Con motivo da celebración das Letras Galegas, deron comezo onte nas Pontes as Xornadas organizadas pola Asociación de Estudos Históricos HUME.
Ao acto que se desenvolveu nas instalacións da Casa Dopeso, asistiron preto de 50 persoas. O escritor e xornalista Xavier Alcalá foi o encargado de abrir as xornadas. Na súa intervención falou sobre Ramón Piñeiro e a súa relación co escritor homenaxeado este ano. A conferencia que comezou ás oito do serán, prolóngouse por espazo de hora e media.
Nas vindeiras semanas continuarán os actos. O xoves 21 ás oito do serán, tamén na Casa Dopeso, falará Manuel Camba, investigador do Camiño dos Arrieiros e o fenómeno megalítico na comarca do Ortegal. As xornadas rematarán o venres 29 no Cine Alovi, coa presenza de Mini e Mero que falarán sobre a música tradicional.
A actividade organizada por HUME conta coa colaboración do Concello das Pontes e encádrase dentro das actividades anuais programadas por esta asociación pontesa.
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.