20/07/2009

Patrimonio investigará o traslado de pedras do xácigo do Facho ao castro de Vigo

Faro de Vigo
14/07/09
Morrazo

O director xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, Manuel Rei Pichel, amosou onte diante da alcaldesa de Cangas, Clara Millán, a súa sorpresa polo feito de que unha comunidade de montes, neste caso a de O Hío, outorgáse competencias para autorizar ou non o traslado de material dunha escavación arqueolóxica, como a que se leva a cabo no monte do Facho, destiñada á reconstrución do poboado do Castro de Vigo.

Escavacións no xácigo do Facho, no Hío (Cangas)

Segundo a rexidora local, Manuel Rei Pichel entendeu moito menos que a Comisión Territorial de Patrimonio autorizase algo que xa se produciu e presentado por unha entidade que non ten competencias no xácigo arqueolóxico. O director xeral anunciou á rexidora local a súa intención de abrir unha investigación sobre o acontecido. Ambos puideron comprobar onte que a decisión da Comisión Territorial de Patrimonio tivo en conta un informe do director das escavacións do Facho, José Suárez, no que se menciona que a pedra que se retira carece de importancia arqueolóxica, pero tamén é certo que se fala de que conta cunha pátina envellecida que a converte en ideal para a reconstrución do poboado castrexo de Vigo. "Se o material fose escombro non se utilizaría".

Tamén mencionou Manuel Rei Pichel, que as únicas entidades con competencia que poden decidir algo sobre o xácigo arqueolóxico son a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia e o propio Concello de Cangas, que é neste caso, a entidade que financia os traballos, sempre unha vez vistos os informes previos, pero nunca a Comunidade de Montes do Hío. O director xeral comprometeuse coa alcaldesa a visitar o xácigo arqueolóxico tralo mes de agosto.
A alcaldesa Clara Millán insistía onte na súa tese de que o Concello de Cangas debeu ter coñecemento do que ía suceder coa pedra e que o director da escavación arqueolóxica do Facho, José Suárez, tiña a obriga de poñelo en coñecemento das autoridades locais. Tamén considera a alcaldesa que os comuneiros non poden decidir que a nomeada pedra será empregada na localidade de Donón, para determinados traballos de pavimentación, porque é o Concello o que ten competencias sobre esta materia.

Dos tres montículos depositados ao pé do monte do Facho, un deles foi traslado xa fai bastante tempo a Vigo para reparar o citado poboado castrexo. Os outros dous non se tocaron. Agora existe ademais un acordo da asembleia polo que se paralizan estes traballos ata que quede clara a competencia dos mesmos.

A conversación de Clara Millán co director xeral de Patrimonio transcorreu nun ambiente distendido e a rexidora amosouse esperanzada.

Por outra banda, a alcaldesa tamén mantivo un encontro onte co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, como membro da executiva da Fegamp. Este encontro foi breve e reivindicativo ante os recortes orzamentarios.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.