se destrúa.
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.