A Nosa Terra
20/07/2009
Galiza
A Garda Civil detivo quince persoas esta mañá fronte as polémicas obras de Residencial Marina Atlántica en Cangas. Ecoloxistas e veciños tentaban parar a entrada de maquinaria á construción do segundo porto deportivo da vila.
Unha persoa maior golpeada
Roi Seoage, coordenador de Verdegaia en Vigo, denuncia a “brutalidade tremenda das detencións”. Así sinala que os axentes golpearon, retorceron as mans e pisaron a varios activistas que “realizaban unha sentada pacífica”.
Cando menos un dos manifestantes de avanzada idade tivo que ser evacuado en ambulancia tras recibir un forte golpe nunha perna. Verdegaia dispón dun vídeo do altercado que difundirá proximamente.
Concentración de protesta
Os detidos seguen a esta hora no cuartel da Garda Civil en Cangas. Son quince persoas, aproximadamente a metade das que protestaba contra o porto deportivo no Salgueirón. O Foro Social de Cangas organiza unha concentración de protesta fronte ao cuartel este serán.
Entre os detidos, segundo fontes do foro, está a concelleira da Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE), Marichu Álvarez. A ACE (coalición de FPG e IU) é o único grupo municipal abertamente oposto ás obras. Persoas de Verdegaia, Bouzas Móvete e do Foro Social de Cangas, incluído o seu voceiro Tiago Pérez, tamén están detidos. No caso de Pérez é a segunda detención en menos de quince días.
Segundo Seoage, a Garda Civil alegou cumprir ordes directas da Subdelegación do Goberno. No incidente participaron axentes trasladados nunha ducia de vehículos, incluídos do SEPRONA.
Primeiro paso para unha macro-urbanización de luxo
O Foro Social de Cangas e a Confraría de Pescadores tentan parar dende hai varios anos as obras de Residencial Marina Atlántica na zona. A promotora busca montar o segundo porto deportivo da vila como primeiro paso para unha macro-urbanización de apartamentos de luxo e centro comercial nos terreos da antiga conserveira Massó, aínda cualificados como chan industrial na súa maior parte.
O permiso para construír o porto deportivo está recorrido pois, segundo os opositores, é inválido por carecer a Autoridade Portuaria de Vigo dun plan de usos. A Confraría de Pescadores tamén alega que se está a destruír un dos bancos marisqueiros máis importantes para a flota local, extremo confirmado por un informe da Consellería do Mar.

o bng volve á carga impoñendo os seus intereses por riba de todo, por riba dos dereitos dos traballadores do mar a vivir dignamente. Afeitos estamos xa a estes insultos dende o apoltronamento administrativo e a actividade especulativa. A terra non é un maletín de carto, non é unha moeda de cambio coa que se poida xogar á ruleta, a terra é o que temos, o que herdamos dos nosos devanceiros e o que os nosos fillos e netos recibirán de nós. Non podemos tolerar que os que deberan ser defensores deste importante herdo, cuspan nel e o revendan no mellor mercado inmobiliario. O de Cangas non ten licenza, é ilegal e así o seguirá sendo namentras haxa mulleres e homes dispostos a denunciar aos prevaricadores. Ánimo a todos os que loitan no Morrazo
ResponderExcluir