O vindeiro sábado 16 continúa o Ciclo de Historia de Galiza que organiza a asociación MariñaPatrimonio. A saída para a xornada está prevista para as 11 da mañá dende o Museo do Mar de San Cibrao.
A época medieval centrará o contido desta xornada, que vai a servir para que coñecer un ben patrimonial que permaneceu oculto para a maioría da poboación mariñá a pesares do seu indubidable interese. Trátase dunha fortaleza situada na parroquia de Sto. Tomé de Lourenzá, os seus actuais propietarios, empeñados na súa posta en valor, acompañarán aos visitantes polas instalacións.
A continuación, aproveitando o paso pola vila, visitarase o Museo de Arte Sacro do Mosteiro de Vilanova de Lourenzá.
Xa pola tarde ás 18:30 horas, de volta no Museo do Mar, asistirase a unha conferencia a cargo de Anselmo López Carreira, Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, que leva investigado en profundidade a Baixa Idade Media. Leva publicados entre outros: A Revolución Irmandiña, A cidade medieval galega e O Reino de Galiza. Tamén participou nos manuais Historia de Galicia e Historia Xeral de Galicia.
@s interesad@s en participar nesta actividade teñen os seguintes contactos á súa disposición para confirmar a asistencia:
616815120/690650542
mr.patrimonio@gmail.com

Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.