08/05/2009

Patrimonio histórico: O castro de Viladonga

O castro de Viladonga é un dos depósitos castrexos máis afamados do país. Esta curtametraxe permítelles aos visitantes do museo do castro coñecer en detalle o asentamento tal e como estaba no seu período de máximo apoxeo.



  • Director: Ignacio de la Cierva
  • Duración: 11:50
  • Ano: 2008
  • Um comentário:

    1. "cuestión de prestixio e de simple delimitación territorial" aaiii, aiii, xa mo temía eu, tarde ou temprano se lles tiña que escapara algo dese estilo.

      Típico argumento de Calo, Arias e Peña que tenden e insisten a manter unha visión edénica da sociedade castrexa como a-bélica, polo que non se sabe moi ben que se lle perdeu a Bruto entre os galaicos, nin porque Estrabón insistía tanto en que estes é os lusitanos baixaban en "razzias" guerreiras a saquear o Sur da Península. Misterios.

      Ese é obviamente un argumento que pode valer para epóca roman donde estes muros xa non teñen unha función militar obvia, pero alonxa esto a fases prerrománs obvia a contradición de que a únicas sociedades nas que o muro dun asentamento pode actuar como forma de prestixio, son aquelas nas que asimesmo a guerra é un elemento de prestixio. Por outro lado o factor prestixio podemos pensalo para Briteiros, Sanfíns (xusto os grandes castros nos que tamen nos aparece estatuaria de guerreiros, esta si pra fardar hai que recoñecelo), pero non creo que o podamos aplicarlo da mesma maneira a un mini castro como A Revolta, máis ben modesto, moi modesto, en dimensión, e con un muro e outros dous máis nas zoas mais chans da sua topografía.

      No fondo subxace nestes autores a idea de un "primitivismo" no que as aportacións culturalmente importantes so serían engadidas cos romanos ou como dicía Arias Vilas nun debate na TVG fai uns anos "porque a riqueza esta na asimilación". Unha visión primitivista que a fin de contas continua como mostrei na miña intervención en Ourense, clona os "prexuicios" e o "etnocentrismo" dos autores greco-románs, un etnocentrismo máis xustificado no caso (xustificar a conquista ao fin) que no noso (que a fin de contas de aceptar este interpretación nos conformariamos cun papel "subalterno" e pasivo de meros recepteros das bondades do progreso romano). Pero en fin, que lles vas a pedir a estes "craneos privilexiados" a fin de contas.

      Tamén insisten en Ourense, a pesar do espeso que estaba (o cal se nota no audio), de que o século III no que parece que nos "romanizamos" máis, sexa o que sexa o que elo significa (o cal estes autores nunca se plantean), e precisamente o século no que o Imperio empeza ir costa abaixo, ou simplemente empeza a mudar a outra cousa, pero no que curiosamente aparece máis epigrafía (polo tanto máis romanidade?) no NO, moita dela con deuses e deusas propiamente indixenas (en realidade unha concentración desproporcionada de indixenismos), e nun contexto moito máis rural que o cabe esperar noutras partes do imperio, polo tanto a dicotomía entre romano e indixena sensu stricto aquí servenos de ben pouco se por exemplo temos que efectivamente un indice de romanización, como a epigrafía, se utiliza para expresar unha realidade indixena, o nome dun deus. Tanto o mesmo se pode decir co que ocorre na Galia coa iconografía que de cote utiliza formas clásicas para expresar categorías relixiosas que non o son. Ao final, o paso do indixena ao romano non o é tanto tal paso como unha readaptación, con cambios evolución e reinterpretación de elementos antigos e novos nun novo contexto e circurstancias (algo que no fordo recordache moito a actual globalización nalgunhas cousas). No fondo a idea de poñer o indixena por un lado e o romano por outro neste punto non ten moito sentido e confunde máis que aclara da complexidade real do asunto, unha complexidade que con todo debe ser explicada e o pode ser. A fin de contas dividirlo todo entre unha cousa e outra e unha solución facil, embora demasiado sinxela, pero comoda, porque debuxa unha evolución non problemática do "primitivo" > "civilizado" que non obsta para que boa parte da realidade histórica e arqueolóxia sexa obviada a mantenta ou por preguiza metodolóxica, ou cecais porque non lles encaixa no que debera ser, ou lles gustaría que fose esa "asimilación"


      En resume todos estes autores teñen, siguen tendo unha visión moi tópica, e en moitos puntos -no esencial- decimonónica do que é a "Romanización", e moi alonxada das novas tendencías sobre este periodo histórico, en realidade non tan novas porque xa teñen duas decadas de vida e unha chea de congresos TRAC (Teorical Roman Archaeological Congress) a costas. Pero como soe dicir a cultura popular, aiche algúns polo que o tempo non pasa, e seica os congresos tampouco.


      Por certo hai uns anos apareceulle unha segunda muralla debaixo da muralla actual ao que parece dunha fase prerromana que ate o de agora simplemente non existía, porque non se encontrara, ou simplemente porque non se buscara. Polo que existe a posibilidade que o "tipico castro" de epoca romana sea resultado da evolución da importancia que tiver un asentamento anterior, algo que a min me encaixa ben con algunhos outros asentamentos romans (villae e vicus) que se superpoñen -derriba ou a beira mesmo, cortando ainda estructuras do castro -foxos e muros- do vello castro, algo que tamen pasa nas illas británicas donde hai villae que se superpoñen a hillforts mesmo mantendo nalgun caso adosada algún casa circular "castrexa" ao edificio romano. Da que pensar, non.

      Ben perdón polo "espiche" foiseme un pouco un pouco o tema, son os efectos secundarios da Segunda Idade do Ferro dos Estudos Célticos a que este señores nos tiveron acostumados nas ultimas decadas, menos mal que como diría o noso imno Nacional, ao fin poñanse como se poñan e de novo, asi parece, "os tempos son chegados"

      Un Saudo Mourelo

      ResponderExcluir

    Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.